APUNTAMENTOS

ÍNDICE

2. Que é a rede xeográfica da Terra?

INTRODUCIÓN

Os contidos da introdución NON son avaliables.Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

INTRODUCIÓN | O PLANETA TERRA

A Terra é un planeta de forma case esférica xa que está un pouco achatada polos seus extremos norte e sur. Estes extremos son o que se coñecen como polos (polo norte e polo sur).

Ten unha superficie total de uns 510 millóns de km2 dos que só un 30% son terra emerxida (continentes e illas) mentres que o 70% restante está formado por auga (océanos, mares, lagos e ríos). Por esa razón, visto dende o espacio o noso planeta ten unha característica cor azul que lle deu o nome de Planeta Azul.  

A Terra é o único planeta coñecido ata hoxe no que existe vida. As condicións que fan posible a vida son: 

A zona da Terra onde se desenvolve a vida se chama biosfera*.

ACTIVIDADE DE AMPLIACIÓN | NON OBRIGATORIA

A entrega das actividades de ampliación remata un mes antes da data de avaliación.

A TERRA É ESFÉRICA OU NON?

Esta actividade de ampliación consiste en desmontar as falsas teorías que circulan en internet sobre a planitude da Terra mediante diferentes argumentos. O Terraplanismo​ é o nome da crenza de que a superficie da Terra é plana e non esférica.​ Trátase dun concepto arcaico, refutado xa na Antigüidade, pero que reviviu no século XIX cando se propuxo a idea de que a Terra era unha superficie plana centrada no Polo Norte e que toda a ciencia e a astronomía estaban equivocadas.

Para realizar a actividade debes consultar a información que aparece nos diferentes textos e vídeos desta sección e explicar o mellor que podas catro argumentos que demostren que a Terra é esférica. A actividade presentarase nun folio A4 doblado á metade cunha portada na primeira cariña. Introduce cada un dos argumentos cun título chamativo en galego e tradúceo ao inglés.

Imaxe hipotética da Terra segundo as explicacións terraplanistas
Un Mundo Inmenso: Las pruebas más simples para comprobar que forma tiene la Tierra

Os antigos gregos xa sabían que a Terra era esférica!

"En el siglo III a.C., Eratóstenes de Cirene observó que en Siena (la actual Asuán), al sur de Egipto, a mediodía del 21 de junio (el solsticio de verano) los rayos del Sol llegaban al fondo de los pozos y no proyectaban sombra. Es decir, en aquel lugar y hora, los rayos solares incidían perpendicularmente sobre la superficie, lo que significaba que esa ciudad se localizaba en el trópico.

Por otra parte, entonces se creía que la distancia entre Siena y Alejandría era de 5.000 estadios, y que ambas ciudades se situaban sobre el mismo meridiano.

Eratóstenes midió la inclinación con que caían los rayos solares en Alejandría a mediodía del 21 de junio. El método usado fue simple: el Sol, al proyectar la sombra de un palo sobre una superficie horizontal, define un triángulo rectángulo, con un lado constituido por el palo y otro por la línea de sombra; la posición del Sol con respecto al horizonte corresponde al ángulo formado por la línea de sombra y la hipotenusa del triángulo.

De esta forma, Eratóstenes obtuvo un valor de 7° 2’. Esta cantidad es la cincuentava parte de la circunferencia terrestre (50 × 7° 2’ = 360°). Por tanto, esta había de medir, a su juicio, cincuenta veces la distancia entre las dos ciudades, o sea, unos 250.000 estadios, en torno a 45.000 km, un valor aproximado al real (unos 40.000 km)."

Santillana
Puedo Convencerte de que la Tierra es Plana (1080p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
QuantumFracture: Puedo Convencerte de que la Tierra es Plana
5 Argumentos Terraplanistas Desmontados (1080p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
QuantumFracture: 5 Argumentos Terraplanistas Desmontados
Tierra Plana vs Tierra Esférica _ La Batalla Definitiva (1080p_24fps_H264-128kbit_AAC).mp4
QuantumFracture: Tierra plana vs. Tierra esférica: La batalla definitiva

INTRODUCIÓN | O SISTEMA SOLAR

A Terra se atopa entre un conxunto de astros (estrelas, planetas, satélites, etc.) que están relacionados entre si e que chamamos Sistema Solar

O noso Sistema Solar está formado polos seguintes astros:

Esquema do Sistema Solar
Nullius in verba: Un punto azul pálido (discurso de Carl Sagan)
Esta fotografía bautizada como “La canica azul" corresponde a la primera vista completa de la Tierra y fue tomada el 7 de diciembre de 1972 por la tripulación del Apolo 17.

