APUNTAMENTOS

EXERCICIOS DE INTRODUCIÓN

1. Visualiza o vídeo e responde ás preguntas:

La antigua Grecia 101 _ National Geographic en Español (720p_25fps_H264-192kbit_AAC).mp4

2. Elabora a liña do tempo da arte clásica no teu caderno:

2. Elabora un mapa de Europa no teu caderno e sinala os seguintes elementos:

1. Como era a cultura na Antiga Grecia?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

CULTURA | FILOSOFÍA

Ao contrario que nas civilizacións antigas, os gregos empezaron a pensar que as crenzas relixiosas non eran suficientes para explicar os fenómenos da natureza e, por iso, empezaron a utilizar os procesos de pensamento lóxico e a razón. As personas que se dedicaban a buscar este tipo de explicacións racionais se chamaron filósofos (amantes do coñecemento) entre os que destacan Sócrates, Platón ou Aristóteles. O uso do pensamento racional tamén fixo progresar o resto das ciencias (matemáticas, física, medicina, astronomía, etc.)

video_Grecia_marco geografico.mp4
ArteHistoria: Grecia. Marco xeográfico 

CULTURA | RELIXIÓN

Por estas razóns, a relixión na antiga Grecia perde importancia social e política con respecto ao papel que xogaba en Mesopotamia ou en Exipto. Non obstante, a súa influencia na arte e literatura foi enorme. 

Os gregos tiñan unha relixión politeísta na que os seus deuses eran antropomorfos, é dicir, a súa aparencia física e o seu comportamento eran semellantes aos humanos pero, a diferencia, eran inmortais e tiñan varios poderes sobrenaturais. Interviñan constantemente na vida dos gregos e, de feito, segundo as súas historias, os heroes (Aquiles, Heracles, etc.) eran fillos dun deus cun mortal. Algunhas destas historias míticas as recolleu Homero e as plasmou na Ilíada e na Odisea mesturadas con sucesos reais. Estas historias relixiosas chámanse mitos e o conxunto de todos os mitos é a mitoloxía.

Cada polis rendía culto a un deus local mediante sacrificios rituais, ofrendas, procesións ou xogos deportivos como a procesión das Panateneas en Atenas dedicada á deusa Atenea ou os xogos olímpicos celebrados en Olimpia en honor a Zeus. Nos xogos olímpicos participaban todas as polis gregas e o triunfo dun atleta era moi importante para a súa cidade natal.

1. Visualiza o vídeo e responde á seguinte pregunta:

2. Como era a arquitectura grega?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

ARQUITECTURA | TEMPLOS

As aportacións culturais gregas convertéronse, xunto coas romanas, na base da civilización occidental e o seu legado atópase moi presente entre nós. Os gregos nos deixaron un ideal de beleza baseado na harmonía e no equilibrio das proporcións que debían tomar ao home como medida de todas as cousas.

TEMPLOS GREGOS

A arquitectura grega caracterízase por ser alintelada xa que os edificios empregaban o lintel como elemento construtivo e usaban o mármore policromado como material principal. 

Os edificios máis importantes eran os templos que, ao igual que en Mesopotamia e Exipto, estaban pensados para que só entrasen os sacerdotes. Polo tanto, os arquitectos gregos estaban especialmente interesados no efecto visual que o edificio causaba dende fora.

Os templos gregos sempre estaban sobre un basamento, una plataforma formada por gradas. A súa planta era rectangular e estaba rodeado polo peristilo, un conxunto de columnas sobre o que se colocaba o entaboamento, un lintel ou peza horizontal decorada que suxeita o peso do teito. A cuberta era a dúas augas polo que baixo o tellado quedaba un frontón, espazo triangular decorado con esculturas.

ORDES ARQUITECTÓNICAS

Os gregos combinaban as partes do edificio segundo unhas regras fixas, dando lugar ás ordes arquitectónicas:

AcademiaPlay: Los órdenes clasicos (dórico, jónico y corintio)

3. Como era a escultura grega?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

ESCULTURA | ETAPAS

A escultura grega buscaba representar o corpo humano de forma naturalista. Co paso do tempo foron mellorando as proporcións, o movemento e a representación dos sentimentos.

ETAPAS

Podemos diferenciar a escultura en tres períodos, igual que a historia da Grecia antiga:

Kouros do Metropolitan
Kouros de Anavysos
Kore do peplo 
Dama de Auxerre

ÉPOCA ARCAICA
(s. VIII - VI a.C.)

As esculturas deste período atopáronse preto dos templos polo que supoñemos que son ofrendas aos deuses. Representan homes espidos ou mulleres vestidas nunha posición frontal, moi ríxidas (hieratismo) e teñen un sorriso extraño na boca (sorriso arcaico).

Mirón: Discóbolo
Policleto: Doríforo
Praxiteles: Venus de Cnido

ÉPOCA CLÁSICA
(s. V - IV a.C.)

Durante esta época empeza a busca da beleza ideal e, para iso, aplicaron ás figuras humanas un canon (regras de proporcións matemáticas). Ademais tamén hai unha maior preocupación polo naturalismo e o movemento para o que inventan o CONTRAPOSTO* (forma de representar o corpo humano cos brazos e as pernas nunha posición oposta). Algunhas das obras máis representativas deste momento son o Discóbolo de Mirón, o Doríforo de Policleto ou a Afrodita de Cnido de Praxiteles.

Policleto: Diadoumenos
Praxiteles: Sátiro
Praxiteles: Apolo Sauróctono
Scopas: Heracles
Escola de Pérgamo: Galo suicida
Escola de Rodas: Laocoonte e os seus fillos

ÉPOCA HELENÍSTICA
(s. III - I a.C.) 

Nesta época a escultura caracterízase por conseguir un realismo esaxerado, tanto no movemento das figuras como na expresividade do rostro (sentimentos). Exemplos deste período son a Venus de Milo ou o Laocoonte e os seus fillos.

Apolonio de Tralles: Toro Farnesio
Boeto de Calcedonia: Neno da oca
Anciá ebria

SECCIÓN BILINGÜE

DOCUMENTAIS SOBRE A ANTIGA GRECIA

La Antigua Grecia en 15 minutos (720p_25fps_H264-192kbit_AAC).mp4
AcademiaPlay: La antigua Grecia en 15 minutos
La construcción de un imperio. Grecia.mp4
La construcción de un imperio. Grecia