O xoves 25 de xaneiro estivemos visitando a nave da empresa de inclusión social ARROUPA.
Trinta e tres persoas traballando nesta empresa, 318 contedores de roupa repartidos por toda a diócese de Santiago de Compostela, catro camións para a recollida e transporte da roupa doada, unha loxística que permite a reciclaxe de toneladas de roupa todas as semanas,...
Foi fermoso ver o traballo desta empresa, que busca dar un segundo uso á roupa que nós non usamos (a industria téxtil é a segunda máis contaminante do planeta). Foi tamén estupendo ver como dá unha oportunidade laboral a persoas expulsadas do mercado laboral. E foi un toque de atención a todas as persoas que asistimos á visita ao constatar que consuminos moito máis do que necesitamos para vivir e moito máis do que o noso planeta, a Terra, pode soportar.
Xa se achega a viaxe a Bad Nenndorf, Alemaña, pero quedan xornadas do Club Erasmus das que vos iremos informando.
Grazas por seguirnos.