Proxectos e memorias do

EDLG 

 

MEMORIA DO

PROXECTO DE FOMENTO DE USO DO GALEGO

CURSO 2019-2020

 

IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL   A CORUÑA

 

 1.Introdución

Neste curso 2019-2020, en setembro, constituíuse no centro o Equipo de Dinamización da Lingua galega (en diante EDLG)- aínda que xa anteriormente se realizaban actividades relacionadas coa promoción do galego- e durante o mes de setembro vivimos un interese de moitas persoas entre o profesorado e o alumnado, así como de persoal non docente, que quixeron formar parte do EDLG, e ao longo do curso realizamos moitas actividades. Das expostas no proxecto e fomento de uso do galego non se pudieron rematar algunhas das propostas, durante o estado de alarma algunhas non foron posibles, mais procuramos continuar realizando actividades desde a casa como os Recreos creativos, adaptámolos á nova situación e chamámoslles Recreos creativos desde a casa, a celebración do Día das Letras Galegas, o Día da Poesía, etc.

2. Compoñentes do EDLG do IES Ramón Menéndez Pidal:  Integrantes do EDLG

Neste curso 2019-2020 formamos parte do equipo 8 persoas entre profesorado e persoal non docente, ademais hai un amplo número de alumnado interesado en participar e formar parte do Equipo de dinamización lingüística do centro. Procurouse que estivesen representados todos os grupos que compoñen a comunidade educativa (profesorado, alumnado e persoal non docente). O actual EDLG está integrado por:

PROFESORADO

María Helena López Blanco (profesora de Ciclos formativos)

Elena Maseda Ferreiro (profesora de Ciclos formativos)

Ramón Otero Moreira (profesor de Lingua castelá e literatura)

Nuria Pérez Castelo (profesora de Ciclos formativos)

Andrés Vázquez Figueiras (profesor de Bioloxía e Física e Química)

María Dolores Vilariño Suárez (profesora de Lingua e galega e literatura)

María Josefa Castro López (coordinadora do Equipo de dinamización lingüística e profesora de Lingua e literatura  galega)

PERSOAL DE SERVIZOS

Roberto Gayoso Nieto

ALUMNADO

Brian Blanco Gómez (1º ESO)

Nicolás Sánchez Pazos (1º ESO)

Xiana Souto Regueiro (1º ESO C)

Juan Darío Castro Mateo (2º ESO B)

Pablo Mallo Ferrer (2º ESO A)

Lucía Oreiro Vázquez (2º ESO B)

Noa Villaverde García (2º ESO B)

Carla Varela Coto (3º ESO A)

Miriam Salgado Freire (4º ESO)

Houbo moitas persoas interesadas en participar en actividades concretas co EDLG que non formaban parte do Equipo de dinamización da lingua galega.

 

3. Obxectivos do proxecto de fomento de uso do galego. Obxectivos de dinamización lingüística.

Obxectivos de dinamización lingüística:

Conseguíronse en tódalas actividades que se pudieron realizar. A verdade é que o EDLG naceu como tal este curso 2019-2020, como diciamos, e cunha ampla participación do profesorado e do alumnado nas actividades propostas no centro, ademais da ANPA e do persoal non docente. Intentouse incluír, na medida do posible, a todos os entes e persoas que participan no centro. Ademais da moi boa participación nas actividades, a promoción da lingua galega estivo sempre presente e en moi diversas actividades ao longo do curso. Durante o estado de alarma quixemos seguir achegando o noso grao de area e organizamos actividades para realizar desde a casa.

A promoción da lingua estivo e está presente, un dos obxectivos que tiñamos, sen deixar de lado os outros, era o de desbotar prexuízos, sobre todo no alumnado, debido a que desde o profesorado que forma parte do EDLG xa se visualizaban, especialmente en Ciclos formativos, prexuízos de cara ao galego, e en persoas galego-falantes. O punto álxido foi o Magosto, onde o alumnado de maior idade, de Ciclos formativos, compartiu actividades de lecer co de menor idade do centro, como, por exemplo, ao xogar ao Tira da corda, intre moi bonito e conseguido o obxectivo: o alumnado galego-falante xoga co alumnado de menor idade na súa lingua, o galego, dando exemplo, e sen prexuízos, ademais compartindo, malia as diferenzas de idade.

a.     Obxectivos Xerais

Consideramos que os obxectivos pudieron conseguirse nas actividades que se realizaron.

Os nosos obxectivos xerais foron:

• Incrementar o nivel de uso oral do galego entre o alumnado e o profesorado e intentar que quen fale e use o galego siga crendo na súa lingua e que é unha lingua de comunicación en todos os ámbitos, desbotando prexuízos.

• Intentar que o alumnado que é galego falante desbote os prexuízos que poida ter de cara ao galego e aprenda que é unha lingua que serve de comunicación como calquera outra e en calquera ámbito facendo posible que use a lingua galega dentro dos usos comúns e cultos da lingua.

• Conseguir a valoración positiva da nosa lingua como idioma configurador de identidade persoal e colectiva.

• Conseguir que o alumnado e o profesorado consideren o galego como lingua de cultura.

Intentar acabar coa diglosia que identifica o uso da lingua galega só en determinados ámbitos e contextos sociais (normalmente os menos valorados socialmente).

