MELLORA DA CONTORNA

Un Curso máis, o alumnado do centro de diversos niveis sae ao patio a facer traballos de mellora da contorna, coa finalidade de sensibilizarse co seu coidado, coñecer certo tipo de flora e participar no traballo conxunto que comezamos hai dous cursos  có alumnado do ciclo de Xardinería e viveirismo do CEE María Mariño e o seu docente enxeñeiro de montes Guillermo Gil. 

Prácticas inclusivas, de recoñecemento da flora cercana,  plantación de roseiras comestibles,  recoñecemento dos insectos interesantes no xardín, etc ... son moitas das aprendizaxes conxuntas deste curso 23-24 (que son continuación das de cursos anteriores).

Coordinadora das actividades en Zalaeta Almudena Jiménez.

(Máis información das actividades de cursos pasados na web de Deseño e Son no apartado Xardinería e Viveirismo).

Unha_clase_moi_especial__2.mp4

Serie de Titoriais de Xardinería de CEE MªMariño para IES Zalaeta :

"Un ano máis desde o grupo de Xardinería e Viveirismo de CEE MªMariño seguemos a traballar no proxecto Deseño e Son do Club de Ciencia e Tecnoloxía do IES Ramón Menéndez Pidal, para aprender máis cousas, coñecer máis xente e loitar pola inclusión e integración social do alumnado con diversidade funcional.

Comentamos, nesta serie de titoriais diversas cuestións importantes para entender como funciona un xardín:  paxaros,  roseiras, de fauna útil, de sebes, da importancia das sombras nun xardín... Recordade que isto é Botánica aplicada..."

Excelente material para aprender que estamos a utilizar en Zalaeta. #culturainclusivaeaccesible #poloscreativos #steam

CEEMariaMariño_paxaros no xardin2023_24.pdf
DiccionarioVisual_2023_24.pdf
CEEMariaMariño_comentariosobrexardineria3_Composteros.pdf
CEEMariaMariño_Comentariosobrexardineria1_Roseiras.pdf

Titorial : A fauna útil. 🕷️🐞🐝🐛

é dicir, todos aqueles insectos ou ácaros que loitan contra as pragas que atacan aos nosos cultivos, tanto os hortícolas como os frutícolas, forestais, xardíns, etc. 

"No curso en CEE Mª Mariño 2021-22 fixemos un hotel de insectos seguindo a idea que nos presentaron no IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz (Lugo). Entramos desta maneira nun proxecto que pretende crear unha rede dos citados hoteis, cunha serie de obxectivos que poderedes atopar nestas ligazóns: https://twinspace.etwinning.net/204889/pages/page/2212944

https://twinspace.etwinning.net/204889/pages/page/2290517

Dentro de todos estes obxectivos imos centrarnos neste titorial, como xa dixemos, no coñecemento de estes pequenos animais que existen de forma natural no noso medioambiente e que controlan a ácaros e insectos nocivos para as plantas que coidamos en xardíns, hortos, bosques... Realmente sería o mesmo que fan os gatos cos ratos e cas ratas, pero nun mundo moito máis pequeno, en miniatura... Xa o veremos.

E que teñen que ver os hoteis de insectos ca fauna útil? Pois que son lugares de refuxio e reprodución para estas especies tan importantes para nos. Para iso se fan..." (de CEE MªMariño, docente Guillermo Gil Docampo).

CEEMariaMariño_Comentariosobrexardineria2_faunautil.pdf

En Zalaeta aprendemos moito con estes titoriais que traballaron con grupos de ESO. Como sempre o titorial contén o seu diccionario visual.