Plutón, sí ou non?

En agosto de 2006, a Unión Astronómica Internacional aprobou unha nova definición de planeta na que se establecía que para ser un planeta, un astro debe orbitar en torno a unha estrela, ter unha masa o suficientemente grande como para ter forma esférica e dominar a súa órbita. 

Segundo esta definición, nin Plutón nin outros corpos celestes, como Eris ou Ceres, poden ser considerados planetas polo que o Sistema Solar pasou a ter oito planetas.

INTRODUCIÓN | O UNIVERSO

Entonces, que hai fora do noso Sistema Solar? O noso Sistema Solar se sitúa nunha galaxia á que chamamos Vía Láctea. Se trata dun conxunto de millóns de estrelas que se dispoñen formando unha enorme espiral aplanada que xira ao redor do seu centro coma se fora un remuiño. O Sol se atopa nun dos brazos da espiral, cerca do borde.

Vista dende a Terra, a Vía Láctea parece unha banda luminosa de estrelas que vai de norte a sur. De feito, os peregrinos que viaxaban a España para visitar a tumba do apóstolo baixaban cara o sur seguindo a Vía Láctea ata os Pirineos. Por esa razón a Vía Láctea tamén se coñece co nome de "Camiño de Santiago".

E fóra da nosa galaxia, que hai? A nosa é só unha entre os miles de millóns de galaxias que integran o universo coñecido. Ademáis de galaxias, estrelas e planetas, o universo tamén está composto por nebulosas e materia escura.

Vista da Vía Láctea dende a Terra

Reconstrucción da Vía Láctea

SECCIÓN BILINGÜE

NASA: Space Shorts: What Is a Dwarf Planet?

2. Que é a rede xeográfica da Terra?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

REDE XEOGRÁFICA | AS LIÑAS IMAXINARIAS

Para facilitar a localización sobre a superficie terrestre, os científicos dividiron o globo terráqueo mediante unha serie de liñas imaxinarias.

OS PARALELOS

Os paralelos son unha sucesión de círculos horizontales e paralelos que siguen unha dirección este-oeste e que van reducindo o seu tamaño a medida que se achegan aos polos. O principal é o paralelo 0º que coincide coa liña do Ecuador que divide a Terra en dúas metades iguais, os hemisferios. Outros paralelos importantes son o Trópico de Cáncer, o Trópico de Capricornio, o Círculo Polar Ártico e o Círculo Polar Antártico.

Por que hai tantas liñas?

Existen outros paralelos importantes como os trópicos e os círculos polares pero, para que serven?

TRÓPICOS

Son dous paralelos do planeta que delimitan os puntos máis afastados do Ecuador nos que o Sol chega a brillar en perpendicular (cénit), algo que só ocorre no solsticio de verán. 

O Trópico de Cáncer sitúase no hemisferio norte a 23º 26′ 14″ do Ecuador mentres que o Trópico de Capricornio sitúase no hemisferio sur a 23º 26′ 14″ do Ecuador. 

CÍRCULOS POLARES

 Son dous paralelos do planeta que delimitan as zonas onde hai polo menos un día do ano en que o Sol está sobre o horizonte durante 24 horas seguidas (sol de medianoite). 

O Círculo Polar Ártico sitúase no hemisferio norte a 66º 33' 44" do Ecuador mentres que o Círculo Polar Antártico sitúase no hemisferio sur a 66º 33' 44" do Ecuador.

Todas estas liñas forman unha rede de coordenadas que permiten situar un punto en calquera lugar da superficie terrestre.