Facer sentir á comunidade escolar que a lingua propia de Galicia permanece viva só se é vehículo de comunicación “normal” na comunidade.

Elevar a autoestima lingüística do alumnado a través de actividades que dignifiquen e potencien a valoración social e cultural do seu propio idioma.

• Promocionar a lingua galega como elemento cultural e de crecemento e como medio que nos identifica e nos caracteriza e diferenza sempre dentro do respecto.

b. Obxectivos específicos

Os obxectivos específicos foron aqueles que se concretaron en actividades; conseideramos que os conseguimos todos nas actividades propostas e realizadas durante o curso, salvo o que considerábamos de realizar carpetas para os ordenadores da sala de profesorado con material, a conexión co profesorado realizouse directamente aclarando as dúbidas que xurdían no mesmo intre, foi un xeito máis directo de traballar, de todas as formas, para o vindeiro curso probablemente se procure levar a cabo a constitución de carpetas nos ordenadores para o profesorado: tivemos por obxectivos:

•       Colaborar para que o galego siga sendo a lingua de uso da administración no centro.

•       Motivar e axudar ao profesorado castelán-falante a que use a lingua galega.

•       Promocionar a lingua galega como lingua de comunicación, de prestixio e como propia.

•       Crear hábitos de lecto-escritura e de oralidade en galego que axuden a superar as lagoas do alumnado nestas dúas áreas.

•       Conseguir que o alumnado se sinta seguro falando en galego en todos os ámbitos e contextos sociais.

•       Evitar o desequilibrio existente na actualidade entre o nivel de uso oral e de uso escrito entre alumnos e alumnas establecendo uns parámetros de igualdade a través da promoción coa axuda do Departamento de Lingua e literatura galega.

•       Conseguir un mellor dominio da norma estándar da lingua galega, tanto por parte do persoal docente como por parte do alumnado.

•       Procurar unha maior proximidade entre a realidade cultural do alumnado e do profesorado.

•       Mellorar a autoestima cara á nosa lingua.

•       Conseguir que o alumnado deixe de valorar a lingua como lingua de incultura e como lingua propia desprestixiada e a faga de uso habitual, se non o é, e non relegada a ámbitos concretos e máis cotiáns.

•     Conseguir que o alumnado coñeza mellor a súa lingua en distintos niveis e rexistros de lingua apoiándose nas distintas actividades e situacións.

•       Facer chegar ao alumnado toda a información precisa relacionada coa lingua galega: concursos en lingua galega, lexislación, información.

•        Distinguir os niveis lingüísticos do galego e saber escoller o rexistro adecuado para cada contexto.

•      Facilitarlle ao alumnado toda a información precisa para poder estar ao día da actualidade da lingua galega e do contexto lingüístico xeral.

•      Ofrecerlle ao profesorado toda a información precisa para manterse actualizado con respecto ao material que precisa ou demanda no tocante á lingua galega: lexislación, documentación, manuais, información..., mesmo creando arquivos e carpetas nos ordenadores da sala de profesorado para que sexan accesibles para cada profesor/a.

•       Interrelacionarse co contorno a través do idioma galego, actualmente o vínculo máis directo e eficaz nesta comunidade.

4. Medidas tendentes á consecución dos obxectivos previstos

•        Implicación e participación do profesorado en xeral na organización, seguimento e consecución do plano de actividades de dinamización lingüística presentadas neste proxecto.

•       Organización flexible do alumnado colaborador para a posta en práctica das iniciativas propostas, facéndolles o acceso á colaboración doado e intentando que sexan promotores das actividades que poidan (dar avisos, …).

•       Solicitude á ANPA e outros axentes sociais (Concello, asociacións culturais e veciñais...) de colaboracións puntuais. Difusión dos logros obtidos por todos e todas a través de cantas vías se nos presenten: taboleiros (pantallas do centro, especialmente a da entrada, entre a Secretaría e a Direcció, onde se visualiza por todo o alumnado e profesorado, xa que é vía de paso común ou próxima para o alumnado cara ás aulas, nos recreos...) postos e identificados co súa autoría correspondente, gañadores/as de concursos...), publicacións, comunicacións ao contorno social (cartas aos pais, invitacións ao concello...), pequenos actos ou cerimonias de carácter interno (entregas de premios, festivais, recitáis, ...), etc.

•        Visita e estanza do noso alumnado en todas cantas actividades poidan iniciar, desenvolver ou axudarlle a acadar inquedanzas de tipo artístico ou sociolingüístico relacionadas co idioma galego.

•       Apoio da dirección e do profesorado á materialización do proxecto que o centro elaborou para o presente curso académico.

 5. ACTIVIDADES. Actividades que se desenvolveron de dinamización lingüística durante o curso.

O Equipo de Dinamización Lingüistica realizou un amplo número de actividade e colaborou e participou noutras realizadas por outros departamentos, plans e proxectos, … Procurou implicarse totalmente na vida do centro e en todas aquelas actividades que tiñan que ver con celebracións anuais establecidas no Calendario escolar do curso 2019-2020 e con aqueloutras específicas do centro ou de actividades e celebracións concretas programadas neste proxecto ou xurdidas ao longo do curso; cómpre dicir que o EDLG se adaptou a novas situacións e procurou sempre estar activo e participativo na actividade diaria do centro.

