INVESTIGACIÓN DO SON

Contaminación acústica

Durante o curso 23-24 no IES Ramón Menéndez Pidal realizouse un pequeno estudo relacionado coa contaminación acústica en espazos utilizados polo alumnado durante o recreo. Para realizar o estudo contouse có docente de Física Luis Miguel Cruz e coa colaboración de Gabriel de la Torre, alumno de 4º ESO D, o cal mediu cun sensor Pasco o nivel de intensidade sonora na Biblioteca, cafetaría, pavillón polideportivo, patio exterior, etc. En todos os lugares nos que se realizaron medicións superábanse os 50 decibelios que marca a Organización Mundial da Saúde como limiar para consideralo como contaminación. A Biblioteca foi o único lugar no que nalgún momento non se superaron os 50 dB. A conclusión é que o centro é un lugar que supera nos recreos os valores recomendados pola OMS.


O sábado 4 de maio o alumno de 4º Gabriel de la Torre participou no Día da Ciencia na Rúa cunha actividade do Club de Ciencia e Tecnoloxía.

Esta presentación é froito dunha investigación previa coordinada por Luis Cruz Mahía do Dpto de Física e Química.