Actividades 

As nosas pegadas na lingua 

CURSO 2019-2020

Participamos no Tíralle da Lingua e o Magosto foi unha grandísima festa, nela a integración tivo nome maiúsculo.

Foi a primeira vez que se celebrou o Magosto no noso centro.

https://www.instagram.com/p/B42UxLGoES2/?igshid=1hp9uc9bwa9yg


DEBUXANDO COAS PALABRAS

Contra a violencia de xénero

https://www.instagram.com/p/B5L2EhhoUoe/?igshid=1dz7uñ


PLAN PROXECTA

DESDE ZALAETA PARA O MUNDO: ABRINDO MARES E MONTES


.·       https://www.instagram.com/tv/CBDfHTEg810/?igshid=181vwz9y33uvq


Buscamos o CANCELO # que constituirá o lema deste curso.

O tema para elixilo é o MAR:

Os elixidos foron:

#PeixesDeMoitoCoidado

#ÚneteÁonda

https://www.instagram.com/p/B3Ut2ipIEUr/?igshid=14uwd28vhvf56


RECREOS CREATIVOS

Xuntanzas no recreo, realización de actividades diversas e de conmemoracións.

Recreos creativos desde a casa

 no confinamento

https://www.instagram.com/p/B-NHUoBJIv9/?igshid=k5671pzg0aft


RECREOS CREATIVOS

Instrumentos de percusión

e FIN DE CURSO

https://www.instagram.com/p/CBkszHtpA_y/?igshid=5cs9i05p61ya

As redes que nos unen e a lingua de namorar

https://www.instagram.com/p/B8ZrNDRowf2/?igshid=1shr65fw6n835


ENTROIDO

Puxemos a nosa pegada nesta festa

https://www.instagram.com/tv/B81q9KgJ5hX/?igshid=puzt4a6cmft2


RECREOS CREATIVOS

 DESDE A CASA

No confinamento, desde o 13 de marzo, fixemos o posible para que as nosas pegadas e o noso agarimo á lingua puidesen chegar ás vosas casas fortalecendo e animando dada a situación que se estaba a vivir.

Desde a páxina web continuamos coa nosa proposta cada semana, para seguir creando coa lingua.

   https://www.instagram.com/p/B-NHUoBJIv9/?igshid=k5671pzg0aft

https://www.instagram.com/p/B_NYw8WJ2M2/?igshid=73hfyow0v4bw

https://www.instagram.com/p/B_PmgjHJUX5/?igshid=dbz2fz3rruyr


LETRAS GALEGAS 2020

Puxemos a nosa pegada para animar a todo o centro a participar na celebración, e ben é certo que o resultado foi moi bo.

https://www.instagram.com/p/B_2AHH_pRUp/?igshid=bzjsqr2ncewi

https://www.instagram.com/p/CAKr1J5JmG4/?igshid=909wcjtqsjir

https://www.instagram.com/tv/CASNf8AIhxa/?igshid=z09n1duabhga



DESPEDÍMOS ESTE CURSO DESDE O BLOG ANIMÁNDOVOS A MANTER A ESPERANZA, COA ACTIVIDADE QUE SE REALIZOU DESDE A CASA PARA CELEBRAR O DÍA DA POESÍA, 22 DE MARZO, E PARA IR PREPARANDO OS ÁNIMOS A PARTICIPAR NA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.


GRACIÑAS A TODAS E A TODOS POR PARTICIPAR!


ENGADIMOS AO FINAL OS ENLACES DAS ACTIVIDADES REALIZADAS DURANTE O CURSO 2019-2020.




ENLACES DAS ACTIVIDADES E RECURSOS

CURSO 2019-2020

ENLACES DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NESTE CURSO 2019-2020, ATA XUÑO DE 2020 INCLUÍDO

Benvida

Día Europeo das linguas

Tíralle da lingua

Reunión informativa

 Concurso de ELECCIÓN DE CANCELOS DO EDLG PARA ESTE CURSO NAS REDES SOCIAIS

En galego podes

Proceso de deliberación de CANCELOS

Finalistas de CANCELOS

Premios de ZALACANCELOS

Vídeo de En galego, ti que fas?

Tíralle da lingua. Finalistas BAH e Ciclos.

Magosto

Finalistas ESO Tíralle da lingua

Debuxando coas palabras

Magosto

Concurso de postais de Nadal

Premio concurso de postais de Nadal

Escaparate Nadal

Parabéns Nadal do centro coas postais.

As redes que nos unen e unha lingua de namorar

Entroido

Anuncio convocatoria concurso Universidade EDLG.

Anuncio Aulas Galegas

https://www.instagram.com/p/B99bDbSpeg0/?igshid=1m4y4hmzrids5

Recreos creativos

Participación páxina web, desde a casa

Recreos creativos desde a casa

Anuncio Día das Letras Galegas

Día da Poesía, animación a participar Día das Letras

Especial Letras

Letras Galegas. Vídeo.

Vídeo do Plan Proxecta

Recreos creativos desde a casa, fin de curso

Rematamos a referencia visual ás actividades coa nosa pegada no confinamento para animar, partindo do Día da Poesía, a ter a ESPERANZA.

Creamos POESÍAS VISUAIS.

https://www.instagram.com/p/CAChvWTpzb0/?igshid=7rveuu0yia66


AQUÍ REMATAMOS O CURSO 2019-2020, MAIS SEMPRE CON ESPERANZA, COAS PEGADAS NA LINGUA E CON ZALALINGUA. AGARIMANDO A LINGUA EN ZALAETA.

DESDE ZALAETA PARA O MUNDO: ABRINDO MARES E MONTES (TÍTULO DO NOSO PLAN PROXECTA DESTE CURSO).

CURSO 2020-2021

PRESENTACIÓN NAS AULAS DO EDLG A COMEZOS DO CURSO EN SETEMBRO

En setembro Andrés, María e María Xosé realizaron unha presentación nas aulas do Equipo de dinamización da lingua galega a través dunha presentación e dun vídeo.

#ZALACANCELO CONCURSO DE CANCELOS

Cos #zalacancelos elixidos aparecerán en todas as novas das redes sociais durante este curso; nesta ocasión a temática ten que ver coas mensaxes de optimismo, de esperanza, de ánimo, dada a situación sanitaria.

Entrega de premios

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmenendezpidal/es/node/1882


TÍRALLE DA LINGUA

Marta e Uxía presentáronse ao concurso cun vídeo titulado: A amiga aquelada.

Parabéns pola vosa participación

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL "ESTAMOS CONTIGO"

Foi un éxito este concurso, implicamos a todo o centro, a ANPA elixiu as postais gañadoras, e enviamos mensaxes de ánimo á xente; moita emoción cando recibimos as respostas.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmenendezpidal/node?page=3


DÍA DE ROSALÍA 2021

DÍA DE ROSALÍA 2021

Este curso realizamos:

Recitados de poesía.

Coreografías cos poemas de Rosalía.

Vídeos e audios dos seus poemas.

E todo o centro participou na actividade.

E conmemoramos esta data vestidos e vestidas coas cores do traxe rexional galego: de vermello, negro e branco, todas, algunha das cores.



VÍDEO DA CONMEMORACIÓN DÍA DE ROSALÍA 2021

Rosalía.mp4

SETESTRELO ROSALIANO, realizado por María Vilariño.

IMAXES E VÍDEOS DAS ACTIVIDADES DO DÍA DE ROSALÍA

CONCURSO "JÓVENES TALENTOS" CONVOCA COCA-COLA GAÑA O PRIMEIRO PREMIO 2º ESO D   RELATO "O VECIÑO"   PARABÉNS!

CONCURSO "JÓVENES TALENTOS" COCA-COLA RELATO COLECTIVO PARABÉNS A 2º ESO D polo primeiro premio!!!!

Desde o EDLG animámosvos a participar neste concurso, sabemos que é unha forma de aprender e este curso tan especial permite que se realicen actividades en colectivo desde o traballo individual.

Parabéns a todos os cursos de segundo da ESO, que, dun xeito ou doutro participaron na construción de relatos para este concurso durante este primeiro trimestre. 

Parabéns igualmente ás persoas que se presentaron á categoría individual como Ángela, Javier, Mariña, Uxía.

Lucía engadiu a súa achega aos relatos realizados igualmente dun xeito individual.

Graciñas a todas as persoas de 2º da ESO que participaron nesta actividade.

Graciñas a todos e a todas!

ENTREGA DO DIPLOMA A 2º ESO D

O 25 de marzo Estrella, a directora do centro, entregou o diploma ao curso polo premio. Que ben poder gañar un premio colectivo e desfrutalo en grupo.

Parabéns!!!

Podes ollar as fotos da entrega do título no seguinte enlace

https://www.instagram.com/p/CNpt7BmjvaD/

Imaxes o día de entrega do premio

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmenendezpidal/node/1956


IMAXES O DÍA 5 DE MARZO, FASE INDIVIDUAL

Presentáronse: Ángela, Javier, Mariña e Uxía.

Parabéns pola vosa participación!

DÍA DA POESÍA 21 DE MARZO

O día 21 de marzo celébrase o Día da Poesía, no centro preparamos, O NOSO TABOLEIRO DA POESÍA.

Xa realizamos caligramas, acrósticos, convertemos poemas de autores e de autoras de libros en galego en caligramas, e recitamos.

Seguiremos toda a semana que do 22 de marzo a celebralo coas vosas propostas.

