APUNTAMENTOS

EXERCICIOS DE INTRODUCIÓN

1. Visualiza o vídeo e responde ás preguntas:

El Imperio Romano para niños - 5 cosas que deberías saber - Historia para niños - Roma (1080p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
SMILE & LEARN: O Imperio Romano para nenos. 5 cousas que deberías saber

2. Elabora a liña do tempo da antiga Roma no teu caderno:

3. Elabora un mapa de Europa no teu caderno e sinala os seguintes elementos xeográficos:


1. Como foi a fundación de Roma?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

FUNDACIÓN | ORIXE DE ROMA

A cidade de Roma situábase ao redor das sete colinas que hai ás beiras do río Tíber, no centro da Península Itálica, unha zona onde estaban asentados diversos pobos (latinos, etruscos, sabinos, etc.). Pola súa posición estratéxica nunha encrucillada de camiños á beira dun río e preto do mar, esta zona converteuse nun lugar de importantes intercambios comerciais. 

AS LENDAS SOBRE A ORIXE DE ROMA

Co paso do tempo, os romanos quixeron darlle unha orixe mítica á súa cidade. Así, o escritor Virxilio escribiu unha obra, a Eneida, que contaba que a cidade de Roma fora fundada por Rómulo e Remo, dous irmáns xemelgos descendentes de Eneas, un príncipe troiano que escapara tras a Guerra de Troia. Os nenos foran abandonados e criados por unha loba. Tras fundar a cidade, Rómulo convertiuse no seu primeiro rei. 

VICENS VIVES: A Península Itálica cara o século VIII a.C.
A Loba Capitolina
LA HISTORIA DE ROMA_ LA LEYENDA DE RÓMULO Y REMO _ INFONIMADOS (1080p_30fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Infonimandos: A historia de Roma. A lenda de Rómulo e Remo

FUNDACIÓN | MONARQUÍA

Dende a fundación de Roma, o goberno da cidade recaía nun rei que tiña os maiores poderes (administraba xustiza, dirixía o exército e era o sumo sacerdote). O rei estaba asistido polo senado, unha asemblea de aristócratas. 

Durante este período, os romanos ampliaron os seus territorios ata o mar o que favoreceu o comercio con outros territorios e pobos da zona. Isto permitiu o crecemento da poboación romana. 

Non obstante, no ano 509 a.C. desconformes coa política dos reis, as familias aristocráticas, co apoio do pobo, expulsaron ao último rei, Tarquinio o Soberbio.

Os reis de Roma

2. Como funcionaba a República?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

REPÚBLICA | POLÍTICA

O sistema político da República* foi deseñado coidadosamente para evitar que ningún home tivera un poder excesivo. Había dúas institucións fundamentais:

Candidato Lucio Voreno (480p_29fps_H264-128kbit_AAC).mp4
ROMA (Serie TV): Lucio Voreno preséntase ás eleccións por Xulio César.

REPÚBLICA | SOCIEDADE

A pirámide da sociedade romana agrupaba ás persoas pola súa riqueza nos seguintes grupos: 

1. Visualiza o vídeo e elabora a pirámide social da época da República romana.

Cómo era la sociedad romana (320p_25fps_H264-96kbit_AAC).mp4
Practicopedia: Como era a sociedade romana?

CONFLITOS SOCIAIS

A estrita división social romana fixo que, durante a República houbera moitos conflitos xa que a diferencia entre patricios e plebeos era enorme. Só os patricios formaban parte do Senado, só eran eles os que propoñían aos maxistrados, facían as leis e xulgaban os delitos. Os plebeos, pola contra, tiñan que pagar impostos, debían participar nas guerras pero non podían participar do botín que consistía no reparto das riquezas e das terras conquistadas. Ademais, debido ás continuas guerras, era obrigatorio ir ao exército e cada soldado debía pagar o seu equipamento. Todo isto dificultaba o traballo no campo dos plebeos e favorecía o seu empobrecemento e endeudamento. Así, acababan por ceder as súas terras aos patricios ou sendo escravos.

Para resolver estes problemas creouse a figura do tribuno da plebe, un cargo para a defensa dos intereses dos plebeos (reparto das terras e supresión da escravitude por débedas) e creouse a Lei das Doce Táboas que estaba escrita porque os xuices aplicaban de forma distinta as leis aos patricios e aos plebeos.

ROMA (Serie TV): Senado romano.
Casto Plasencia: Orixe da República Romana (1877) Museo do Prado

3. Cal foi a importancia do exército romano?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

EXÉRCITO | CONQUISTAS

Pouco despois de instaurar a República, Roma decidiu estenderse cara o resto da Península Itálica e as costas do Mar Mediterráneo

GUERRAS PÚNICAS 

O principal rival de Roma polo control do comercio no Mediterráneo foi Cartago, a gran potencia da época. O enfrontamento entre Roma e Cartago deu lugar a unha serie de loitas que duraron máis de cen anos, as Guerras Púnicas. A estratexia contra os cartaxineses levou aos romanos a conquistar a Península Ibérica no ano 218 a.C.

