DERRADEIRO DÍA
Hoxe día de regreso. Collemos o tren en Hannover ás 4:30 e despois ducha parada no aeroporto de Fráncfort chegamos á A Coruña cansados pero cun sorriso e gañas de contar todo o vivido.
Non vos esquezades de seguirnos porque en breve teremos máis novidades.
DÍA 6 y 7
Xoves e venres foron días para os obradoiros. Nestes workshops ponse en común todo o aprendido durante as visitas dos tres primeiros días.
Traballamos en catro obradoiros diferentes: o primeiro deles sobre o futuro da democracia comparando diversos modelos por países, outro sobre a biodiversidade e a conservación das especies, un terceiro sobre a sustentabilidade medioambiental e social e o derradeiro sobre as diversidades en xeral. Fixemos varias presentacións, kahoots e outros xogos para facelos máis dinámicos e entretidos aínda.
Como sorpresa, o alumnado do último curso, na súa derradeira semana no colexio antes dos exames da ABAU alemana, invitounos a bailar a Macarena con eles, para celebralo.
Tamén, os profesores, tiveron a oportunidade de entrevistarse con profesores responsables das tics do colexio e con traballadores da empresa estatal que dá soporte aos centros na Baixa Saxonia, para aprender e compartir ideas e inquietudes que nos fagan mellorar nese ámbito.
DÍA 5
Hoxe xogamos na biblioteca do colexio mentres esperabamos o tren que nos levaría ata Hannover.
Dende a Estación Central camiñamos cara o Zoo Sambesi, onde fixemos diversas actividades: preguntas sobre os animais, un roteiro temático e tamén tivemos a oportunidade de velos de primeira man.
Despois dun pequeno descanso, collemos o tren e o autobús de volta a Bad Nenndorf .
Ata mañá, grazas.
Hoxe tivemos unha recepción no concello de Bad Nenndorf onde puidemos coñecer de primeira man o proxecto da feira de horticultura, que terá lugar no ano 2026.
O alcalde e o responsable técnico do proxecto explicáronnos que esperan recibir 600 mil visitantes de todos os lugares e que impulsará o desenvolvemento sustentable desta localidade.
Link: https://www.landesgartenschau-badnenndorf.de
Despois o alumnado participou nun xogo de recoñecemento da localidade e rematamos cun obradoiro onde puxeron a proba os seus sentidos.
Mañá voltamos a Hannover para facer unha visita temática ao seu famoso Zoo.
Até mañán
Hoxe, despois do día en familias onte, comezamos cas actividades. Ben cedo, ás 7h collimos o tren cara Hannover para visitar o Parlamento Rexional da Baixa Saxonia. Alí poidemos aprender algo máis dos procesos democráticos: a elección dos parlamentarios, as propostas cidadáns ou como votan algunha das súas leis.
Despois dun pequeno recreo, o alumnado alemán presentounos o programa da semana, fixemos un pequeno xogo para coñecernos mellor e acabamos cun roteiro pola casco vello da cidade.
Despois de xantar collimos o tren para voltar a casa, cansados pero contentos polo visto.
Mañán máis e mellor.
Hoxe é día de viaxe. Xa no tren, chegando ao noso destino, facemos a nosa primeira entrada no blog con esta foto da saída dende Coruña.
Mañán día familiar para coller forzas para o luns!
Invitámosvos a seguir a nosa semana.