Cómpre facer constar que contamos con todos os departamentos do centro para a realización das distintas actividades. O importante é que todas as actividades que se fixeron serviron para mellorar e coidar o uso da nosa linguae aprender moitas cousas de distintos eidos.

Traballouse, na medida do que se puido, naquelas actividades de centro en colaboración con Actividades extraescolares, Biblioteca, Club de Lectura, Club de Ciencia e Orientación, o EDLG traballou moi a fondo no Plan Proxecta de innovación en dinamización lingüística, así como con todos os membros do centro. A Dirección implicouse sempre totalmente e  á par, para facer posible que se puidesen levar a cabo todas as actividades propostas, agradecemos desde aquí ese apoio constante.

A. No centro

5.1. Actividades que se realizaron con motivo de celebracións relacionadas cos temas transversais e outras festividades:

Setembro

Benvida do curso 2019-2020

Comezamos o curso dando a benvida ao centro desde o EDLG e desde a cortiza da entrada do centro co lema: EN GALEGO PODES, soñar, cantar, pensar... e xa avisando dos primeiros certames, neste caso de monólogos, que chegaran ao centro, o do Tíralle da lingua, no cal houbo moita participación e interese desde o alumnado do noso centro.

Arrinca ademais con este lema o Equipo de dinamización da lingua galega do IES Ramón Menéndez Pidal, xa que non estaba constituído como tal anteriormente. Posteriormente desde as redes sociais publicouse un vídeo con todos os traballos que se realizaron e que tiveron que ver con este lema, engadímolo nos links publicados durante este curso.

Iniciamos o curso coa actividade EN GALEGO PODES, como diciamos, desde o taboleiro da entrada do centro: invitamos ao alumnado a reflexionar e a animámolo a falar en galego e a que non sinta vergoña nin medo por falalo. Despois o alumnado especificaba nunha palabra ou frase o que pode facer ou xa fai en galego. En Instagram publiocuse un vídeo cos traballos realizados polo alumnado, o que anunciábamos antes. A idea foi ir cambiando os textos de lugar para que polo centro, nos taboleiros, puidesen visualizar que a lingua é un medio de comunicación e que serve para empregala en calquera ámbito. A implicación foi excelente por parte do profesorado do EDLG, e do alumnado do centro, así como do centro en xeral. En realidade é unha actividade de reflexión que conecta coas actividades do EDLG ao longo do curso e cos obxectivos indicados fundamentalmente.

 

O LEMA foi o dunha actividade que se levou a cabo co alumnado desde comezos de curso, na que indicaron moi brevemente, a partir deste lema, que fai cada persoa en galego. Actividade que serviu de reflexión desde o alumnado e desde o profesorado, tivemos unha visión de conxunto, sobre todo, do uso do galego e en qué contextos e circunstancias se utiliza, fundamentalmente, por parte do alumnado.

Cando se rematou a actividade, pois interviu todo o alumnado do centro, desde o EDLG publicouse o vídeo cos traballos que o alumnado fixo e o resultado estivo e está colocado nas redes do centro, como é o Instagram.

Un primeiro vídeo cos traballos:

O enlace do vídeo é:

En galego podes

•       https://www.instagram.com/p/B3wxsclorAM/?igshid=4lorym36ofhw

A continuación amosamos a fotografía da BENVIDA AO CURSO co enlace no Instagram: 


 Estamos configurando o Equipo de Dinamización da Lingua Galega para este curso. Gustaríanos contar coa túa axuda, anímaste? Se estás   interesado ou interesada, pregúntanos. Todo pequeno esforzo é un gran paso para dar vida á nosa 👅

 𝘋𝘦𝘴𝘧𝘳𝘶𝘵𝘢𝘳𝘢́𝘴 𝘤𝘰𝘮𝘱𝘢𝘳𝘵𝘪𝘯𝘥𝘰 𝘦 𝘱𝘢𝘳𝘵𝘪𝘤𝘪𝘱𝘢𝘯𝘥𝘰 𝘥𝘦 𝘪𝘯𝘵𝘳𝘦𝘴 𝘣𝘰𝘯𝘪𝘵𝘰𝘴 𝘦 𝘢𝘤𝘵𝘪𝘷𝘪𝘥𝘢𝘥𝘦𝘴

 #EDLG #iesramónmenéndezpidal #lingua #linguagalega #colabora

•       https://www.instagram.com/p/B2ou8XhCvw4/?igshid=1p4cv6q8uqmnw

Durante todo o curso escolar

Plan Proxecta de innovación en dinamización da lingua galega:

Colaboración no Plan Proxecta de innovación en dinamización da lingua galega (convocado pola Xunta de Galicia). Achégase unha addenda ao final desta memoria.

A temática: Desde Zalaeta para o mundo: abrindo mares e montes. A idea fundamental era que o alumnado coñecese, promocionase, investigase, a nosa lingua e no noso, a nosa cultura, costumes, …, desde Zalaeta e para o mundo, traballando o ámbito do mundo mariñeiro e o do mundo rural. Desde un coñecemento de investigación, cara a unha difusión desde a aprendizaxe e o uso da lingua galega.