Kairos: Mapa das conquistas republicanas
LAS GUERRAS PÚNICAS _ INFONIMADOS (LA HISTORIA DE ROMA) (1080p_30fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Infonimados: As Guerras Púnicas

SECCIÓN BILINGÜE

Roman Empire - The Punic Wars (History) - Binogi.com (1080p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Binogi: Roman Empire - The Punic Wars
Why couldn't Carthage defeat Rome_ - The History of The Punic Wars - All Parts (264 BC -146 BC) (480p_30fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Knowledgia: Why couldn't Carthage defeat Rome? - The History of The Punic Wars

EXÉRCITO | REFORMAS MILITARES

Roma non tería logrado esta expansión sen o seu exército. En principio os seus membros non eran profesionais, senón cidadáns que tiñan que pagar o seu propio equipo e deixar as súas terras desatendidas. Por esta razón, o exército romano non era moi estable

A finais do século II a.C. realizáronse unhas reformas entre as que destacan as seguintes:

Todo isto permitiu a profesionalización do exército, mellorou a condición física e a disciplina das lexións romanas. Así, o exército romano foi o mellor sen parangón no mundo antigo. 

GUERRAS CIVILES

As reformas tiveron efectos inmediatos no campo de batalla pero tamén tiveron consecuencias a longo prazo. Agora os xenerais pasan a ter moito poder. De feito, os soldados van ser máis leais ao seu xeneral que á propia República. Por iso, as Guerras Civiles entre xenerais poderosos serán a causa da caída da República.

As mulas de Mario cargando con todo o equipamento militar

TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO

Xulio César é un dos personaxes históricos máis coñecidos polas súas brillantes campañas militares na Galia e, sobre todo polo seu romance con Cleopatra, raiña de Exipto. Non obstante, César tamén era un estratega e un político brillante o que lle permitiu engrandecer o seu poder e vencer aos seus inimigos políticos tras unha guerra civil. Sen oposición, César conseguiu o poder absoluto do Senado pero isto ía en contra dos principios da República polo que algúns senadores conspiraron para asasinalo nos Idus de marzo do ano 44 a.C.

Tras a súa morte os partidarios de César reparten as súas conquistas: Octavio queda con Roma e o lado europeo do mapa mentres que Marco Antonio queda coas provincias máis ricas (Asia e Exipto). Neste momento empeza outra guerra guerra civil que acaba coa derrota de Marco Antonio e Cleopatra.

Cleopatra en los cómics de Astérix y Obélix

SECCIÓN BILINGÜE

A day in the life of a Roman soldier - Robert Garland (1080p_24fps_H264-128kbit_AAC).mp4
TED-Ed: A day in the life of a Roman soldier

3. Como se organizaba o Imperio Romano?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

IMPERIO | POLÍTICA

O terceiro gran período da historia da Roma antiga comeza co ascenso ao poder de Octavio Augusto no ano 27 a.C. que vai acumulando todos os poderes na súa persoa. 

Un dos obxectivos de Octavio Augusto foi unificar o extenso territorio conquistado baixo unha forma de goberno común: o Imperio*. Neste sistema, aínda que seguen a existir as institucións antigas como o Senado, será o emperador o que tome as decisións máis importantes. A clave para poder manter este sistema volveu a ser o exército xa que Augusto se converterá no xefe máximo e vitalicio de todas as lexións polo que todas lle debían lealdade a el. 

PAX ROMANA

Durante os séculos I e II d.C., gracias a esta organización, deu comezo unha época de paz e prosperidade coñecida como Pax romana* que se caracteriza por: 

Todo isto conseguirá crear as condicións para favorecer a cohesión dos territorios e a mellora do comercio dentro do Imperio. 

IMPERIO | ECONOMÍA

COMERCIO

A riqueza de Roma dependía do comercio que tiña as seguintes características:

AGRICULTURA

A agricultura era valorada como unha actividade prestixiosa. Os patricios tiñan luxosas vilas no campo e explotaban grandes extensións de terreo chamadas latifundios onde producían diversos (froitas e verduras) que eran transportados aos mercados diariamente para a súa venta. Tamén había agricultores que tiñan pequenos terreos ou que arrendaban terras aos patricios a cambio do pago en diñeiro ou en especie.

Toda este sistema económico mantíñase grazas a unha forma de produción escravista na que os propietarios das terras empregaban man de obra escrava para traballalas. Os escravos, aínda que teñen unha rentabilidade relativamente baixa (traballan pouco e hai que alimentalos), eran moi baratos e numerosos gracias ás conquistas de novos territorios.