Xa comezamos coa celebración do Día de Rosalía a render homenaxe á poesía, cos recitados, realización de coreografías, e con todas as actividades coas que conmemoramos no centro o Día de Rosalía desde os poemas da autora.

Cantamos, engadimos coreografías, recitamos, e vestimos as mesmas cores para a ocasión ese día, a semana do 24 de febreiro foi rosaliana.

Participamos no programa de radio do centro, do Club de letras, Antía, Andrea, Carlos e Marina, realizan unha presentación das actividades realizadas do Día de Rosalía e recitan poemas. 

Anímate a participar!

Graciñas!

FOTOS DO TABOLEIRO DA POESÍA

Durante a semana anterior e posterior ao Día da Poesía enchemos o taboleiro.

Graciñas por participar!

Fotos

Podes ollar as fotos nas redes sociais do centro no seguinte enlace:

https://www.instagram.com/p/CM4xLhbDPlv/

COLABORACIÓN DO EDLG NOS CICLOS FORMATIVOS

O día 8 de abril tivemos a última aula en que colaboramos coa formación en ciclos formativos desde o EDLG. O alumnado aprendeu a facer un currículo en inglés e en galego, as dúas profesoras, Pilar Álvarez (inglés) e María Josefa Castro (galego).

Foi unha experiencia moi satisfactoria!

DÍA DO LIBRO 23 DE DE ABRIL

Lembrade que esta semana homenaxeamos ao libro, sabemos que durante o tempo de confinamento a lectura mellorou en estatística. 

Escolle un libro e fai unha foto da portada acompañándoo de obxectos que nos axuden a relacionala con ese título, podes poñer roupa ou disfraces para elaborar esa foto, todo isto para celebrarmos este día, cos coidados que debemos de ter.

Non esquezas enviar a túa foto a zalaeta.media@gmail.com antes do 21 de abril, despois verala na montaxe final con todas as fotos que participen.

Graciñas pola túa participación! 

Podes ollar nas redes o anuncio, no seguinte enlace:

https://www.instagram.com/p/CNun9yzj10q/

Anímate a participar!

Xa chegaron algunhas moi interesantes.

Aquí está a composición do Día do Libro coas fotos das portadas.

Graciñas 

RECREOS CREATIVOS

Lembrade que a semana pasada desde o EDLG propuxémosvos uns xogos para o recreo que se poden levar a cabo sen tocar material, gardando a distancia, é cuestión de imaxinación, algúns son: Que viches?; debuxando no ar, ... Foron pensados para vós.

De estardes no recreo sen saber qué facer, non vos aqueledes, animádevos e a xogar con sentidiño e coidadiño!


XOGOS PARA OS RECREOS EN GALEGO

 CURSO 2020-2021

EDLG

 IES Ramón Menéndez Pidal

Para poder axudar ao alumnado no seu tempo de lecer nos recreos a desfrutar xogando dentro dos límites que este curso teñen, desde o EDLG propoñemos unha serie de actividades que poden realizar gardando sempre as normas, distancia, ...

Dentro dos espazos, e, en especial no Ximnasio, que é un espazo pechado, intentamos que o alumnado poida, como diciamos, ter un intre de lecer, por iso achegamos nesta proposta sobre todo xogos memorísticos, de adiviñas, movemento e ritmo, de reflexos, etc.

Ademais intentamos realizar inmersión lingüística co alumnado que procede doutros lugares.

Xogos que permitan crecer xogando en galego.

1.   QUE VICHES ...?                           EN GALEGO

1.   Gardando as normas de distanciamento e de hixiene, segundo as normas e o protocolo COVID-19 unha persoa pensa nun obxecto que haxa no espazo do recreo, dille que obxecto é ao profesorado de garda, e segundo as persoas que participen ergan a man para realizar preguntas comezarán a preguntar.

 

2.   A maneira de comezar a preguntar será: Que viches ...?; a persoa que pensou no obxecto vai respondendo, quen acerte vai adiantando un posto cara á persoa que sabe o obxecto.

 

3.   Haberá unha persoa moderadora para dar as quendas. Só terá esta función.

 

4.   De non comezar a preguntar dese xeito, pasarase á seguinte persoa en orde e perde a quenda quen non comezou a pregunta do xeito correcto.

Por exemplo:   Que viches un obxecto de cor verde?

                       *O obxecto é de cor verde (sería incorrecta)

 

5.   Non se poden repetir preguntas, co cal hai que facer un exercicio de memoria.

 

6.   Gaña quen acerte e pasa a preguntar.

2. XOGOS MEMORÍSTICOS                           EN GALEGO

1.   Gardando o protocolo COVID-19.

 

2.   Unha persoa do alumnado voluntariamente dirá ao chou unha suma ou unha resta de dúas cantidades que sexan de dúas cifras.

 

3.   Quen acerte primeiro gaña e pasa a preguntar.

 

4.   E así sucesivamente.

 

5.   Se quere seguirán facéndose con outro tipo de operacións, restas, divisións, ...


 

3. RITMOS DE IMITACIÓN                   EN GALEGO

 

1. Unha persoa reproduce un movemento, paso de baile, ..., e as demais persoas teñen que imitala, e á vez indica unha palabra en galego que teña que ver co movemento.

Por exemplo:

Se o movemento ten que ver co movemento das ondas do mar diremos ONDA.

 

2. Pouco a pouco vai engadindo novos movementos e palabras ata formar unha coreografía de 5 pasos e/ou movementos diferentes con 5 palabras que se reproducirán xunto co paso.

 

3. O xogo consiste en reproducir todos os movementos e palabras en orde xuntos e aquelas persoas que o consigan gañan.

4. Quen o consiga realiza os pasos para que a imiten e, de seren varias persoas, con distancia, cada unha realizará un movemento ata 6, inventando sobre a marcha, para o cal non terán que poñerse de acordo.

 

5. E así sucesivamente.

 

OLLO!!! Evitarase tocar o material do espazo en que se xogue.


 

4. ADIVIÑAS, CHISTES, REGUEIFAS, CONTOS ENCADEADOS, ...          EN GALEGO

1.   As persoas que saiban adiviñas, chistes, que queiran elaborar contos encadeados, regueifar (sempre con decoro, con palabras correctas e con respecto no que se diga ás demais persoas) organizaranse en quendas.

 

2.   Formarase unha roda, a persoa que propoña (adiviña, chiste, ...) colocarase no medio.

 

 

3.   O resto de participantes atenderán e responderán, se for o caso.


 

5. DEBUXANDO NO AIRE                          EN GALEGO

1.   Unha persoa simula trazar coas mans no aire algo.

 

2.   Hai que adiviñar de qué se trata.

 

 

3.   Dicir a palabra en galego.

 

4.   Logo alguén pode dicir o nome noutros idiomas (mesmo o alumnado que procede doutros lugares, se está participando, é interesante que diga a palabra no seu idioma).

 

 

5.   Quen adiviñe traza despois a seguinte.

 

6.   E así sucesivamente.


CONCURSOS

Tíralle da lingua

Queremos darlles os parabéns a Marta e a Uxía pola súa participación.

Concurso de monólogos do Concello da Coruña

Lembra que se che apetece participar no concurso de monólogos cómicos do Concello podes ir preparando o teu texto.

Anímate a participar! 

Parabéns a todas as persoas do noso centro que están inscritas no VIII Certame de monólogos cómicos en lingua galega do Concello da Coruña! E a aquelas que o dia 15 de maio foron ao Obradoiro de monólogos cómicos!

Alexandra, Antón, Brian, Daniela, José Manuel e Lucía, moita sorte!

Ánimo para preparar esas interpretacións e a desfrutar desta experiencia, sempre aprendendo.

O venres 21 de maio ás 18:00 horas no Ágora realizouse o Concurso de monólogos.

Do noso centro presentáronse e participaron na categoría A (1° e 2° da ESO) coa temática "Mamá quero ser gamer": 

Antón Cillero García (1° ESO A), co título "Reprodúcense os gamers?";

José Manuel Lupiáñez Botana (1° ESO B, co título "Eses gamers"; 

Daniela Torrado Liñares (1° ESO A), co título "As Mulleres no mundo gamer" e Brian Blanco Góme (2° ESO D) co título "Quero ser gamer". 

Graciñas por participardes!

Parabéns a todos e a todas!

Parabéns ao gañador do primeiro premio: Antón Cillero García!


https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmenendezpidal/node/1968

CONCURSO DE MONÓLOGOS CÓMICOS, CONCELLO DA CORUÑA



FRASES PARA UN ANO COVID-19

O Departamento de Física e Química está a realizar un traballo en galego marabilloso e con moi bos resultados, frases para animar este ano COVID.

Graciñas compañeiros e compañeiras e a todo o alumnado por contribuíren a que a nosa lingua se difunda no ámbito científico! e ademais amosando propostas positivas.

Máis información no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmenendezpidal/node/1952


Hoxe, 27 de maio de 2021, o xurado elixiu os traballos gañadores.

Graciñas a todos e a todas por participar! un traballo moi creativo! 

