Actividades
Actividade 1
Compara estes dous climogramas
Saberías dicir de que zona climática son?
Saberías dicir a que variedade de clima pertencen?
Saberías a que cidade corresponden?
Actividade 2
Elabora e analiza un climograma a man ou a ordenador:
A partir dos datos da táboa tedes que facer as seguintes tarefas:
Elaborar o climograma (como fago os climogramas no ordenador?)
Facer unha redacción para analizar os datos do climograma (como analizar un climograma?)
Lembrade responder a todas estas preguntas:
Introducción: "O climograma que imos a comentar..."
Temperaturas:
En xeral, como son as temperaturas medias?
Cales son e cando se dan as temperaturas máximas e as mínimas?
Como é a oscilación térmica e que nos indica?
Precipitacións:
En xeral, como son as precipitacións?
Cales son e cando se dan as precipitacións máximas e as mínimas?
Hai sequía? Cando?
Conclusión:
A que zona climática (cálida, temperada, fría) corresponde este climograma?
A que variedade de clima corresponde este climograma?