Traballouse en colaboración co Plan Proxecta desde o EDLG en todo momento, mais, sobre todo, nas actividades RECREOS CREATIVOS E RECREOS CREATIVOS DESDE A CASA, así como na de AS REDES QUE NOS UNEN E A LINGUA DE NAMORAR.

Outubro

Comezamos desde o inicio do curso a preparar certames como o do Tíralle da lingua, nos recreos o alumnado exponía os seus traballos.

 

Xincana do Día Europeo das Linguas

Consistiu en colocar por todo o centro preguntas e, por separado, as respostas correspondentes; a temática era a relacionada cos linguas europeas e que o alumnado se mergullase en cuestións relativas a este tema. Cando unha persoa atopaba resposta e pregunta debería entregarlla ao EDLG e recibían un premio que consistiu en gorras e mochilas con lemas en galego do Correlingua.

A actividade foi exitosa porque sobre todo o alumnado do primeiro ciclo de ESO estivo moi involucrado.

ies.zalaeta

 Hoxe 26 de setembro celébrase o Día Europeo das Linguas. Desde o EDLG propóñenvos participar na Xincana das Linguas Europeas. Tes    as bases na segunda foto. É moi sinxelo participar, anímate!

 #DíaEuropeoDasLinguas #EDLG #iesramónmenéndezpidal

O enlace da actividade no Instagram é:

Día Europeo das linguas

•   https://www.instagram.com/p/B24djLKiO_x/?igshid=rvcf87dukgx4

As persoas gañadoras foron: Juan Darío Castro Mateo, Antía González-Dans, Leire Guevara Román, Brais Hathiramani Barrán, Lucía Oreiro Vázquez, Miguel Trigo Fernández e Noa Villaverde García.

Outubro:

Concurso de CANCELO para o lema en galego nas redes sociais. ZALAHASHTAG.

Realización de cancelos en galego que teñen que ver con Zalaeta (o IES) e o mar ou as travesías marítimas. Foi un éxito a participación do alumnado e a implicación do profesorado do EDLG, así como a colaboración de todo o centro. Involucrouse dun xeito moi dinámico e participativo, no concurso e votación, foi moi boa e o feito de ter que realizalos en galego fai que se promocione a lingua dun xeito lúdico e académico desde as redes do centro, axudou a promocionar moito e ben a nosa lingua. Os cancelos gañadores apareceron nas publicacións desde as redes sociais, como o Instagram, durante todo o curso.

 

Finalistas do concurso:

·       ies.zalaeta

FINALISTAS #ZALAHASHTAG:

Estes son os #hashtag seleccionados para cada categoría. A votación terá lugar o vindeiro luns a través de Instagram Stories. O martes publicarase o gañador resultante da votación. Estade moi atent@s!

#zalahashtag #IESRamónMenéndezPidal

 

CATEGORÍA ESO, BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS DO CONCURSO #ZALAHASHTAG:

#PeixesDeMoitoCoidado

Alumna: Mariña C. S. (1º ESO A).

 

 

CATEGORÍA BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS#ZALAHASHTAG:

#ÚNETEÁONDA

Alumna: Belén M.G. (1º Xestión de vendas e espazos comerciais).

 

A partir de aquí, durante todo o curso apareceron os dous cancelos gañadores, os das dúas categorías, ESO, por unha banda e Bacharelato e Ciclos formativos pola outra, o da ESO e o que corresponde con Bacharelato e Ciclos formativos, neste caso resultou ganador o de ciclos formativos, diciamos que apareceron ao pé das novas do IES Ramón Menéndez Pidal no Instagram.

ENLCES das publicacións e avisos en Instagram:

Proceso de deliberación de concurso de cancelos

https://www.instagram.com/p/B36qOLmo3Yx/?igshid=bcyaq8ss1n4p

Finalistas de concurso de cancelos para o Instagram

•       https://www.instagram.com/p/B4ArTIjotpl/?igshid=1ogtq8o6n01c1

Premios de zalahahstag, premio de cancelos

•       https://www.instagram.com/p/B4MfVNlouUv/?igshid=mm8m1osaro7r

Samaín coa Biblioteca

Consistiu na elaboración de relatos de Samaín en galego, que continúan un texto que "supostamente" apareceu na biblioteca do centro. A participación foi grupal, escolleuse un texto por aula para participar no concurso e despois un xurado do centro elixiu un relato finalista. A participación foi moi boa e os textos de calidade. A implicación de todo o centro creando textos en galego fixo que a actividade fose moi interesante. Durante a festividade do Magosto entregáronse os diplomas que recibiro as persoas gañadoras do concurso.

