SINALIZA

CARTEIS CON PICTOGRAMAS PARA ESPAZOS DO CENTRO

Proxecto con alumnado de 2º e 4º de ESO de Tecnoloxía de deseño e fabricación de rótulos táctiles empregando pictogramas e impresión 3d para diferentes espazos do centro. O alumnado investigou e practicou a edición en 3d, a simboloxía normalizada de Arasaac, os contrastes de cores e a impresión por capa, etc, para conseguir uns resultados finais que colgamos polo centro.  Este é un proxecto en proceso, continuará...

Estas imaxes son unha mostra:

CARTEIS CON BRAILLE PARA ONCE

Un grupo de alumnado de 2º de ESO ademais aprendeu a utilizar os textos en Braille nun obradoiro formativo na sede de a ONCE e preparou rotulación para as instalacións desta sede, coordinados por Paz Freire. 

Os carteis xa están colgados na sede de ONCE na Coruña .



O proxecto SinaliZa foi presentado no Día da Ciencia na Rúa  e en Cullerciencia polo alumnado.

ROTULACIÓN PARA BIBLIOTECA

Proxecto colaborativo entre un grupo de alumnado de 4º de Dixitalización e o equipo de docentes da biblioteca de deseño sostible de soportes para rótulos e letras coordinado por José Mendoza. 

O alumnado investigou, mediu  e presentou propostas cos seus deseños para impresión 3d e para cortadora laser coas escollas de materiais correspondentes.