Parabéns ás persoas gañadoras!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A celebración do Día das Letras Galegas comezou a semana anterior ao 17 de maio e continuamos ata finais de curso. Realizamos un vídeo coas achegas de recitado de poemas da autora na que chamamos "Poesía do cotiá", é dicir, facendo actividades do día a día gravar un vídeo recitando un poema da autora.

https://drive.google.com/file/d/14p1Wmr7OPqn0BliMECkCjy3rAMdCbX7n/view?usp=sharing



ACTIVIDADE DE PECHE DO CURSO CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS-Departamento de Lingua e literatura galega e Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Este xoves 17 de xuño continuamos a celebrar as Letras Galegas en homenaxe á autora Xela Arias, houbo un espectáculo de recitado de poemas da autora con Xarope Tulú, co título Ti e mailo mundo que apañes, logo tivo lugar un coloquio da actriz co alumnado.

Deste xeito imos case pechando actividades deste curso, celebrando as Letras Galegas.

ROTEIRO DA MULLER NA CIDADE DA CORUÑA

O curso pasado puxemos a andar esta actividade que consiste en buscar os nomes de rúas da cidade da Coruña que teñen nome de muller e logo realizar un roteiro, o da muller na cidade da Coruña. O curso pasado comezouse a buscar información e este curso démoslle cor a esas imaxes de rúas, monumentos, casas, edificios, que teñen que ver con elas. Comezamos desde o 8 e marzo este traballo e mirade o resultado. Rematamos algunhas pezas do quebracabezas que elaboraremos cando o roteiro estea rematado, faremos pins, xincanas, pegatinas, e máis material que leve representado o noso roteiro.

É, como dixemos un traballo proposto xa na programación do curso pasado, e pouco a pouco, iremos construíndo.

Velaquí o vídeo co traballo deste curso:

https://drive.google.com/file/d/1ZOs7e5L87W1G6TbKEcDL4y66tTHhSMg6/view?usp=sharing


 

PREMIO DAS LETRAS GALEGAS 2021 EGAP

Parabéns a Antón Cillero García polo segundo premio das Letras Galegas 2021 da EGAP co texto con ese título tan fermoso "A esperanza dunha lingua".

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmenendezpidal/node/1985


PRIMAVERA DAS LETRAS-CONTÁDENOS O VOSO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Aínda que non hai a nosa categoría, realizouse esta actividade en que, co que inspiraban os versos de Xela Arias, alumnado de 2º ESO C e de 3º da ESO, A, B, C e D. Enviaremos o vídeo á Real Academia Galega.

 

CURSO 2021-2022

Iniciamos este curso cunha presentación nos primeiros da ESO do EDLG, e a verdade é que houbo moito ánimo en formar parte do equipo e en participar en actividades do equipo, tanto por parte do alumnado como por parte do profesorado.

Durante os recreos no primeiro trimestre deste curso a coordinadora do EDLG, quedou coas persoas do alumnado de primeiro da ESO cando o recreo coincidía no patio descuberto, debido á situación sanitaria considerouse así, e no recuncho onde a árbore, un lugar agradable que pensamos pintar este curso durante o mes de xuño, de podermos, e se as circunstancias nolo permiten e amañalo para que sexa acolledor e poida seguir sendo un espazo de reunión ao aire libre e para podermos gardar as distancias, ademais de ser un espazo de lecer onde poder sentarse a falar, merendar, xogar, ... Este será o espazo de reunión durante algún recreo ao longo do curso para poder cumprirmos o protocolo e poder ter saúde, gozamos ademais do aire da árbore que nos axuda a relaxarnos nese tempo de lecer.

OUTUBRO

CONCURSO #ZALACANCELO

Comezamos este curso de novo, buscando os #zalacancelos que nos identifiquen durante este curso. Atención e mans á obra. 

Os #zalacancelos gañadores son:


PROGRAMA FALAMOS (Concello da Coruña): ZËNZAR (8 de outubro)

Comezamos o curso cunha actividade moi agradable, grazas ao Programa Falamos, do Concello da Coruña, os primeiros da ESO e o persoal docente que estivo presente no acto, puidemos gozar da presenza do grupo Zënzar no noso centro. Ademais de tocar pezas do seu repertorio musical, sobre todo, viñeron falarnos de como chegaron á lingua galega, falaron das súas orixes, e, como dixemos, da lingua galega, agarimándoa coas palabras, como facemos desde Zalaeta, así se chama este noso blog, "Agarimando a lingua en Zalaeta", queremos desde o noso centro seguir aloumiñando a nosa lingua. 

Asemade, Laura Romero, integrante do grupo, agasallounos cunha ilustración de mulleres precursoras e destacadas da nosa música galega, un agasallo inmenso que gardaremos con agarimo. Graciñas Laura, e a todos os integrantes do grupo que nos axudaron a comprender un pouquiño máis esta nosa historia da lingua desde as pegadas que nos deixan persoas coma vós. Grazas igualmente a Xulia, que estivo presente, ao Concello da Coruña e á Dirección do centro, así como a todo o persoal docente que colaborou para que isto fose posible nunhas circunstancias marcadas pola pandemia.

PREPARÁNDOSE

Antes de que o alumnado chegase, con moito coidado preparaban todo.

E seguimos preparando ,,

Laura Romero realizando a ilustración.

Agasallo de Laura Romero. Graciñas.

NOVEMBRO

SAMAÍN e SAN MARTIÑO

Exposición do SAMAÍN e do SAN MARTIÑO

Realizados os textos e ilustracións polo alumnado do centro.

25N CONCURSO TIK-TOC

En colaboración coa Biblioteca convocamos o concurso de Tik-Toc, relacionado co 25N, tedes que crear vídeos que teñan que ver co tema.

Ligazón:

PREMIO TIK TOK

Parabéns ás persoas que realizaron a produción; "Párao!", a Sara R., Yara R., Tomás V. e Martín R. 

25 N EXPOSICIÓN MULLER E MÚSICA. LAURA ROMERO

Iniciamos a exposición das ilustracións de Laura Romero que estará no centro ata xaneiro e que amosan ilustracións que ela realizou de mulleres que teñen que ver coa música galega. Graciñas Laura!

Ligazón:

POSTAIS DE NADAL

ESTAMOS CONTIGO

Este curso continuamos coa iniciativa que comezamos no curso pasado, no Nadal, que consiste en dicirlle á xente que o está a pasar mal nestas datas que ESTAMOS CONTIGO. Na caixa do correo que está situada na entrada do centro todo o persoal do centro e o alumnado pode deixar a súa postal de Nadal no sobre correspondente e cos datos completos da persoa, institución ou colectivo, a quen vaia destinada a postal e o centro enviaraa. Ademais o EDLG colocará en cada postal que se envíe unha tarxetiña achegada a ela que indicará ESTAMOS CONTIGO.

Este curso en especial enviaranse postais ás residencias da terceira idade da nosa cidade. O alumnado traballa con moito agarimo nestas postais que faremos chegar a todas as persoas maiores que viven nas residencias da nosa contorna para poder animalas.

Graciñas por participar!

Feliz ano!

Ligazón:

ENTREGA DE PREMIOS #ZALACANCELOS E TIK TOK

Antes de marchar de vacacións entregamos os premios de #Zalacancelo e de Tik Tok. 

Parabéns ás persoas premiadas!

E parabéns a todas as persoas que participaron nesta e nas outras actividades, estivo difícil escoller para o xurado!

Graciñas por participar!

E seguiremos agarimando a lingua!

Ligazón:

XANEIRO

Ofrecémosvos, para comezar o curso desfrutando de maneira saudable no tempo de lecer, desde o EDLG, uns xogos que matinamos o curso pasado para axudarvos a pasalo mellor nos recreos, eses recreos que pretendemos que sexan creativos e de verdade de lecer nuns momentos en que temos que ter moito tino e coidarnos. Por iso cumprindo normas e protocolo, aqui os tedes, por se os precisardes.

RECREOS CREATIVOS

Lembrade que a semana pasada desde o EDLG propuxémosvos uns xogos para o recreo que se poden levar a cabo sen tocar material, gardando a distancia, é cuestión de imaxinación, algúns son: Que viches?; debuxando no ar, ... Foron pensados para vós.

De estardes no recreo sen saber qué facer, non vos aqueledes, animádevos e a xogar con sentidiño e coidadiño!


XOGOS PARA OS RECREOS EN GALEGO

CURSO 2020-2021

EDLG

IES Ramón Menéndez Pidal

Para poder axudar ao alumnado no seu tempo de lecer nos recreos a desfrutar xogando dentro dos límites que este curso teñen, desde o EDLG propoñemos unha serie de actividades que poden realizar gardando sempre as normas, distancia, ...

Dentro dos espazos, e, en especial no Ximnasio, que é un espazo pechado, intentamos que o alumnado poida, como diciamos, ter un intre de lecer, por iso achegamos nesta proposta sobre todo xogos memorísticos, de adiviñas, movemento e ritmo, de reflexos, etc.

Ademais intentamos realizar inmersión lingüística co alumnado que procede doutros lugares.

Xogos que permitan crecer xogando en galego.

1.   QUE VICHES ...?                           EN GALEGO

1. Gardando as normas de distanciamento e de hixiene, segundo as normas e o protocolo COVID-19 unha persoa pensa nun obxecto que haxa no espazo do recreo, dille que obxecto é ao profesorado de garda, e segundo as persoas que participen ergan a man para realizar preguntas comezarán a preguntar.

2. A maneira de comezar a preguntar será: Que viches ...?; a persoa que pensou no obxecto vai respondendo, quen acerte vai adiantando un posto cara á persoa que sabe o obxecto.

