APUNTAMENTOS

EXERCICIOS DE INTRODUCIÓN

1. Visualiza o vídeo e responde ás preguntas:

La antigua Grecia 101 _ National Geographic en Español (720p_25fps_H264-192kbit_AAC).mp4

2. Elabora a liña do tempo da Grecia Antiga no teu caderno:

2. Elabora un mapa de Europa no teu caderno e sinala a orixe da civilización grega:

1. Como vivían na Antiga Grecia?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

CARACTERÍSTICAS | ESPAZO XEOGRÁFICO

O territorio dos gregos chamábase Hélade*. O núcleo principal estaba situado á beira do Mar Mediterráneo na Península Balcánica pero tamén ocupaba territorios en Asia Menor e moitas illas do Mar Exeo e do Mar Xónico

O clima de Grecia, propio da costa mediterránea, é temperado con choivas escasas, ventos suaves e veráns calorosos. O relevo está formado por montañas polo que a poboación concentrábase no litoral, nos vales interiores e, sobre todo nas illas. A comunicación por terra entre as diferentes zonas era moi complicada polo que o principal medio de transporte era o barco.

video_Grecia_marco geografico.mp4
ArteHistoria: Grecia. Marco xeográfico 

CARACTERÍSTICAS | ECONOMÍA

Debido a estas características xeográficas, a agricultura era escasa e pouco produtiva pero estaba especializada na tríada mediterránea (cereais, vide e oliveira), produtos de secaño, das que se obtiñan viño e aceite que tiñan gran valor comercial. 

Pola contra, os gregos eran grandes artesáns e estaban especializados no traballo do metal, a madeira ou a arxila cos que fabricaban produtos de alto valor engadido (xoias, cerámica, etc.). Eses produtos eran moi apreciados e facilitaron o desenvolvemento do comercio marítimo polo Mediterráneo. Para facilitar os intercambios comerciais os gregos usaban a moeda.

No século VIII a.C., gracias a mellora da economía polo comercio, a poboación grega empeza a crecer por riba dos recursos da terra. Deste xeito, empeza a súa expansión colonial. Non se trataba de aumentar os seus territorios senón de buscar zonas fértiles e con materias primas coas que poder comerciar. Así, os gregos empezaron a fundar colonias* ou cidades comerciais nas costas do Mediterráneo especialmente no sur de Italia e Sicilia (Magna Grecia), no sur de Francia e a costa brava da Península Ibérica. Estas cidades favoreceron, aínda máis, o desenvolvemento da artesanía e do comercio.

2. Que eran as polis gregas?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

AS POLIS | ORGANIZACIÓN

Debido ás dificultades do relevo, a civilización grega non formaba unha unidade política senón que estaba organizado en polis*, cidades-estado que eran independentes as unhas das outras. Así, cada cidade tiña a súa forma de goberno, a súa moeda e o seu exército.

Todas as polis tiñan unha estrutura semellante: a parta alta ou acrópole* era un espazo amurallado onde estaban os principais edificios relixiosos mentres que, na parte baixa, as vivendas se organizaban por barrios en torno á ágora* (praza onde se situaban os principais edificios públicos).

Non obstante, a pesar das súas diferencias, os habitantes de todas as cidades gregas sentíanse parte da Hélade* xa que tiñan características culturais en común: a lingua e a relixión. Estas dúas características os diferenciaba fronte ao resto de persoas, os bárbaros.

AS POLIS | SISTEMAS POLÍTICOS

video_sociedad espartana.mp4
Practicopedia: Como era a sociedade espartana?

Os sistemas de goberno das polis foron variando aínda que, ao principio, destacou a monarquía*, na que a máxima autoridade está exercida polo rei. Non obstante, a antiga Grecia destaca polas formas de goberno que se deron en Esparta e en Atenas.

ESPARTA

A polis de Esparta, na península do Peloponeso, estivo rexida por unha monarquía controlada por un grupo reducido de familiar ricas e poderosas, a oligarquía. Esta forma de goberno chamábase aristocracia* (do grego aristou que quere dicir os mellores e cracia, goberno). Os cidadáns tamén formaban parte dunha asemblea para elixir aos seus representantes políticos pero existía unha segunda asemblea, formada só pola oligarquía, que controlaba todo o sistema xa que podía opoñerse ás decisións dos representantes populares e elixía aos reis.

ATENAS

A polis de Atenas tivo un papel fundamental nas Guerras Médicas xa que, para facer fronte aos persas, empregaron a formación hoplítica, un grupo de soldados a pe, ben adestrados e armados que avanzaban unidos. Para iso era preciso moita xente e, xa que participaban na defensa da cidade, empezaron a reclamar maior participación no goberno. Así, no século V a.C., baixo o goberno de Pericles perfeccionouse a democracia* (do grego demos que quere dicir pobo e cracia, goberno). Neste sistema político o poder recae en todos os cidadáns que se reunían en asembleas para facer propostas e elexir aos cargos públicos.

A DEMOCRACIA ATENIENSE

En Atenas todos os cidadáns tiñan igualdade de palabra polo que calquera persoa con esa condición podía intervir nas asembleas para votar e defender as súas propostas ou ser elixido para exercer un cargo político. Daba igual a súa categoría social ou o seu nivel de riqueza. De feito, Pericles estableceu o pago dun pequeno soldo aos cargos políticos que permitía que os cidadáns máis humildes puidesen exercer os seus dereitos políticos, o que non poderían facer se perdían por completo o salario dun día de traballo.

Non obstante, a democracia ateniense non era igualitaria xa que só eran cidadáns os homes maiores de idade, fillos de pai e nai atenienses. Dese xeito, quedaban excluídas as mulleres, os estranxeiros e os escravos.

2. Quen foi Alexandre Magno?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

ALEXANDRE MAGNO | CAÍDA DAS POLIS

Vicens Vives: Mapa das conquistas de Alexandre Magno
Mosaico da Batalla de Issos: Retrato de Alexandre Magno

A rivalidade entre Atenas e Esparta levou ás Guerras do Peloponeso que supuxeron o final da época de esplendor das polis gregas. 

FORMACIÓN DO IMPERIO 

Aproveitando a decadencia das polis, o rei Filipo II de Macedonia conquistou toda Grecia e o seu fillo, Alexandre Magno, estableceu a MONARQUÍA* como forma de goberno para toda a Hélade rematando coa independencia das polis. Así todo o poder político concentrábase nas súas mans gracias ao apoio e á forza do seu exército. Alexandre conquistou numerosos territorios en Asia Menor, Exipto e Persia co obxectivo de formar un único imperio. Para unificar todos estes territorios empregou a cultura grega. Por iso, fundou numerosas cidades (Alexandría) e impuxo o grego como lingua principal. A mestura da cultura grega coas achegas orientais coñécese como helenismo. Ao morrer Alexandre, os seus xenerais loitaron entre si por controlar o imperio pero finalmente, os territorios foron divididos en diferentes reinos helenísticos

video_Alejandro Magno.mp4
Resumo da vida de Alexandre Magno
La HISTORIA de ALEJANDRO MAGNO - Draw My Life (1080p_24fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Draw my life: Alexandre Magno
Reconstrucción da cidade de Alexandría

SECCIÓN BILINGÜE

DOCUMENTAIS SOBRE A ANTIGA GRECIA

La Antigua Grecia en 15 minutos (720p_25fps_H264-192kbit_AAC).mp4
AcademiaPlay: La antigua Grecia en 15 minutos
La construcción de un imperio. Grecia.mp4
La construcción de un imperio. Grecia