Merendas con Isabel Zendal e Roteiro da muller 

Merendas con Isabel Zendal


Promovido desde o EDLG-Equipo de Dinamización da Lingua Galega  de o IES Ramón Menéndez Pidal foron realizadas teatralizacións desde o mes de xaneiro convidando a outros centros da cidade e próximos ao noso. O EDLG pretende colaborar coa difusión de mulleres que tiveron que ver coa Ciencia e co gallo do Día da muller e a nena na Ciencia, participando co Club de Ciencia do noso centro (desde hai anos Club de Ciencia e EDLG colaboran en actividades integrando saber, actividades, ciencia e lingua).

“A actividade pretende achegar á xente a figura de Isabel Zendal e, por iso, representamos a súa vida e achega principal ao mundo, xa que foi reitora do Hospital da Caridade, que estaba onde hoxe estamos a estudar, no noso instituto. Ademais partiu desta cidade con 22 nenos e tivo que ver coa Expedición Balmis, relacionada coa vacina da varíola.

Sempre realizamos a actividade perante da figura de Isabel Zendal que está diante do IES Ramón Menéndez Pidal e despois pasamos a un xogo de preguntas e respostas, 'Díxome-Díxolle' Xogo de Isabel Zendal, co grupo de alumnado que asiste doutros centros á nosa actividade, estas tarxetas foron traballadas desde o EDLG e realizadas desde as clases de Tecnoloxía, coa profesora Belén Abella. Despois do xogo compartimos unha merenda saudable”

Esta actividade foi realizada con colectivos da zona: colexios de primaria, grupos de maiores da Cruz Vermella, cun grupo de CEE MªMariño e presentada no Día da Ciencia na Rúa (mais información na web de Zalalingua)

(Mais detalles na web Zalalingua do Equipo de Normalización  da Lingua Galega)



MERENDAS CON ISABEL ZENDAL 18 de xaneiro, 

3º PDC CEE María Mariño

Comezamos esta actividade no mes de xaneiro, o día 18, o alumnado de 3º PDC DA eso compartiu unha actividade co alumnado do CEE María Mariño. Explicouse mediante un xogo de preguntas e respostas sobre esta personalidade, recordamos quen foi e que fixo, todo arredor dunha merenda na que compartimos un fermoso tempo con persoas doutro centro que nos explicaron anteriormente cómo se coloca unha malla no horto. 

É unha experiencia compartida en que todas as persoas aprendemos e na que nos relacionamos con outro alumnado, coñecemos ao alumnado do CEE María Mariño e a verdade é que xa formamos un equipo que comparte distintas sabedorías, horto e Isabel Zendal foron o noso saber compartido este día. 

A maiores 3º PDC realizou un programa de radio en que tratou este tema e no que se converteron en auténticas persoas profesionais da radio.


MERENDAS CON ISABEL ZENDAL coa Cruz Vermella

Continuaron as merendas con teatralizacións  e invitamos aos nosos veciños-as da Cruz Vermella

MERENDAS CON ISABEL ZENDAL CO CEIP ZALAETA DA CORUÑA

 11 de marzo de 2024

O 11 de marzo realizamos a seguinte merenda con Isabel Zendal, esta vez co alumnado de 4º de primaria do CEIP de Zalaeta e abofé que foi un éxito, realizamos a presentación da figura de Isabel Zendal, cando o alumnado teatralizou a súa historia, a continuación o alumnado do CEIP Zalaeta forumou dous equipos para o XOGO DE TARXETAS DE ISABEL ZENDAL, DÍXOME-DÍXOLLE, e a verdade é que estiveron atentísimas todas as persoas cunha participación activa, levaron de agasallo unha merenda que celebramos na cafetería do noso centro e na que gozamos dunha xornada de convivencia con auga, un pequeno bocadillo e comida saudable, unha mazá que levaron.

Agasallamos ao CEIP Zalaeta cun marcapáxinas que Águeda de Lorenzo Izquierdo decorou co gallo das Merendas con Isabel Zendal.

MERENDAS E ROTEIROS NO DÍA DA CIENCIA NA RÚA 

O 4 de maio, sábado, participou o EDLG no Día da Ciencia coas actividades: 

-Merendas con Isabel Zendal, promovida polo EDLG, o alumnado teatralizou en varios momentos promovendo a figura de Isabel Zendal. O Departamento de Tecnoloxía colaborou co EDLG dando forma ás nosas tarxetas e plastificándoas. O Departamento de Bioloxía, relacionado co tema da vacina realizou unha exposición, con quen compartimos mesa, sobre a vacina da varíola.

-Roteiro da muller na Cidade da Coruña, realizado polo EDLG e dixitalizado (e co código QR de acceso engadido este curso) por Paz Freire. 

Radio CUAC FM entrevistounos. 

Unha mostra da teatralización , esta no Día da Ciencia na Rúa.

Teatralización_para_Merendas_con_ISABEL_ZENDAL_ (online-video-cutter.com).mp4

ROTEIROS 

Mapas en Google Earth e en Google Maps colaboración de ZalaTecno có EDLG

Roteiro en Google Earth

En Maps: Mapa con puntos marcados e información neles