3. Haberá unha persoa moderadora para dar as quendas. Só terá esta función.

4. De non comezar a preguntar dese xeito, pasarase á seguinte persoa en orde e perde a quenda quen non comezou a pregunta do xeito correcto.

Por exemplo: Que viches un obxecto de cor verde?

*O obxecto é de cor verde (sería incorrecta)

5. Non se poden repetir preguntas, co cal hai que facer un exercicio de memoria.

6. Gaña quen acerte e pasa a preguntar.

2. XOGOS MEMORÍSTICOS EN GALEGO

1. Gardando o protocolo COVID-19.

2. Unha persoa do alumnado voluntariamente dirá ao chou unha suma ou unha resta de dúas cantidades que sexan de dúas cifras.

3. Quen acerte primeiro gaña e pasa a preguntar.

4. E así sucesivamente.

5. Se quere seguirán facéndose con outro tipo de operacións, restas, divisións, ...


3. RITMOS DE IMITACIÓN EN GALEGO

1. Unha persoa reproduce un movemento, paso de baile, ..., e as demais persoas teñen que imitala, e á vez indica unha palabra en galego que teña que ver co movemento.

Por exemplo:

Se o movemento ten que ver co movemento das ondas do mar diremos ONDA.

2. Pouco a pouco vai engadindo novos movementos e palabras ata formar unha coreografía de 5 pasos e/ou movementos diferentes con 5 palabras que se reproducirán xunto co paso.

3. O xogo consiste en reproducir todos os movementos e palabras en orde xuntos e aquelas persoas que o consigan gañan.

4. Quen o consiga realiza os pasos para que a imiten e, de seren varias persoas, con distancia, cada unha realizará un movemento ata 6, inventando sobre a marcha, para o cal non terán que poñerse de acordo.

5. E así sucesivamente.

OLLO!!! Evitarase tocar o material do espazo en que se xogue.


4. ADIVIÑAS, CHISTES, REGUEIFAS, CONTOS ENCADEADOS, ... EN GALEGO

1. As persoas que saiban adiviñas, chistes, que queiran elaborar contos encadeados, regueifar (sempre con decoro, con palabras correctas e con respecto no que se diga ás demais persoas) organizaranse en quendas.

2. Formarase unha roda, a persoa que propoña (adiviña, chiste, ...) colocarase no medio.

3. O resto de participantes atenderán e responderán, se for o caso.


5. DEBUXANDO NO AIRE EN GALEGO

1. Unha persoa simula trazar coas mans no aire algo.

2. Hai que adiviñar de qué se trata.

3. Dicir a palabra en galego.

4. Logo alguén pode dicir o nome noutros idiomas (mesmo o alumnado que procede doutros lugares, se está participando, é interesante que diga a palabra no seu idioma).

5. Quen adiviñe traza despois a seguinte.

6. E así sucesivamente.


E seguimos preparando actividades:

as da exposición de Mulleres e música, o Día da Poesía, as nosas Letras Galegas, ...

LETRAS GALEGAS FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Velaí amosamos a Xincana que realizamos no centro para saber máis sobre o autora homenaxeado este curso. Nos paneis do corredor da entrada estaba a información e había pistas polo centro para atopar as respostas.



PREGUNTAS XINCANA FLORENCIO DELGADO

  

1. Florencio Delgado naceu o 27 de agosto de 1903. Onde naceu? Busca a resposta na “Praza do Comercio” do instituto.

   2.  Florencio Delgado viviu en distintos lugares durante a súa infancia e adolescencia. Isto foi propiciado polo traballo de seu pai que era perito agrónomo. Despois de estudar unha carreira volveu á súa aldea natal. De que traballou cando voltou á súa terra? Tes unha pista na entrada do instituto.

 

3.     Ordena as letras para formar o nome dunha das revistas que dirixiu: A A D D E S U

 

4.     Onde morreu Florencio Delgado? Unha pista: foi no continente americano. Busca a solución na “Praza do Comercio” do instituto.

 

5.      Busca 3 obras de Florencio Delgado na seguinte sopa de letras:

 

6.     Busca tres dos lugares onde viviu Florencio. Para iso tes tres pistas:

  No escaparate.

  Na “Praza do Comercio”.

Na entrada do instituto.

7.   Florencio e Castelao forón amigos e compañeiros en Bos Aires. Por iso se inspira no xenio de Rianxo para escribir unha obra que en 1986 publicou Ediciós do Castro, nesta etapa ademais o traballo do noso homenaxeado foi recoñecido cun premio, cal foi? Cal era o título da obra premiada? En que ano? Representa cos teus compañeiros cómo pensas que foi esa entrega de premios. 

 

8.     Escolle un poema do autor homenaxeado e recítao.


LOGO DO EDLG

CONCURSO DO LOGO DO EDLG

Xa temos o logo que nos representa. A persoa gañadora foi Mariña Castro Souto, de 3º da ESO. Parabéns!

Graciñas a todo o profesorado implicado na promoción deste concurso, especialmente ao profesorado de Plástica, e parabéns a todas as persoas que participaron, foron moitas as persoas que deixaron a súa creatividade e pegada nos posibles logos. Foi difícil decidir.


Graciñas por colaborar!

AQUÍ TEMOS O NOSO LOGO IMPRESO EN BOLSAS QUE REPARTIMOS A FINAL DE CURSO NO CONCURSO E ENTRE O PROFESORADO DO CENTRO. E SEGUIMOS PROMOCIONANDO A NOSA LINGUA.

Unha das imaxes que amosan os traballos quen se achegan ao do Roteiro da muller na cidade da Coruña, actividade plurianual que continuará,e, contamos, rematará o vindeiro curso. Grazas por participar!

TÁBOA PERIÓDICA

O Departamento de Física e Química colabora decote co Equipo de dinamización da lingua galega e en traballos pioneiros. Velaí o que vén de rematar alumnado de 3º da ESO: a tradución ao galego, realizada coa licenza do autor da táboa periódica; un traballo pioneiro o da tradución ao galego. Estúdase dun xeito agradable a táboa periódica, non si?

Graciñas a Luís e ao Departamento de Física e Química, que sempre colabora en actividades moi produtivas para o alumnado, graciñas por ter en conta o noso, a nosa lingua.

CURSO 2022-2023


Dámosvos a benvida a este novo curso escolar.

Este curso estaremos nos RECREOS (segundos dos luns e primeiros dos venres) cos RECREOS CREATIVOS, realizaremos actividades de concursos, haberá momentos en que realicemos decoración para celebración de conmemoracións concretas, investigaremos, e con todo o que fagamos sempre PROMOCIONAREMOS A NOSA LINGUA.

LEMBRADE OS RECREOS CREATIVOS:

AULA A-B: segundo recreo de luns e primeiro de venres.

Estará anunciado sempre, xunto coa actividades do recreo correspondente, no cadro do carriño da entrada do centro.

SETEMBRO

En SETEMBRO puxemos en marcha as actividades e os RECREOS CREATIVOS.

Comezamos este curso realizando concursos en equipos relacionados cos do Portal das palabras. Abofé que os nomes dos equipos foron ocorrentes: Os patacas ...

OUTUBRO

CHARLA CON IRIA VEIGAS

En OUTUBRO, o día 14, Iria Veigas, grazas ao Programa Falamos, do Concello da Coruña, veu dar unha charla sobre "saúde mental". A charla foi dirixida ao alumnado de 4º da ESO, no salón do actos do centro. 



VISITA Á BIBLIOTECA DE MONTEALTO

(En colaboración coa Biblioteca e o Departamento de Filosofía do noso centro)

Caixa do correo para votar o Zalacancelo deste curso, na entrada do centro. Adornámola cun detalle do Samaín, xa que cadrou nesas datas.

NOVEMBRO

DECORACIÓN DE SAMAÍN

Nos recreos desta semana preparamos os ÓSOS ILUSTRES DE SANTO AMARO, o alumnado recortou os ósos do corpo humano para compartir actividade cos grupos de 4º da ESO.

Ademais decoramos a entrada do instituto, o carriño e a caixa do correo, a temática era o SAMAÍN.

Esta semana celebraremos o outono con cancións, decoración, que será moi orixinal ...

Anímate a participar nos Recreos creativos.

NOVEMBRO

DECORACIÓN DE OUTONO-INVERNO

Nos recreos creativos, luns e martes, do EDLG decoramos o corredor con creacións realizadas polo alumnado nos 20 minutos de lecer.

Graciñas por participar!!!

NOVEMBRO 25N

Este curso o alumnado realizou actividades do 25 N nos recreos creativos e colocáronse no carriño do quiosco da entrada.


XANEIRO DE 2023

O XOGO DA BUBELA

Feliz Aninovo!

Comezamos os recreos creativos este ano xogando coa Bubela nos recreos do EDLG.

O alumnado desfrutou moito nos primeiros días de xaneiro, sobre todo o de 1º da ESO, e inventou frases en galego sobre a marcha, como de Bubela a Bubela e tiro porque me peta (inventada por Sebastián, de 1º da ESO, ou De Bubela a Bubela e tiro porque me leva ela ,inventada por Marco, de 2º da ESO.

Tivo moito éxito o xogo da Bubela e seguiremos xogando en galego...


Graciñas por participar!