Novembro:

Festividade do MAGOSTO: 20 de novembro de 2019

Foi o primeiro magosto que se celebrou no IES Ramón Menéndez Pidal, e foi un éxito, houbo unha implicación excelente e a diversión estivo garantizada. Interesouse en participar todo o centro e dun xeito organizado. Celebrouse en novembro realizando a organización de xogos populares, desde o Pavillón onde Conchi, a nosa compañeira de Educación física organizaba os equipos e xogos interiores, xunto co apoio do profesorado implicado, e a implicación de todo o EDLG e do profesorado do centro e Dirección e Vicedirección, ata o Patio cuberto, onde Eva e Tono repartían as castañas e os doces que trouxera o alumnado de 4º da ESO (e que anteriormente Eva e mais Maria axudaran a preparar), ademais de recoller as papeletas para obtelo; Tono encargouse da música que tocaba de fondo para a festa, coa colaboración de Isabel, sen faltar a do Magosto de Radio Bulebule; por outra banda tivo lugar a entrega de premios do Concurso de cancelos do Instagram, do Club de lectura de Samaín e das persoas participantes no Tíralle da lingua, cremos que é moi importante entregar nos concursos que se celebren, cando menos, un diploma acreditativo por participar. Chegou Sergio Gallego, o vendedor de castañas que desde 1960 está co seu carriño de castañas na rúa Real da Coruña. A lingua vehicular foi o galego nos documentos, nas fichas para acceder ás castañas, …

Esta festa pretendemos que fose un momento de encontro do alumnado e persoal docente e non docente do centro, un intre que tardaremos en volver desfrutar deste xeito, debido á situación que estivemos a vivir, de estado de alarma, e de precaucións actuais, como corresponde.

 

ies.zalaeta

O mércores 20 de novembro celebraremos o Magosto no instituto. Haberá castañas, xogos populares, e doces preparados por alumnado de 4 da ESO. Estes días o Equipo de Dinamización da Lingua Galega está pasando polas clases para informarvos da organización. Nos recreos de mañá venres e do luns debedes pasar pola aula AB para reservar as vosas castañas e/ou doces. Non vos esquezades! #IESRamónMenéndezPidal #Magosto #PeixesDeMoitoCoidado #ÚneteÁOnda

Link do anuncio da celebración do Magosto :

•   https://www.instagram.com/p/B42UxLGoES2/?igshid=1hp9uc9bwa9yg

Link do vídeo da celebración do Magosto no centro:

·       https://www.instagram.com/p/B5Ue9sZIBdL/?igshid=1krssw3f2hj9q

Debuxando coas palabras

Alumnas de 1º e 2º da ESO nos Recreos creativos (xoves de 12:10 a 12:30 horaS NA AULA A-B) debuxaron palabras con caligramas a partir do apartado LOITA do libro Crónicas dunha avelaíña de Lorena Álvarez Martínez, que nos facilitou o noso compañeiro David. Os traballos expuxéronse no tableiro do EDLG.

Imaxe e link do anuncio da actividade no Instagram

https://www.instagram.com/p/B5L2EhhoUoe/?igshid=1gxpjsc6gn489

Traballos realizados expostos no taboleiro:

 

25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O alumnado realizou caligramas e acrósticos, así como poemas visuais partindo de poemas que tratan esta temática. Realizáronse nos Recreos creativos no centro.

Achegamos fotos das actividades nos RECREOS CREATIVOS, xoves de 12:10 a 12:30 no centro.

Novembro-decembro: realización da Rosa dos ventos

Na entrada do centro pensabamos en colocar unha Rosa dos ventos zalaética (que recordase os hábitos saudables do centro) ideada por Concepción García, profesora de Educación física e de hábitos saudables, e organizada en canto á impresión por Ramón Pasandín, profesor de plástica, ademais contábamos coa colaboración Inditex para a impresión. A rosa dos ventos quedaría instalada entre as catro columnas que hai na entrada do centro e nesas columnas, co permiso da Dirección, instalaríanse unhas redes de pesca onde o alumnado podería realizar tarefas de campo sobre o galego e o mundo marítimo, así como sobre outros ámbitos relacionados. Pretendeuse que se mergullasen no léxico galego desde un punto de vista divertido. Esta actividade, que conectaba co Plan Proxecta e coas Redes que nos unen e unha lingua de namorar, non puido rematarse, non puido exporse no centro e colocarse porque cando se ía realizar a elaboración en panel da Rosa e a colocación das redes, tivemos que paralizar os proxecto por mor da pandemia. Soamente puidemos comezar a colocar algunhas redes na Biblioteca e traballar co alumnado.

Achegamos un vídeo que realizamos cun bosquexo inicial da Rosa dos ventos zalaética, insistimos en que é inicial e bosquexo, que xa se tiña organizada e pensada, co tema de hábitos saudables no centro, por iso ROSA DOS VENTOS ZALAÉTICA, é un bosquexo porque non ten que ver co que sería o proceso final, en canto a produto rematado.

 

Tíralle da lingua: 28 de novembro

Desde o EDLG animamos ao alumnado. Este participou (de xeito voluntario) na edición deste curso 2019 no Tíralle da lingua. O día 4 de novembro recollemos os textos e o 8 comezamos coa selección (só poden ir dous -individuais e/ou grupais- por nivel). Cómpre dicir que houbo moito interese entre o alumnado por participar. Nos recreos realizáronse ensaios para poder preparar o RELATO ORAL. As persoas gañadoras foron concursar a Santiago de Compostela o día 28 de novembro co seu relato oral. Houbo moitas persoas interesadas en participar e de todos os niveis educativos: ESO, Bacharelato e Ciclos formativos e divertíronse e pasárano moi ben.

Achegamos anteriormente as fotos do alumnado de primeiro ciclo da ESO que participou no certame.

