DÍA DA CIENCIA NA RÚA 24
Moi boa experiencia un ano mais no Día da Ciencia na Rúa 23 para tod@s @s participantes de Zalaeta. Expuxemos os nosos proxectos e aprendimos uns dos outros unha vez mais 👌.
Participamos compartindo espazo Zalatecno e CEE MªMariño, como na edición anterior . O grupo de CEE MªMariño presentou os seus traballos, titoriais, plantas e sistemas de rego. Presentamos actividades de Mulleres STEM, con Xogos, as Merendas con Isabel Zendal, entrevistas, importancia das vacinas, videoxogos, deseños de poliedros, retos para Talentos inclusivos, carteis impresos en 3d e outras moitas cousas mais...
Teatralización sobre Isabel Zendal e Roteiro da muller na cidade de A Coruña presentado polo equipo de Dinamización da Lingua Galega e MªXosé Castro.
Presentación na radio CUAC Fm das actividades e proxectos de ZalaTecno. Explicación ao publico de actividades dos proxectos Talentos inclusivos entre outros. Participou alumnado de ESO (2º, 3º e 4º) e de 1º de Bacharelato.
Os Proxectos:
Poliedros, Xadrez, Carteis SinaliZa, Xogos STEAM , biografías francesas...
E os-as Protagonistas
Programa especial de Radio de Día da Ciencia na Rúa 23, Co alumnado de 3º, 4º e 1º de Bac, Paz Freire e MªJose Castro.
Licornios, con público e probas
Coa alcaldesa e o director dos Museos científicos
Investigación có Son
Teatralización para Merendas con Isabel Zendal
![](https://www.google.com/images/icons/product/drive-32.png)
Moitas Gracias aos Museos científicos, Asociación de Amigos da Cada das Ciencias, Concello de A Coruña e Emalcsa por organizar e/ou apoiar esta iniciativa... e a todas as personas colaboradoras que o fan posible.
#DCR2024 #cienciarua2024.