30 de xaneiro 

Día da Paz

O alumnado de 2º de ESO, que participa nos recreos creativos do EDLG, amosou moito interese en realizar actividades para este día, o luns 30 de xaneiro preocupáronse de crear textos (poemas ...) e debuxos relacionados con este día e con intención de amosarllos ao alumnado para concienciar deste día e deste tema.

Graciñas polo voso entusiasmo!!!

23 de febreiro

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro alumnado do EDLG, de 1º e de 2º da ESO repartiu pola contorna do centro dípticos sobre Rosalía e neles aparecían distintos poemas da súa obra en galego, en cada díptico ía un poema diferente. A idea que o alumnado faga chegar Rosalía a tendas ... da contorna e promocionando o galego dan a coñecer máis sobre a autora.

Os textos foron escollidos polo alumnado anteriormente nos recreos creativos e nas aulas de 2º da ESO.

FEBREIRO

ENTROIDO

En varios recreos creativos, antes do Entroido, no horario do EDLG, o alumnado realizou máscaras de cigarrón.

Aquí vemos unha foto do proceso inicial, antes de rematala, realizámola en cartolinas e demos renda solta ás cores ...


Aquí amosamos máis fotos do proceso de elaboración das máscaras. Abofé que desfrutamos.

MARZO

CARTAS ENVIADAS AO CEIP de ATIOS, VALDOVIÑO (4 DE MARZO DE 2023) 

(ACTIVIDADE REALIZADA CON OUTRO CENTRO)

Esta semana enviamos as cartas que o alumnado de 1º da ESO (todos os cursos de primeiro) realizaron para comunicarse co alumnado de 1º da ESO do CEIP de ATIOS, de Valdoviño.

As semanas anteriores o alumnado, nas aulas de Lingua galega e literatura, coa profesora Vanessa, realizaron as cartas para enviárllelas a persoas do seu mesmo nivel do centro de Valdoviño. A verdade é que o entusiasmo era moito, así o transmite a profesora e o alumnado; cando asistín como coordinadora a algunha das aulas, para poder axudar na actividade, emocionoume ver a alegría coa que escribían as cartas e cantas preguntas tiñan, ademais estaban desexando envialas e que as recibisen.

O alumnado realizou as cartas e os sobres e, de certo, que van decorados. Todo feito con moito agarimo.

O día 9 de marzo confirmáronnos que CHEGARON AS CARTAS, e que as recibiron co mesmo entusiasmo que nós puxemos desde aquí.

Parabéns a todas as persoas que teñen que ver con esta actividade.

Cómpre dicir que o feito de escribila e de enviala xa case parece que é un feito que pasou á historia, porque agora imos perdendo ese bonito tipo de comunicarnos, na que había que ter paciencia e agardar a que chegase a contestación da outra persoa; amais A SORPRESA, como neste caso, que procuramos que ese factor fose importante.

Graciñas CEIP de Atios, por colaborar con nós nesta fermosa actividade.

Estamos desexando recibir as vosas cartas!

Saudiños

10 de marzo

ZALVERZAS

Hoxe colaboramos no recreo creativo das 10:10 con Zalaverzas, o programa que aposta porque ata o venres 17 de marzo consumamos froita nos recreos. Comemos amorodos e noces.

Por unha vida saudable en galego!

10 de marzo

ACTIVIDADE CON ESTÍBALIZ ESPINOSA

O venres 10 de marzo tivemos a sorte de poder rematar a actividade que se comezara o curso pasado con 1º de Bacharelato. O alumnado de 1º ESO C asistiu a unha charla sobre a Poesía e a Astronomía. Despois o mesmo alumnado realizou poemas e Estíbaliz tróuxoos de novo para traballar con eles este venres.


Máis tarde 2º da ESO A realizou poemas relacionados con imaxes da Terra de satélite. A verdade que ata houbo alumnado que traía preparado algún poema sobre o Mar, ben bonito, e que se animou a presentarllo á autora, quen o leu e a partir de aí algún grupo realizou poemas. Os temas foron diversos: sobre as imaxes que Estíbaliz presentaba sobre a Terra, sobre o mar, ...

Unha actividade marabillosa, na que conxugamos varios temas e aprendemos moito.

Velaí algunha imaxe

Alumnado de 2º ESO A

Alumnado de 2º de Bacharelato A e B

21 DE MARZO DÍA DA POESÍA

ROTEIRO DA POESÍA

Hoxe o EDLG e co Club de Lectura do centro realizamos o ROTEIRO DA POESÍA POLA CIDADE VELLA para conmemorar este día. Contamos ademais coa compaña da poeta Olga Patiño. Partimos da rúa Papagaio e visitamos a cidade vella, recitando poemas en lugares emblemáticos desta zona.

Ademais 2º da ESO creou poemas en colaxes que temos expostos no taboleiro do primeiro andar.


INICIO DO ROTEIRO, NO PAPAGAIO, 

Recitáronse poemas relacionados con Luísa Villalta.

Olga Patiño recita.

Óscar presenta o acto e fai alusión á orixe do Día da Poesía e ao percorrido que se realizou neste día.

Poema de Luísa Villalta

Partimos deste punto onde están situados os poemas da poeta Luísa Villalta, no Papagaio, para comezar o percorrido poético.

A poeta, Olga Patiño, recitou un poema que lle dedicou a Luísa Villalta. Un poema para Luísa Villalta diante dos escritos por ela.

O alumnado estivo en todo o percorrido moi atento e participativo. 

Laura e Arantxa recitando un poema de José Saramago en portugués.


Sofía e Carolina recitando o poema Lela, de Castelao.

Na Real Academia Galega

e ... chegamos á Real Academia Galega

Olga Patiño na Real Academia Galega recitou poemas de Luz Pozo Garza.

Nuno recita cantando un poema de Rosalía de Castro.

De aquí seguimos ao antigo cárcere, á casa de Rosalía, á rúa Sinagoga, á praza da Fariña, á rúa Franxa, e rematamos á beira da casa onde viviu Murguía lendo as cartas que escribiu a Rosalía, ademais das respostas de Rosalía.


CASA DE ROSALÍA 

Casa de Rosalía. 

Antía e Lola recitan poemas de Rosalía.

Alumnado de 1º, 2º da ESO e profesorado recitou diante da Casa de Rosalía.

Amara e Laura recitan un poema de Olga Patiño na praza da Sinagoga, á beira da casa onde ela pasou a súa infancia. O poema amais lembra a infancia.

Na praza da Fariña

Alumnado de 1º e de 2º da ESO recita varios poemas na praza da fariña.

O profesorado en determinadas paradas indica cuestións concretas literarias e históricas ou de lugares concretos da cidade, como significados de prazas ..., ademais anima recitando. O protagonista do roteiro foi o alumnado. 

Realizamos unha parada perante a placa dedicada ás Irmandades da Fala na rúa da franxa.





E rematamos o Roteiro do Día da Poesía

Arantxa e Laura len cartas que se escribiron Rosalía e Murguía.



Graciñas a todas as persoas que participaron neste fermoso e agradable Roteiro do Día da Poesía e a Olga Patiño por acompañarnos.

FELIZ DÍA DA POESÍA!

TABOLEIRO DA POESÍA

TABOLEIRO DA POESÍA

O alumnado de 2º da ESO realizou o 21 de marzo poemas con colaxes moi orixinais. Algúns eran poemas que inventou o alumnado e outros eran de persoas escritoras galegas.

O resultado está na exposición do  taboleiro da poesía.

Algún dos poemas das colaxes da poesía.

ZalaReto 

DÍA DA POESÍA

Achegamos un ZalaReto relacionado co Roteiro da Poesía e co Día da Poesía e que teñen que ver co noso roteiro, aínda que se pode resolver sen participar no roteiro. 

Aquí á beira deixámosvos o enlace para que vos animedes.

Lembrade que na aula virtual do noso centro hai uns retos relacionados co Día da Poesía, animádevos a participar!

ZalaReto



E seguimos traballando polo galego...: estamos agora mesmo cos roteiros e preparando actividades para vós.

Animádevos a participar na promoción da nosa lingua e cultura!

ROTEIRO DA MULLER NA CIDADE DA CORUÑA 

2º DA ESO  

SEMANA DO 24 AO 28 DE ABRIL DE 2023

Nesta semana alumnado de todos os cursos de 2º da ESO participaron no Roteiro da muller na cidade da Coruña. Un proxecto que desde o EDLG xa hai uns cursos que vimos traballando. Houbo moito alumnado que participou na actividade, de distintos cursos, a todas as persoas que colaboraron: Parabéns!!!

O proxecto naceu en homenaxe á muller en relación co Día da muller, a intención foi a de afondar na visibilidade da muller no rueiro da cidade e coñecer quen eran, e abofé que o conseguimos!

Pescudamos sobre a vida e os feitos, a súa relevancia para a cidade, e as frases míticas que nos deixaron, ademais o alumnado realizou en debuxo a imaxe dalgunhas delas amais de audios con información sobre algunhas destas mulleres. 

O Club de Ciencia e Tecnoloxía, con Paz, organizando o traballo no mapa, foi un éxito, o alumnado con Paz plasmou a información en Google Earth e proximamente publicaremos este mapa.

Levamos catro cursos intentando organizalo ben e de xeito completo, agora sae do prelo, como quen di, en breve, e esperamos que vos sexa útil e que saibamos un pouquiño máis das nosas rúas e das mulleres que lles dan nome. Non sabemos delas, sabemos das súas orixes e familias e doutros moitos datos relacionados coa nosa cidade. Imos coñecendo a nosa contorna.

