Visita ao CITIC

IES MENÉNDEZ PIDAL VISITA O CITIC

entrada no blog do CITIC con reportaxe e fotos.

Tras unha breve exposición das liñas de actividade do CITIC, o alumnado puido coñecer o Demostrador Tecnolóxico onde se presentaron proxectos de robótica, como o Robobo, deseñado integramente por persoal investigador do CITIC, ou o NAO, robot que conta con diversos mecanismos e sensores para realizar todo tipo de movementos e tarefas.

Posteriormente, no laboratorio de impresión 3D, explicouse o funcionamento das impresoras de extrusión de plástico, resina e fusión de po.

A visita finalizou no laboratorio de Realidade Virtual e Localización onde se mostrou, entre outros, un supermercado virtual. Neste escenario, os participantes puideron facer a compra de produtos dunha lista ou seleccionar os ingredientes adecuados para preparar unha receita de cociña. 

Durante o encontro recolléronse as opinións dos asistentes, o cual permitirá coñecer o interese do alumnado polas profesións no ámbito STEM.

Asistiron alumnos e alumnas de Tecnoloxía e enxeñaría 2 e de TICs1 de Bacharelato, acompañan Paz Freire e Iñaki Tomás.