VÍDEO DA ACTUACIÓN NO TÍRALLE DA LINGUA

VÍDEO DA ACTUACIÓN NO TÍRALLE DA LINGUA


Alumnado de Ciclos formativos

Alumnado de segundo ciclo da ESO participando no certame, alumnado de 4º da ESO:

 Decembro: Postais de Nadal

A tradición de escribir postais de Nadal vaise perdendo e queremos retomala. Escribíronse postais de Nadal en galego e implicamos ao alumnado e a todo o persoal do centro. Realizouse un concurso. Realizáronse, ademais, desde as aulas de ESO, barcos de papel e outros obxectos de papiroflexia para acompañar a árbore e os bos desexos de Nadal.

Desde Instagram publicouse a postal gañadora e desde o centro utilizáronse para felicitar o Nadal.

Considerouse un accesit, o xurado así o considerou dada a calidade que había no certame.

Ademais implicouse a ANPA no xurado.

 

 

POSTAIS GAÑADORAS e EXPOSICIÓN COAS POSTAIS QUE PARTICIPARON NO CONCURSO

De esquerda a dereita:

Accésit, 2º premio e primeiro premio.

 

 Ademais aproveitamos estas datas para ir pensando nas cartas ás CASAS DE GALICIA de diversas partes do mundo, pretendemos comunicarnos en galego e que nos envíen información, se poden, sobre a promoción de produtos galegos e lugares con denominacións galegas. Esta actividade non se puido rematar, comezouse, realizáronse as cartas, mais non pudieron enviarse, por mor do estado de alarma.

 

Fotografía coa exposición realizada na entrada do centro con todas as postais que participaron no certame.

 

Xaneiro:

Certame de monólogos cómicos do Concello da Coruña

Contabamos participar, había moito alumnado interesado, mais non se celebrou este curso académico.

Febreiro

Entroido

Colaboramos coa celebración do Entroido e, como diciamos, segundo o que se realizase en común no centro. Colaboramos na participación, organizou o centro e a Biblioteca, formamos parte dun grupo de profesorado disfrazado no centro.

 

14 de febreiro: Infinitas razóns para amar a miña lingua

Cada persoa buscou unha palabra bonita en galego, relacionada co amor (en xeral) unha palabra que lle recorde a alguén que quere, unha palabra que utilice, que queira reflectir e despois realizarase con todas elas un vídeo. Non se realizou o vídeo porque a actividade non se puido rematar polo estado de alarma. No vídeo que presentamos no Instagram aparece o alumnado traballando coas palabras fermosas.

Vídeo do Plan Proxecta

·       https://www.instagram.com/tv/CBDfHTEg810/?igshid=181vwz9y33uvq


Día de Rosalía

A actividade que se pensara nun comezo non puido realizarse, mais si tivemos en conta este día e realizamos unha actividade nos RECREOS CREATIVOS DESDE A CASA, tendo en conta o Día de Rosalía cunha actividade de creación dun roteiro pola cidade da Coruña desde a casa, en que se parte da Casa de Rosalía de Castro na cidade na súa parte antiga.


30 de xaneiro: Día da paz. A PAZ NAS NOSAS MANS.

A actividade que se realizou finalmente foi: cada alumno/a pintou a silueta dunha das súas mans e tendo en conta o lema escribían un lema dentro da man, acompañado dun debuxo relacionado. Para animalos no anuncio publicouse un acróstico:

Pódese

Adiante

Zalaeta

Que conmemora a PAZ. Traballouse nos Recreos creativos e na clase de Lingua Galega e Literatura.


8 de marzo: Día internacional da muller traballadora.

Traballouse nos Recreos creativos, enlazando coa temática anterior, de elaboración de instrumentos, realizaron con paus de madeira en forma de persoa, diferentes mulleres.


22 de marzo:

Día da Poesía

Desde a casa realizáronse caligramas, logo expuxéronse no Instagram do centro. Despois antes do Día das Letras Galegas con eles animamos a participar na celebración do día.

 ies.zalaeta

Comezamos a semana das 'Nosas Letras', e facémolo amosándovos uns poemas visuais que varios profes do instituto fixeron para o Día da Poesía, que se celebrou o 21 de marzo, ao inicio do confinamento.

{Colaboran: Nuria, María Xosé, Jorge Javier, Conchi e Flor}

#IESRamónMenéndezPidal #PeixesdeMoitoCoidado #ÚneteÁOnda

 

Dia das Letras Galegas

 

ies zalaeta

Desde o EDLG precisamos da túa colaboración...Queremos festexar o Día das Letras Galegas, e por iso que mellor xeito que lendo entre todos e todas! Pedímosche que nos leas unhas verbas dun libro que teñas en galego, e nos envíes esa nota de voz a zalaeta.media@gmail.com, indicando nome, curso, título e autor/a. A duración non debe superar os 20 segundos. Queremos unha frase breve, que transmita, que signifique algo para ti. Entre tod@s faremos algo moi bonito 😊 Data límite para a entrega: mércores 13 de maio. #IESRamónMenéndezPidal #PeixesdeMoitoCoidado #ÚneteÁOnda

Letras Galegas. Vídeo.

