Rise of Empire

A Historytelling game

Cales son as diferentes fases do xogo?

FASE 1 | CAZADORES - COLLEITEIROS

E como pasamos de fase? Fácil...

450 xemas

900 xemas

1370 xemas

1870 xemas

2400 xemas

600 extra

OLLO! A emperatriz ou o emperador deben asegurarse os apoios precisos para manterse no poder. Para iso debe conseguir 600 xemas extra antes que ningún outro aspirante ao trono.

OLLO! Para poder pasar de fase os xogadores que teñan as xemas suficientes precisan a axuda do resto da clase ou do seu grupo:
O resto da clase ou do grupo ten que conseguir todas as insignias dese nivel

Como se conseguen as xemas?

1. EXERCICIOS | ata 2100 xemas

+ 100 xemas

+ 300 xemas

Pero se as tarefas veñen
a medias ou sen facer...

- 100 xemas

-300 xemas

OLLO! Cando as tarefas veñen sen facer pasas a ser un escravo.
Os escravos poden conseguir xemas con novos exercicios pero non poden pasar de fase ata que non entregue a tarefa ou unha definición. 

Se as tarefas están impecables e moi ben presentadas...

Cando as tarefas veñen moi ben presentadas, pasas a ser un artista e  consegues unha insignia. 

2. APUNTES DE VÍDEOS | ata 500 xemas

ata 100 xemas  por cada vez que recollas apuntamentos dun dos vídeos que propoña a profe.  

2. INSIGNIAS | ata 400 xemas

+ 50 xemas e participación extra no sorteo

As insignias conséguense polo comportamento durante as clases: por atender ás explicacións sen falar polo baixo, por respectar o turno da palabra e por axudar a unha compañeira ou compañeiro do equipo.

A profe concederá unha insignia ao día, se é o caso, á alumna ou alumno que máis a mereza. 

Ademais, por responder correctamente preguntas de positivo, consegues unha insignia automáticamente. 

bifaz

lume

roda

vela

tear

cerámica

escritura

nora hidráulica

xeometría

medicina

democracia

astrolabio

arco

calzadas

formigón

sumidoiros

acuedutos

Que é iso dun sorteo bisemanal?

Cada dúas semanas, realizarase un sorteo entre todas as personas que fixeron as súas tarefas ou conseguiron algunha participación extra. 

O gañador poderá conseguir un dos seguintes premios:

-    Positivo por negativo

-    Positivo pola cara

-    Pista no exame