Praza das Matemáticas

Exposicións na Praza 

Creada no curso 21-22  a Praza das matemáticas é un lugar no que constantemente hai exhibicións de materiais moi imteresantes e na que se convocan outras como resolución de enigmas ou Concursos. 

Volveron as exposicións á praza das Matemáticas:

O credo Mandaloriano amosouno o camiño neste curso.

Animamos a alumnado e docentes a pasar por alí que hai moito que ver... e informamos nas redes puntualmente.

Unha mostra nestas imaxes.

Pantasmas e cabazas no Samaín

As nosa pantasmas, Gauss e Hipatia, deixannos os padróns destas cabazas nas nosas aulas virtuais.

Estas cabazas fanse con superficies seccionadas. Podedes visitar a páxina de María García Monera, profesora de Matemáticas na área de Xeometría e Topoloxía (https://www.uv.es/monera2/).

Xeometría no Nadal

A xeometría no mundo da decoración está á orde do día. Vémolo en estampados, obxectos, complementos, lámpadas … e agora tamén na decoracion do Nadal!


Nas aula virtuais os deseños expostos na praza 😉. 

Científicas 11F

Con esta exposición inícianse as actividades 11F no centro.#11F2024

Historicamente relegadas da educación, da política, da participación social, da cidadanía... a sociedade impuxo ás mulleres o exercicio duns roles moi definidos, relacionados normalmente co coidado, a educación dos fillos e fillas, a alimentación, a familia... as tarefas do ámbito privado, doméstico.

Un ámbito importante, sen o que non existiría todo o demáis, pero desvalorizado socialmente. Agora ben, desde os inicios da civilización atopamos a mulleres que loitaron por saír da esfera do privado e ser recoñecidas no ámbito público.

Foi unha tarefa moi complicada que se ten que recoñecer a mulleres de todos os séculos e clases sociais. Só algunhas o tiveron un pouco máis sinxelo, debido a unhas especiais condicións familiares favorables.

Aínda así, a historia volveu a discriminalas invisibilizando o seu nome e as súas achegas á Cultura da humanidade.

Preténdese deixar constancia do esforzo e das achegas de mulleres, ao longo da historia, para que o alumnado as coñeza e identifique.

👰👩🏻‍🔧🧑‍🏭👩🏼‍🌾👩‍🎓🧑🏽‍🔬🧑‍✈️ 



Científicas Pza Mates.mp4

 Mulleres Matemáticas

Preténdese deixar constancia do esforzo e das achegas de mulleres matemáticas, ao longo da historia, para que o alumnado as coñeza e identifique. 

Actividade 11F en IES Menéndez Pidal.

 Xeometría natural 

 Mes de marzo, mes das Matemáticas, coa exposición fotográfica “Xeometria Natural” na nosa praza. 

 Sólidos platónicos

 Neste mes das Matemáticas coa exposición dos Sólidos Platónicos. Nestes poliedros convexos todas as caras son polígonos regulares iguais entre si, e tamén son iguais todos os ángulos sólidos. Reciben este nome en honra ao filósofo grego Platón. 

SolidosP

Día Pi

No 14 de marzo (3/14) que xa se viña celebrando como o Día de Pi. 

Aproveitamos tamén para coñecer o “O poderoso alfabeto grego”. Moitas veces ao comezar a ler un libro de matemáticas ou ao tratar de resolver exercicios, aparecen símbolos que non todos saben que significan ou a que fai referencia. Aquí temos algúns dos símbolos que poderían aparecer algunha vez, aquí temos o “científico” alfabeto grego. 

 Grullas, símbolo de Paz 

 Alumnado de 4⁰ ESO estuvo a facer grúas de papiroflexia no mes de abril, expostas ahora na Praza das Matemáticas .

Recordade que estas aves son símbolo da Paz.