·       https://www.instagram.com/tv/CASNf8AIhxa/?igshid=z09n1duabhga


ACTIVIDADES EDLG-CICLOS FORMATIVOS

Aínda que o alumnado de ciclos formativos participa de actividades propostas neste proxecto, esta é a proposta de actividades específica, que se pode levar a cabo durante o curso a maiores ou en conxunto co resto do centro, se cabe a opción.

SOCIOLINGÜÍSTICA NA FP

Deseño dun cuestionario que cubrirán os diferentes grupos de ciclos formativos, coa análise de datos. 1ª avaliación.

OS ESTEREOTIPOS NO GALEGO

Preguntar en diversos grupos que estereotipos teñen sobre o galego, que os comentene argumenten, e compartir nas redes sociais eses estereotipos de xeito gráfico.

POR QUE FALO GALEGO?

Entrevistas a persoas que falan galego nas que expliquen porque falan galego e como se senten falándoo.

PALABRAS FERMOSAS EN GALEGO (a nivel de centro)

O alumnado proporá palabras que lle gusten en galego, irá pegándoas polos corredores e iranse publicando os significados de cada unha nas redes sociais.

Desde ciclos formativos realizáronse, ademais da colaboración no resto das actividades, as seguintes:

O TRANSPORTE EN GALEGO POLO MUNDO

Traballaron o mundo do mercado en canto ao transporte e tránsito que ten o noso, o galego, polo mundo. Esta actividade estivo organizada por Helena Maseda. Os productos do mercado galego sobre os que investigaron foron:

A castaña, Luís Ángel García Rodríguez e Ángel Haz Mato.

 A Rosaleira, Nerea Domínguez e Miguel López.

Algas galegas, Nicolás López e Esteban Martínez

Bonilla, Cristian Fernandez Pintor e Benigno Areosa Riotorto.

Castañas, Raquel Teinel e Marta Pan.

Estrella Galicia, Diego Pereira e Verónica García.

 

Exportación de viños galegos, Ángel Cao Rego e Virginia Varela Pazos

 Inditex,  Adriana Losada e Lorena Mosquera.

 O polbo, realizado por Carla Pazos e Alicia Rodríguez.

Crema de licor, Pablo Aradas e Sergio Vázquez

Calvo, Simón Ríos e Isabel Caaveiro.

 

 O MERCADO DA CIDADE DA CORUÑA

Visitáronse os mercados de Santo Agustín e da Praza de Lugo. Foi unha experiencia de moita aprendizaxe, sobre todo para o alumnado de Ciclos formativos, esta actividade estivo organizada por Nuria Pérez Castelo.

Actividades organizadas para o recreo

Os xoves no segundo recreo na aula A-B tiveron lugar estes currunchos temáticos. Desde a convocatoria do estado de alarma seguimos traballando desde a casa cos:

Recreos creativos desde a casa

Achegamos todas as actividades que constan publicadas na páxina web e que se anunciaron desde o Instagram.

"Recreos creativos, desde a casa" 

Actividade da semana do 23 de marzo.

EDLG

 Primeiramente desde o EDLG queremos dicirvos que esperamos que esteades ben. Son días diferentes, mais desde a casa podemos seguir coas actividades.

 

Actividade:

A semana pasada tivemos festivo, aínda que desde a casa, e esta semana retomamos os recreos creativos do EDLG e do Proxecto de innovación en dinamización lingüística.

O xoves día 12 de marzo deixamos a creación de instrumentos para facer  unha parada no camiño e  comezar a preparar as palabras fermosas en galego escollidas por todo o centro na semana do 14 de febreiro de 2020.

A actividade desta semana consiste en seguir a da última sesión:

1) Escolle unha palabra das que hoxe ofrecemos: 

forza, peixe, aperta, quérente, familia, irmandade, fervenza, castiñeiro

2) Prepara un folio, un lapis e unha goma, ademais dos lapis de cores, acuarelas, rotuladores e todo o material de cores que teñas.

3) Escribe a palabra como máis che guste, podes facer un debuxo con letras dobres e queda moi ben se lle engades un debuxo ou debúxas coas letras unha figura que teña que ver co tema.

4) Garda o teu traballo e envíao antes do venres 27 ás 18h ao seguinte enderezo: titoria4@gmail.com.

Este traballo aproveitarémolo para o Proxecto As REDES QUE NOS UNEN E A LINGUA DE NAMORAR.

Ata a próxima semana e moito ánimo.

EDLG

ROTEIRO DA MULLER

Enviado por Zalaeta o Lun, 20/04/2020 - 13:24

·        Curso 2019-2020

·        Equipo de Dinamización Lingüística

Primeiramente, dicirvos que esperamos que vos atopedes moi ben, con ánimo e pensando en positivo. 

 A semana anterior, antes de irnos de vacacións, deixámosvos desconectar dos recreos creativos, coa finalidade de que tivésedes menos actividades, dado que non queremos atafegarvos desde o EDLG con máis traballo, recordade, esta actividade é para axudarvos a desfrutar de actividades do EDLG desde o lecer creativo, é como un recreo desde a casa, non son deberes, co cal podedes facelo en calquera momento ao longo da semana ata o xoves que vén e despois enviarnos ese traballo feito, se queredes, ao cal vos animamos, que seguro que quedan marabillosos eses traballos, o que si é seguro é que serán realizados con moito entusiasmo e agarimo, como cando estabamos no centro. 