Hai máis puntos e paradas ca os que realizamos a pé, mais nesta ocasión fixemos o roteiro da contorna do centro con 14 paradas.

Escultura de Isabel Zendal (diante do IES Ramón Menéndez Pidal),

 Victoria Fernández,

 Adelaida Muro, 

María Casares, 

Teresa Herrera,

 Juana de Vega, 

Rosalía de Castro (diante do teatro Rosalía),

María Luísa Durán Marquina (relacionada coas irmandades, parada: diante da placa das Irmandades, rúa da franxa)

María Pita (na praza, diante da escultura)

María Barbeito 

Emilia Pardo Bazán (diante da Real Academia Galega)

Francisca Herrera

Rosalía de Castro  (diante da casa en que viviu, rúa Príncipe)

Isabel Zendal (na rúa á que lle dá nome)


Velaquí as fotos do roteiro:

Agradecemos a Patricia Cinza a súa compaña e colaboración en case todos os roteiros.

Agradecemos a Ana Regueira que nos acompañara no último roteiro.

Día do Libro

Nos recreos creativos alumnado realizou traballos simulando libros con frases célebres sobre o libro.


Alumnado de 1º de ESO realizando o roteiro da muller.

E seguimos co Roteiro da muller na cidade da Coruña

Nalgúns dos recreos creativos no mes de maio realizamos o Roteiro da muller nun cartón pluma, tendo en conta os lugares onde paramos no roteiro que realizamos a pé. 

Este traballo foi plurianual e este curso conseguimos rematalo, facer o roteiro a pé e imprimiremos un panel para que nos acompañe en futuros roteiros a pé do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.



LETRAS GALEGAS 2023

XINCANA DAS LETRAS GALEGAS

Celebramos as Letras Galegas realizando a Xincana das Letras, como en cursos anteriores, este curso tiña que ver co autora homenaxeado, Francisco Fernández del Riego. O alumnado tiña que buscar pistas nos paneis do expositor da entrada do centro e polo corredor da entrada, nas paredes, nas columnas, escaleiras...

Abofé que o alumnado se preocupou en ser o primeiro en rematar a xincana e ata houbo quen rematou a primeira pregunta, que era realizar un roteiro sobre o autor.

E nesta semana seguimos amais entregando marcapáxinas na entrada do centro sobre Francisco Fernández del Riego. Os marcapáxinas foron creados polo alumnado. Parabéns, que bo traballo!!!

E chegou o panel do Roteiro da muller na cidade da Coruña, o alumnado de 1º da ESO, neste final de curso, de EDLG e de Relixión, realizou o roteiro a pé. Neste caso cos paneis do logo do EDLG e do Roteiro da muller, neste caso foron colocando o nome das mulleres correspondente no plano. 


Panel do LOGO do EDLG

Con este panel promocionamos o equipo e as súas actividades.

CELEBRACIÓN DE FIN DE CURSO

No recreo creativo na aula A-B, de Polos creativos, celebramos o remate do curso desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

O alumnado que forma parte do EDLG leva unha mochila de agasallo polo seu traballo este curso. Ben merecida! Graciñas pola vosa colaboración. 

Feliz verán!!!!


ALUMNADO DOS RECREOS CREATIVOS COS MOCHILAS. AGASALLO DO EDLG DE FINAL DE CURSO.

CURSO 2023-2024

SETEMBRO

INICIAMOS O CURSO CUNHA MERENDA NA QUE COMPARTIMOS LECER E MERENDA NUN DOS RECREOS CREATIVOS

E... comezamos as xuntanzas nos Recreos creativos na aula de Polos creativos, ao lado da Biblioteca. Lembrade que é un espazo pensado para o alumnado, aínda que non pertenzas ao EDLG podes achegarte e participar das actividades do equipo, as actividades intentan tratar temas diversos de interese do alumnado, mais sobre todo formamos un equipo nos que coñecemos a persoas doutros cursos, realizamos obradoiros, organizamos actividades e o alumnado do EDLG colabora no desenvolvemento das ditas actividades ou, polo menos, dalgunhas, o elo sempre é o galego. Intentamos desfrutar e favorecemos sempre a integración de todas as persoas, a convivencia, así como a fraternidade, de certo que nas sesións de cursos anteriores a experiencia foi boa. O alumnado ademais ten unha función primordial. As actividades son propostas para axudar ao alumnado como persoas e promocionamos o galego.

Os horarios dos RECREOS CREATIVOS deste curso son:

LUNS 2º RECREO 12:10-12:30 horas

MARTES 2º RECREO 12:10-12:30 horas

Comezamos organizando actividades ...

E dámoslles a benvida a todas as persoas do equipo, amais comeza alumnado novo de varios cursos da ESO e a primeira persoa do alumnado de Ciclos formativos ...

OUTUBRO

O alumnado propón celebrar o Magosto e en varios recreos organizamos actividades relacionadas: escoitamos a canción do Magosto de Paco Nogueiras, organizamos un vídeo explicativo sobre como realizar un COLAR DE ZONCHOS, costume galego para celebrar o magosto, para guiar ao alumnado nas aulas. A palabra Zoncho xa a usaba Rosalía nos Cantares Gallegos:

Has de cantar 

que che hei de dar zonchos

has de cantar

que che hei de dar moitos

Rosalía de Castro

Ademais preparamos o Samaín, proposta de alumnado do EDLG dos Recreos creativos.

E celebramos o SAMAÍN á última hora da mañá do día 31 de outubro e o MAGOSTO pola tarde o 31 de outubro.

Pola mañá un grupo de persoas do EDLG  de 3º de ESO e de 3º de PDC levaron a Santa Compaña ás clases.

Pola tarde, alumnado de 1º de Bacharelato participou na organización dos equipos e persoas de 3º da ESO que veñen aos Recreos creativos colaboraron na segunda hora da tarde na organización dos XOGOS. Houbo ademais moito profesorado implicado na actividade. Graciñas a todas as persoas que axudaron a que esta dinámica de celebración tivera un bo termo.

Celebramos o Magosto con diversos xogos en que cada equipo ía cambiando cada 7 minutos, aproximadamente, por un dos espazos en que se realizaban os xogos, as persoas do equipo azul competía coas do equipo branco.

Parabéns a todo equipo colaborador!!!!

Aquí quedan algunhas fotos da actividade:

COLAR DE ZONCHOS

ALUMNADO NOS XOGOS NO MAGOSTO. SALTO AO CORDEL.

SAMAÍN SANTA COMPAÑA

NOVEMBRO

#ZALACANCELO CONCURSO 2023-2024

Comezaremos este mes nos RECREOS CREATIVOS organizando a promoción do CONCURSO do #Zalacancelo deste curso que ten que ver co BENESTAR, ide cavilando ... Isto o luns

IOGANDO EN GALEGO

O martes estaremos no recreo comezando co proxecto de EDLG que pretende apoiar ao Equipo de Convivencia e a Orientación, porque ao final cada equipo pode funcionar en conxunto para chegar ao alumnado e unir traballos. Nesta ocasión queremos desde o EDLG axudar a que o noso alumnado estea mellor, a que teña benestar emocional, enlazamos co tema do #Zalacancelo, porque desde  o EDLG vimos dando moita importancia desde sempre á convivencia e a que o alumnado se sinta ben. A actividade que comezamos este curso é IOGANDO EN GALEGO, momentos de ioga respiratorio unha vez ao mes, e a música de fondo será galega.

Animádevos a participar, sabedes que aquí estamos para axudarvos e mellorar o BENESTAR EMOCIONAL.


Segunda sesión de Iogando en galego, nesta ocasión escoitamos unha cantiga de Santa María, a verdade é que está funcionando ben. Animádevos a participar.

PREMIOS DE #ZALACANCELO

Parabéns!!!!

Parabéns ás persoas gañadoras, Xoana Balirac Calvo (na categoría de ESO) e Mauro Varela Prieto (na categoría de Bacharelato e Ciclos).

Graciñas a todas as persoas que participastes no concurso e as persoas que colaboraron votando. Seguimos fomentando o galego e a través del as calidades, os valores ... (tema deste concurso este ano), tan importantes no día a día, coa vosa axuda conseguímolo. 

E agora a poñelo en práctica, os zalacancelos acompañarán as mensaxes desde as reces sociais deste curso e ademais axudarán a sentirnos ben e a gozala vida, como propoñen as persoas gañadoras do certame, dentro dos valores e calidades persoais das que falamos nas bases do certame.

Persoas gañadoras do Concurso de #Zalacancelo 2023

Zalacancelos gañadores:

#Sentímonosben

#GoZALAvida




CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Xa temos as postais deste curso.

O xoves 21 de decembro entregamos os premios e as postais das persoas gañadoras e os das persoas que participaron. Graciñas a África, Benjamín, Dereck, Oni, Yasmín e Xiana que foron as persoas anfitrioas que colaboraron na entrega de premios a todas as persoas.

Coas postais queremos desexarvos un Bo Nadal e unhas moi felices festas, lembrando os nosos #zalacancelos deste curso: #sentímonosben e #GoZALAvida.




Postais 2023

RECREOS CREATIVOS

Comezamos coas actividades nos recreos creativos, seguimos coa actividade Iogando en galego. Paseniño, en que realizamos actividades de ioga unha vez ao mes para colaborar coa Comisión de Convivencia para que grazas ao ioga respiratorio acompañado de música galega de cada etapa histórica, todo o centro poida ter a oportunidade de relaxarse e desconectar un pouquiño para conseguir benestar e beneficios que repercuten en todas as persoas do centro.