¿Qué esconden los paralelos y meridianos_ (1080p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Un mundo inmenso: ¿Que esconden los paralelos y los meridianos?
Arctic Midnight Sun.mp4
Timelapse do sol de medianoite

OS MERIDIANOS


Cómo diferenciar entre paralelos y meridianos.mp4
Practicoteca: ¿Como diferenciar entre paralelos y meridianos?
Explicación de Paralelos y Meridianos _ Educatina (1080p_24fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Educatina: Explicación de paralelos y meridianos

SECCIÓN BILINGÜE

Sameer Goyal: What are Parallels and Meridians?
Earth's Tilt 2- Land of the Midnight Sun.mp4
MITK12Videos: Earth's Tilt 2: Land of the Midnight Sun

3. Como se localiza un punto na Terra?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

COORDENADAS XEOGRÁFICAS | LATITUDE E LONXITUDE

Os meridianos e os paralelos forman sobre a superficie terrestre unha cuadrícula de liñas imaxinarias que conforman unha rede xeográfica e nos serve como sistema de coordenadas xa que permite a localización de calquera accidente xeográfico, obxecto ou persoa na superficie da Terra.

Para localizar calquera punto sobre a superficie terrestre, bastará determinar que paralelo e que meridiano cruzan sobre ese punto. Para iso, empregamos as coordenadas xeográficas que son a latitude e a lonxitude:

LATITUDE

A latitude* é a distancia angular que existe entre a liña do Ecuador e calquera punto da superficie terrestre. 

Mídese en grados, entre os 0º (Ecuador) e os 90º (polos) e pode ser norte ou sur segundo o hemisferio onde se atope o punto que queremos localizar.

LONXITUDE

A lonxitude* é a distancia angular que existe entre calquera punto da supercie terrestre e o meridiano de Greenwich. 

Mídese en grados, entre os 0º (meridiano de Greenwich) e 180º e pode ser leste ou oeste segundo o punto se localice a un lado u outro do meridiano 0º.

A Terra non é plana polo que tanto a latitude como a lonxitude expresan distancias angulares porque e, por iso, úsanse os graos como unidade de medida.

ORIENTACIÓN BÁSICA

Outra forma de orientarse é gracias ao movemento do sol xa que sempre sae polo leste e se pon polo oeste. Así, temos os puntos cardinais (leste, oeste, norte e sur) definidos. Pola noite podemos orientarnos empregando como referencia a Estrela Polar que sinala o norte.

http://online.seterra.net/en/vgp/3124

Traballa con Coordenadas Xeográficas:

Para localizar un punto sobre a superficie terrestre, hai que seguir estes pasos:

Analiza a Información:

Indica a latitude e lonxitude dos seguintes puntos marcados no mapa da dereita:

Cómo encontrar un punto mediante coordenadas.mp4
Practicopedia: ¿Cómo buscar un punto mediante coordenadas?
🌍 LATITUD y LONGITUD (1080p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Clases particulares en Ávila: Latitud y longitud

4. Por que importan os movementos da Terra?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

MOVEMENTOS TERRESTRES | ROTACIÓN e TRANSLACIÓN

Ao igual que o resto dos astros, a Terra non está estática senón que se move polo espazo de súas formas fundamentais: rotación e translación.

MOVEMENTO DE ROTACIÓN

O movemento de rotación é o xiro que efectúa a Terra sobre si mesma cunha duración de 24 horas. Se realiza en dirección leste, en sentido contrario ás agullas dun reloxo. Este movemento tarda en completarse un día (24h). Bueno, en realidade, un día solar dura algo menos de 24 horas, concretamente 23 horas, 56 minutos e 4,091 segundos.

Por qué é importante o movemento de rotación? 

A rotación da Terra ten tres consecuencias:

Como se fai para calcular a hora dun lugar? 

mase como referencia o fuso que pasa polo meridiano de Greenwich, una localidad cercana a Londres (Reino Unido). A partir de ahí, o reloxo se adianta unha hora por cada fuso cara o este e se atrasa unha hora por cada fuso cara o oeste.

MOVEMENTO DE TRANSLACIÓN

Mentres xira sobre si mesma, a Terra tamén se despraza arredor do Sol describindo unha forma elíptica (órbita). Este movemento de translación tarda en completarse algo máis dun ano: 365 días, 6 horas y 9 minutos. 

As consecuencias da translación da Terra son as seguintes: 

O verán e o inverno comezan nos solsticios, momentos no que os raios solares caen perpendicularmente nos trópicos. A primavera e o outono empezan nos equinoccios, cando os raios solares caen perpendiculares no Ecuador. 

