Colaboracións de Zalatecno con Agrupación astronómica ÍO para observacións, obradoiros de planisferios e creación de materiais inclusivos iniciada en cursos pasados.
Somos entidade colaboradora.
Cun grupo de 2º de ESO que preparou un lote de medallas táctiles de constelacións (deseñadas por compañeiros-as de cursos anteriores) para que o grupo ÍO empregue nas súas sesión de observación e charlas inclusivas.
No obradoiro aprendemos a identificar as constelacións segundo o día e a hora solar empregando o planisferio que recortamos e montamos.
preparado para que o grupo ÍO empregue nas súas sesión de observación e charlas inclusivas.
As medallas teñen estrelas en relevo e o nome en tinta e Braille.
Pensadas para personas con discapacidade visual.
Ademais as estrelas son de material luminiscente e poden verse na escuridade, facendo este material interesante para personas que poden ver tamén.
Organizada por Manuel Vicente e con emisión do seu programa de radio (Efervescciencia na radio galega)desde Sobrado, asisten grupos de usuarios de ONCE e proban os materiais accesibles con Marin Pawley.
Organizada por Pablo Carballo e Almudena Jiménez, en colaboración con AAÍO no patio de Zalaeta con telescopios e especialistas.