Friday 21st
Hello everyone:
Today, Friday 21st, we have celebrated the second part of the Erasmus kick-off Day.
More than 150 secondary school students have enjoyed the activities prepared by our Erasmus Club boys and girls.
In the corridor which closes our Erasmus corner, they have set up two activities:
Friendly Santiago: in this activity the students have participated in the elaboration of a map of social relations. Using stickers, they marked out the places in Santiago de Compostela
+ that they find most beautiful,
+ where they see people smiling,
+ where they prefer to meet their friends.
Please, check the result in the pictures.
Internet safety: in this activity the boys and girls of the Erasmus Club have shown the exhibition they have designed and elaborated about the dangers on the Internet.
In the school library, some of our Erasmus Club girls have shown the visitors the history of the Erasmus projects in our school:
the history of Erasmus projects in our school,
the objectives of the Erasmus programme.
the schools we have collaborated and we want to collaborate.
It has been an intense two days.
They have been two days that have been the fruit of months of work.
They have been two days to make the Erasmus project known to the whole educational community.
We hope you like the pictures and videos of the day.
Thank you for following us.
Ola a todos:
Hoxe venres 21 celebramos a segunda parte da xornada de inicio Erasmus. Máis de 150 alumnos de educación secundaria gozaron das actividades preparadas polos nosos mozos e mozas do Club Erasmus.
No corredor que pecha o noso Erasmus corner, montaron dúas actividades:
Santiago Amigo: nesta actividade os alumnos participaron na elaboración dun mapa de relacións sociais. Utilizando adhesivos, marcaron os lugares de Santiago de Compostela
+ que lles parecen máis bonitos,
+ onde ven á xente sorrir,
+ onde prefiren quedar cos seus amigos.
Animámosvos a comprobar o resultado nas fotos.
Seguridade na internet: nesta actividade os mozos e mozas do Club Erasmus mostraron a exposición que deseñaron e elaboraron sobre os perigos na internet.
Na biblioteca do colexio, algunhas das nosas mozas do Club Erasmus mostraron aos visitantes a historia dos proxectos Erasmus no noso colexio:
a historia dos proxectos Erasmus no noso colexio,
os obxectivos do programa Erasmus.
as escolas coas que colaboramos e coas que queremos colaborar.
Foron dous días intensos.
Foron dous días froito de meses de traballo.
Foron dous días para dar a coñecer o proxecto Erasmus a toda a comunidade educativa. Esperamos que vos gusten as fotos e vídeos da xornada.
Grazas por seguirnos.
THURSDAY 20 th
Hello everyone:
On Thursday 20th June we have started our Erasmus Kick-off Day.
We have started with an online meeting with Wjahat Waraich, German politician and doctor. We have talked with him about global citizenship and learned about his commitment in Benin, Turkey,...
We also have talked about his work in the world of politics.
Danish, Portuguese and Italian students and teachers have taken part in the meeting.
Tomorrow the activities will continue with the presentation of our project and the realization of different Erasmus activities for the whole school.
So stay tuned!!!
Thank you for following us.
Ola que tal:
O xoves 20 de xuño comezamos o noso Erasmus Kick-offDay.
Comezamos co encontro en liña con Wjahat Waraich, político e médico alemán. Con el dialogamos sobre cidadanía global e aprendemos do seu compromiso en Benin, Turquía,... Ademais, falamos tamén sobre o seu traballo no mundo da política.
No encontro participaron estudantes e profesores daneses, portugueses e italianos.
Mañá seguen as actividades coa presentación do noso proxecto e a realización de distintas actividades Erasmus en todo colexio.
Así que estade atentas e atentos!!!
Grazas por seguirnos.