DÍA DA PAZ 

E de momento preparamos ao Día da Paz e realizamos unha pombas, baseándonos da pomba da Paz que Picasso realizou, a historia do símbolo da pomba e a relación con Picasso. Finalmente colocamos unha rede na entrada do centro onde colocamos as pombas que realizamos nos recreos creativos.

Aquí está o loureiro do xardín do noso centro. Hoxe non puidemos estar no xardín do interior do patio, debido a que a palmeira que sempre estivo aí, está a perder folla, está a desaparecer por mor da larva, picudo vermello.

FELIZ ANINOVO!

Comezamos o día 8 de xaneiro e xuntámonos nos Recreos creativos no horario de sempre: luns e martes nos segundos recreos, respectivamente.


Animádevos a participar nas actividades do EDLG e nos recreos creativos!

MERENDAS CON ISABEL ZENDAL 18 de xaneiro, 3º PDC CEE María Mariño

Comezamos esta actividade no mes de xaneiro, o día 18, o alumnado de 3º PDC DA eso compartiu unha actividade co alumnado do CEE María Mariño. Explicouse mediante un xogo de preguntas e respostas sobre esta personalidade, recordamos quen foi e que fixo, todo arredor dunha merenda na que compartimos un fermoso tempo con persoas doutro centro que nos explicaron anteriormente cómo se coloca unha malla no horto. 

É unha experiencia compartida en que todas as persoas aprendemos e na que nos relacionamos con outro alumnado, coñecemos ao alumnado do CEE María Mariño e a verdade é que xa formamos un equipo que comparte distintas sabedorías, horto e Isabel Zendal foron o noso saber compartido este día.

A maiores 3º PDC realizou un programa de radio en que tratou este tema e no que se converteron en auténticas persoas profesionais da radio.


MERENDAS CO CEE MARÍA MARIÑO 18 de xaneiro de 2024



ENTREVISTA PARA A RADIO DO IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL

Enlace na páxina web do CEE María Mariño

Levamos varias sesións participando no centro desde 3º PDC co grupo de alumnado do CEE María Mariño en que nos ilustran co seu traballo no horto e o que fan (forma parte dunha actividade en que colaboran o Departamento de Bioloxía e o Club de Ciencia), nós quixemos comezar con este grupo as merendas con Isabel Zendal para ir promocionando en colaboración ás actividades da Semana da muller e a nena na ciencia que comezan a partir do 5 de febreiro no noso centro. A merenda foi un éxito.


FALANDO SOBRE O HORTO DO NOSO CENTRO E APRENDENDO

APRENDENDO SOBRE ISABEL ZENDAL E MERENDANDO

MERENDAS CON ISABEL ZENDAL 6 de febreiro de 2024 con Cruz Vermella 

para celebrar a Semana da muller e a nena na ciencia no noso centro

MERENDAS CON ISABEL ZENDAL invitamos á Cruz Vermella

Unha experiencia fermosa na que todas as persoas aprendemos algo. A actividade foi moi proveitosa. E continuamos preparando a do mes de marzo, na que invitamos a outro centro da cidade.

Alumnado do IES Menéndez Pidal formulando as preguntas do xogo: A ver se acertas, Díxome-Díxolle, sobre Isabel Zendal

A verdade é que o grupo prestou moita atención, porque acertaron todas as preguntas.

O ALUMNADO DO EDLG PRESENTANDO A ACTIVIDADE

FOTOS DIANTE DA ESCULTURA NAS MERENDAS CON ISABEL ZENDAL

Alumnado do EDLG que participa nos Recreos creativos teatralizou de xeito sinxelo a vida de Isabel Zendal e máis tarde realizamos un xogo coas persoas que asistiron ao acto acompañadas coa Cruz Vermella.

NA MERENDA 

Sabela e Saída relatan en primeira persoa as vivencias de Isabel Zendal acompañadas dun grupo de alumnado que simulan ser os nenos da expedición da varíola.

Sabela interpretou o papel de Isabel Zendal ata os 13 anos e Saída o que cumpriu desde os 20 anos e que ten que ver coa expedición da vacina da varíola.




MERENDAS CON ISABEL ZENDAL

E seguimos coas merendas...


Equipos nos xogos de tarxetas

MERENDAS CON ISABEL ZENDAL CO CEIP ZALAETA DA CORUÑA

 11 de marzo de 2024

O 11 de marzo realizamos a seguinte merenda con Isabel Zendal, esta vez co alumnado de 4º de primaria do CEIP de Zalaeta e abofé que foi un éxito, realizamos a presentación da figura de Isabel Zendal, cando o alumnado teatralizou a súa historia, a continuación o alumnado do CEIP Zalaeta forumou dous equipos para o XOGO DE TARXETAS DE ISABEL ZENDAL, DÍXOME-DÍXOLLE, e a verdade é que estiveron atentísimas todas as persoas cunha participación activa, levaron de agasallo unha merenda que celebramos na cafetería do noso centro e na que gozamos dunha xornada de convivencia con auga, un pequeno bocadillo e comida saudable, unha mazá que levaron.

As fotos correspondentes atópanse antes.

Agasallamos ao CEIP Zalaeta cun marcapáxinas que Águeda de Lorenzo Izquierdo decorou co gallo das Merendas con Isabel Zendal.


ROTEIRO DO DÍA DA POESÍA 22 DE MARZO DE 2024

Despois de varios recreos creativos ensaiando e grazas ao entusiasmo das persoas que participan no roteiro hoxe saímos de roteiro co lema:

Paseando cos versos

Saímos con persoal da ANPA, María Xosé Bravo e Olga Patiño

Velaquí o cartel que nos acompañou


Atopamos un ramo na casa de Rosalía, parecía ser un agasallo, terá que ver con que onte foi o Día da poesía?

Aquí tivemos unha maior parada, recitou Nuno o poema Agora cabelos negros ... e ademais festexamos cun grupo de alumnado animando con instrumentos musicais: Olaia e Cloe coa pandeireta, Nuno coa gaita.

PROXIMAMENTE COLOCAREMOS OS VÍDEOS CO RECITADO DE POEMAS EN TODOS OS PUNTOS EN QUE RECITAMOS.

Graciñas a todas as persoas que colaboraron e que participaron no recital e parabéns polo voso entusiasmo e traballo para gozar desta celebración.

PARABÉNS!!!!

BOAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

ROTEIRO DÍA DA POESÍA 

PASEANDO COS VERSOS

REPORTAXE FOTOGRÁFICA


COMEZANDO O ROTEIRO DIANTE DOS VERSOS DE LUÍSA VILLALTA COLOCADOS POLA ASOCIACION ALEXANDRE BÓVEDA NOS CRISTAIS PRETO DO NOSO CENTRO, LUGAR PAPAGAIO, POEMAS DEDICADOS Á CIDADE E AO PAPAGAIO

PRESENTAN O ACTO: Nuno García Pena, Laura Aradas Martínez, Carolina Basanta, danlles paso ás persoas que representan a ANPA e que recitaron os poemas de Luísa Villalta.

Presenta Carolina as persoas que recitaran no Campo da Leña: María Xosé Bravo, Olaia Castro Souto e Cloe López García

María Xosé Bravo presenta e recita un poema manuscrito que a Asociación Alexandre Bóveda conserva de Luísa Villata e que nos ofrece hoxe María Xosé amosando unha referencia á autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

María Xosé diríxese ao alumnado explicando que representou Luísa Villalta e ilustrándonos cos coñecementos que ten da autora e da súa obra.

María Xosé recita o poema de Luísa Villalta.

Laura Aradas Martínez presenta a Olaia Castro Souto e a Cloe López García que recitan un poema en portugués de LUIS DE CAMOES.

Olaia Castro Souto e Cloe López García recitando o poema en portugués.

RECITANDO EN MARÍA PITA

Nuno García Pena presenta a Sofía Fernández Brage e a Águeda de Lorenzao Izquierdo. Sofía recita un poema de Lino Brage e Águeda de Lorenzo un poema de Henrique Rabuñal que o autor lle escribiu a Luísa Villalta.

Na Igrexa de Santiago Adela Abella recita Chove en Santiago de García Lorca

Adela recita o poema.

Na Real Academia Galega Olga Patiño Nogueira, despois de ser presentada por Laura Aradas Martínez e de realizar a autora unha fermosa e emotiva presentación do que representa este acto para ela, recitou un poema do libro Ruído de Luísa Villalta, que é moi especial para Olga.

Diante da casa de Rosalía de Castro Nuno recita un poema de Rosalía. Preséntao Carolina.

Arantxa Calvete Eirís e Laura Aradas  Martínez recitan un poema de Rosalía.

Nuno, Olaia e Cloe amenizan con música o acto, igual que ao longo do recital.

Acto musical diante da casa de Rosalía.

PRAZA DA FARIÑA

CASA DE ROSALÍA DE CASTRO, ALÍ REALIZAMOS UNHA HOMENAXE MUSICAL AMENIZADA CON INSTRUMENTOS MUSICAIS POR OLAIA CASTRO SOUTO, NUNO GARCÍA PENA E CLOE LÓPEZ

Na praza da fariña Arantxa, Xoana e Nuno recitan un poema de Apollinare en francés.