As estacións son opostas en ambos hemisferios polo que cando comeza o verán no hemisferio norte, comeza o inverno no hemisferio sur e viceversa.

- Zona cálida: Situada entre os trópicos (zona intertropical), esta zona é a que máis radiación solar recibe polo que as temperaturas son cálidas todo o ano e case non hai variación nas estacións.

- Zonas temperadas: Situadas en ambos hemisferios entre os trópicos e os círculos polares, nesta zona a radiación solar varía polo que se diferencias catro estacións.

- Zonas frías: Localizadas entre os círculos polares e os polos, estas zonas reciben escasa radiación solar polo que as temperaturas son sempre frías.

Rotación y Traslación.mp4
Santillana: Rotación e translación
Zonas climáticas de la Tierra (interactivo)

SECCIÓN BILINGÜE

Earth's Rotation & Revolution_ Crash Course Kids 8.1 (1080p_24fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Crash Course Kids: Earth's rotation & revolution
Seasons and the Sun_ Crash Course Kids 11.1 (1080p_24fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Crash Course Kids: Seasons and the Sun
CCSS1 - Las estaciones.mp4

5. Como se representa a Terra?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

CARTOGRAFÍA | MAPAS

Para poder estudar a Terra precisamos observar detidamente a súa superficie e para iso se usan os mapas. Un mapa* é unha imaxe ou representación plana da Terra que nos permiten localizar calquera punto, mostrar os elementos do espacio xeográfico (relevo, augas, etc.) ou transmitir outra información (mapas temáticos).

Os mapas para ser útiles teñen as seguintes características:

CARTOGRAFÍA | PROXECCIÓNS CARTOGRÁFICAS 

A mellor forma de representar a Terra é o globo terráqueo, que mostra sen distorsións as distancias, as formas e o tamaño dos continentes. Pero un globo terráqueo non se transporta con facilidade e non permite observar á vez toda a superficie terrestre. Por iso, a forma máis habitual de representar a Terra é mediante o mapa.

Como facemos para pasar unha esfera a un plano? Se a Terra fora un cubo, para facer un mapa so teríamos que desmontalo:

PROXECCIÓNS CARTOGRÁFICAS

A forma esférica da Terra supón un problema á hora de facer mapas polo que os cartógrafos idearon as proxeccións cartográficas. Estes sistemas de representación permiten debuxar a superficie terrestre nun plano aínda que de forma imperfecta xa que se producen distorsións na distancia, proporción e tamaño dos continentes.

A forma esférica da Terra supón un problema á hora de facer mapas polo que os cartógrafos idearon as proxeccións cartográficas. Trátase de sistemas de representación permiten debuxar a superficie terrestre nun plano aínda que de forma imperfecta xa que se producen distorsións na distancia, proporción e tamaño dos continentes.

Proxección cónica

Conséguese ao proxectar a circunferencia da Terra sobre un papel colorado como un cono tanxente aos Trópicos polo que se usa para representar latitudes medias.

Proxección plana

Conséguese ao proxectar a circuferencia da terra sobre un papel plano  tanxente a calquera punto da superficie terrestre polo que o resultado é circular.

Proxección cilíndrica

Consiste en proxectar a Terra sobre un papel posto como un cilindro tanxente ao Ecuador. Os mapas resultantes teñen forma rectangular e neles os meridianos e paralelos se cortan de forma perpendicular. Neste tipo de mapas, a zona intertropical está ben representada pero as zonas próximas aos polos presentan distorsións.

A Proxección de Mercator 

A proxección cilíndrica mais famosa é a de Mercator na que todos os espacios entre paralelos e meridianos teñen a mesma superficie. Isto supón unha enorme distorsión nas zonas polares.

Clica no seguinte enlace para comprobar o verdadeiro tamaño dos diferentes países:

SECCIÓN BILINGÜE

The biggest mistakes in mapmaking history - Kayla Wolf (1080p_24fps_H264-128kbit_AAC).mp4
TED Ed: The biggest mistakes in mapmaking history
The Cartographer's Dilemma (360p_30fps_H264-128kbit_AAC).mp4
National Geographic: The cartographer's dilemma
The imposible map.mp4
The impossible map
Why all world maps are wrong (1080p_24fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Why all maps are wrong