RECITADO DE POEMA A SIR JOHN MOORE E POEMA DE ROSALÍA DE CASTRO

NOA VILLAVERDE (EN INGLÉS), SOFÍA FERNÁNDEZ E LUCAS PONCE RECITARON O POEMA DE ROSALÍA

Durante o acto o alumnado do EDLG de 1º da ESO que nos acompañou encargouse de promocionar o acto cos carteis impresos e os folletos coa organización do roteiro. 

Graciñas a todas as persoas que nos acompañaron, á ANPA, ao alumnado, ao profesorado colaborador, aos departamentos que colaboraron na preparación, inglés e francés.

XOIAS DE PAPEL

Lembrade que hoxe, 16 de abril, remata o prazo para que presentemos os libros que son xoias de papel para nós, como nos din desde a Biblioteca do noso centro, para conmemorar o día do libro.

A actividade supón traer un libro ao centro e cubrir unha ficha que podedes recoller na Biblioteca do instituto, nesta ficha hai que indicar, ademais dos datos da persoa que entrega o libro, a explicación de que ese libro sexa especial para esa persoa, cos libros realizarase unha exposición.

Animádevos a participar!


FÁLAME GALEGO

Onte, luns 15 de abril, comezamos coa actividade FÁLAME GALEGO, estade atentas todas as persoas, xa que durante os Recreos creativos, a partir de agora e ata finais de curso, é probable que alguén vos pida que lle faledes en galego. O equipo dos Recreos creativos do EDLG é quen promociona esta actividade durante os recreos creativos, onte xa tocou na sala de profesorado e na secretaría no centro, ademais de máis persoas que atopamos polos corredores.

DÍA DA CIENCIA NA RÚA

O 4 de maio, sábado, participou o EDLG no Día da Ciencia coas actividades: 

-Merendas con Isabel Zendal, promovida polo EDLG, o alumnado teatralizou en varios momentos promovendo a figura de Isabel Zendal. O Departamento de Tecnoloxía colaborou co EDLG dando forma ás nosas tarxetas e plastificándoas. O Departamento de Bioloxía, relacionado co tema da vacina realizou unha exposición, con quen compartimos mesa, sobre a vacina da varíola.

-Roteiro da muller na Cidade da Coruña, realizado polo EDLG e dixitalizado (e co código QR de acceso engadido este curso) por Paz Freire. 

Radio CUAC FM entrevistounos.

Retomamos o inicio do Roteiro a pé o curso pasado co alumnado de 2º da ESO e que Paz Freire engadiu no blog Zalatecno:

Roteiro da muller na cidade da Coruña.docx

MERENDAS CON ISABEL ZENDAL 7 DE MAIO

O 7 de maio celebramos a última merenda con Isabel Zendal programada polo EDLG para o curso 2023-2024.

O alumnado relizou a teatralización diante da figura de Isabel Zendal perante o noso centro, nesta ocasión o alumnado que asistía e invitado é alumnado do EDLG do IES Salvador Madariaga da cidade da Coruña. Foi unha xornada de convivencia entre os dous centros ben agradable. Despois repartimos a merenda e saímos para o Balcón Balmis, alí o alumnado do EDLG do noso centro lembrou quen foi Balmis e porque se chama así o Balcón, realizouse o xogo de tarxetas de Isabel Zendal formando dous equipos co alumnado invitado; despois merendamos e rematamos a xornada da merenda.

Ilustración realizada por Ruth de 3º PDC para O Roteiro da muller e que  accedeu a que aparecese en cada tarxeta do XOGO DE MERENDAS CON ISABEL ZENDAL

Alumnado participando no Xogo de Isabel Zendal no Balcón Balmis

20240507_120521.mp4

11 DE XUÑO ROTEIRO POETA DÍAZ PARDO

O Club de Lectura e Biblioteca invitaron ao alumnado dos Recreos creativos do EDLG, de 1º e de 2º da ESO, a participar en Guitiriz do último roteiro, polo momento, sobre o poeta Díaz Pardo na súa terra natal, recibíronnos no IES Díaz Pardo de Guitiriz e despois fomos ao roteiro na vila do poeta.

Unha xuntanza de convivencia moi boa, arredor do noso, da nosa lingua e literatura.

Graciñas pola invitación.

20240507_113502.mp4

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA 15 DE MAIO

Varias persoas do alumnado do EDLG participou na celebración do Día das Letras Galegas o 15 de maio de 2024 co recitado de poemas de Luísa Villalta no acto convocado pola Universidade da Coruña no Paraninfo, de certo que é un espazo ben fermoso. Abofé que o alumnado se esmerou e o fixo de marabilla. Parabéns polo voso esforzo!

O alumnado que participou no acto, de esquerda a dereita: Sofía Fernández Brage, Nuno García Pena, Laura Aradas Martínez, Lucas Ponce Varela, Adela Abella Ponte e Saída Bueno Fernández del Campo.

PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO, non só neste acto, senón durante todo o curso no EDLG e nos Recreos creativos, polo vosos entusiasmo e dedicación!

E ata nos permitiron sentar na mesa presidencial.

En concreto _ selección 1.pdf

En concreto, recitáronse os poemas deste libro.

Parabéns!!!!

Bonita celebración!!!!

XINCANA DAS LETRAS GALEGAS 17 de maio

A nosa Xincana, que desde o EDLG levamos preparando para que dun xeito lúdico durante estes días se poida realizar, está preparada para arrancar, este curso incluímos algunha proba máis artística, animádevos a participar. A exposición dos paneis está na entrada do noso centro. Ollo que vos poden preguntar nalgún momento algo sobre Luísa Villalta, a autora homenaxeada.

E así, seguimos aprendendo cousiñas desta autora tan prolífica.




DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024


IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

XINCANA DAS LETRAS GALEGAS LUÍSA VILLALTA

L- Onde cursou os seus estudos primarios?

U- Cando naceu?

Í- Con que asociación participou?

S- Cando comezou a súa primeira paixón pola música?

A-Como se chama a súa obra de 1999?

 

V- Cando publicou Concerto para un home só?

I-Obra de Luísa Villalta que comeza por S?

L-Que obra ten no seu título a palabra “chaves”?

L-Na biblioteca anotade tres versos dun poema da autora e ao final da Xincana recitarédelos en grupos de dúas persoas diante da exposición.

A-Pregúntalle a alguén que pase polo corredor: Onde foi profesora? De que materia?

L-Nome do premio da Universidade da Coruña que leva o seu nome.

T- Cal é o tema central da obra En Concreto? Realiza un debuxo dese tema e colócao no cristal da exposición da entrada. Hai unha pista nalgún lugar preto da exposición.

A-Que dúas cousas defendeu sempre? As dúas palabras atópanse escritas xuntas nalgún lugar da entrada do centro.


ACTIVIDADE S8 na Domus, sesión de cinema 20 de maio

Hoxe, luns 20 de maio un grupo de alumnado de 3º de ESO dos Recreos creativos do EDLG asistiron á sesión S8 de Cinema na Domus, á actividade invitounos o Club de Lectura, en premio ao alumnado que colabora constantemente no EDLG e nos Recreos creativos. Agradecementos ao Club de Lectura.


O alumnado prestou moita atención, e houbo mostras que estaban relacionadas coa nosa contorna


LECTURAS COMPARTIDAS CO CEIP ZALAETA

28 de maio de 2024

O EDLG desde os Recreos creativos comezamos este programa de Lecturas compartidas co CEIP Zalaeta na Biblioteca do centro, o alumnado do EDLG de 3º da ESO, quen está a colaborar en todas as actividades deste curso de maneira moi participativa, preparou a para alumnado de 3º de primaria do CEIP de Zalaeta a lectura de Primavera das Letras relacionada con Luísa Villalta, quixemos aproveitar a homenaxear e axudarlles a coñecer a figura desde o conto que a Real Academia Galega nos ofrece desde a súa páxina e abofé que foi ben axeitada a actividade, porque desfrutamos miúdos e miúdas, así como maiores. O certo é que non hai idade para poder desfrutar dun conto e máxime que ten que ver coa autora da nosa cidade. 

Ao rematar a actividade acompañamos ao alumnado ata o seu centro e volvemos. Houbo unha relación moi especial entre as persoas dos dous centros. De feito contamos con poder realizar máis actividades en común o curso vindeiro.

 

FINS DE MAIO-XUÑO

E seguimos promocionando Fálame galego, Aquí tamén se fala; preparando no coro cancións de noso; Iogando en galego; realizando a Xincana das Letras Galegas; ... PROMOCIONANDO O NOSO IDIOMA, DESDE OS RECREOS CREATIVOS. Seguimos pedindo que nos falen en galego no centro, que nos conten historias, contos ...

GRACIÑAS A TODO O ALUMNADO QUE SE SEGUE A IMPLICAR EN CADA SESIÓN E ACTIVIDADE E A TODO AQUEL QUE NON PERDE UN DÍA.

E non esquezades que a lingua galega serve para falar de todo!!!! 

É de noso lembrar estes últimos días: FÁLAME GALEGO!!!!


Graciñas pola vosa colaboración ao longo deste curso, e para o curso que vén continuaremos fomentando actividades a prol da nosa lingua.

FELIZ VERÁN, SEGUIMOS PROMOCIONANDO O NOSO LEMA: FÁLAME GALEGO.