Estes 20 minutos de recreo desta semana consistirán nun roteiro, relacionado coa muller, un roteiro que se comezou a organizar nas aulas relacionado co Plan Proxecta de innovación en dinamización lingüística e con terceiro da ESO. Hoxe nós imos facer unha parte do que se realizou na aula recordando á muller con el e partindo de casas de mulleres escritoras e outros lugares de referencia.

 A proposta é:

 ROTEIRO DA MULLER

 1) Prepara o material necesario para tomar nota: lapis, goma, lapis de cores, acuarelas e pincel..., aquilo que vexas que vai axudar a mellorar o resultado, porque imos trazar en papel o roteiro.

 

2) Primeiro partiremos da Casa de Rosalía de Castro, na cidade vella, e moi preto da Praza da Fariña, a actual Praza de Azcárraga. Marcamos este punto no roteiro e poñemos o nome de Rosalía de Castro, debuxamos a imaxe de Rosalía ou a dun libro dela, o que queirades, senón debuxadas en letras bonitas as do nome da escritora.

 3) Despois trazamos unha liña en direccion á Casa de Francisca Herrera, ao lado da de Rosalía e, aproveitamos a marcar esta parada de camiño á Praza da Fariña. Aquí escribimos o nome con letras bonitas e debuxamos algo que identifique a Francisca Herrera, se podemos, senón o nome.

 4) Trazamos outra liña desde o punto anterior e baixamos da Praza da Fariña á Real Academia Galega, na rúa Tabernas.

Aquí debuxamos a porta co indicativo de Real Academia Galega.

 5) Trazamos unha liña desde a Real Academia Galega, ten nome feminino, e cómpre facer unha parada aquí para lembrar a todas as mulleres escritoras e a todas as mulleres, despois debuxamos o porto da Coruña, para refrescarnos co mar e os barcos, despois trazamos outra liña cara aos Cantóns e paramos diante da escultura de Emilia Pardo Bazán, debuxamos a escultura ou, con letras bonitas, poñemos o nome de Emilia Pardo Bazán, rodeada de árbores.

 Este roteiro pretende facer un percorrido pola nosa cidade para ademais coñecela, o roteiro da muller, e podedes incluír aquelas mulleres que queirades cando rematedes este roteiro, a idea é poder viaxar desde a casa, cando o rematedes podedes telo de man para pasear desde a casa cando precisedes. 

 

Esperamos que sigades ben.

 

Semana do Libro

Enviado por Zalaeta o Xov, 23/04/2020 - 11:42

Esperamos que esteades ben.

Desexámosvos un Feliz día do libro.

Este ano desde a casa celebrámolo e como os xoves nos reuniamos no segundo recreo na aula A-B, neses "recreos creativos" hoxe imos desde a casa realizar ese recreo recreativo, que sirva para "respirar" e coller forzas.

 

A actividade de hoxe vai fiar coa anterior proposta, a que tiña que ver co roteiro de mulleres escritoras, especialmente.

 

ACTIVIDADE DO DÍA DO LIBRO

EDLG e Plan Proxecta de innovación en dinamización da lingua galega

 

Imos realizar un MINILIBRO en galego.

 

1) Prepara unha cartolina, da cor que queiras, a que máis che guste, e, se non tes cartolina, un folio, de cor, ou branco; se non fose posible, un cartón ou papel que poidas utilizar, mesmo que queiras e poidas reciclar, iso si, que non estea escrito.

 

2) Dobra o material (cartolina, folio, ...) á metade, despois volve dobrar á metade e así sucesivamente, ata catro dobras; en resumo, dóbrase á metade 4 veces.

 

3)  Suxeita o lateral que está pechado, como se for o lombo do libro, é dicir, que non se pode abrir, e recorta todas as partes que quedaron xuntas, que queden páxinas pequenas unidas só por un  lateral; como  un libro en pequeno.

 

4) Na primeira páxina, como nos libros, ponlle título ao teu libro.

 

5) Escribe unha palabra en cada páxina, fiando unhas coas outras, de xeito que ao ler todas as páxinas teñamos unha historia, a túa historia e completes o teu libro.

 

6) Cando remates, no roteiro da tarefa anterior, o ROTEIRO DA MULLER, sitúa no plano, nos Xardíns de Méndez Núñez, fronte ao Kiosco Alfonso, aproximadamente, un punto máis, o da escultura en homenaxe ao libro. Igual pasara desapercibida, mais está alí, nun lugar que recorda o recollemento que invita a ler.

 

7) Pecha os ollos, pensa que estás diante desta escultura e le o teu minilibro, o que acabas de realizar.

 

8) Agora, co teu roteiro á man, pensa no lugar onde che apetecería pararte a ler e imaxínate lendo neste lugar, prepara o teu libro favorito e le imaxinándote neste punto do roteiro. Se non está ese punto da cidade no roteiro anterior, o lugar onde queres parar, anótao no roteiro. Pouco a pouco este roteiro vaise ampliando en relación con dous temas que camiñan á par: o libro e a muller.

 

Pretendemos viaxar imaxinariamente desde a casa, neste tempo de confinamento, e saborear os nosos libros preferidos neses lugares emblemáticos para nós. Viaxar imaxinando, como facemos lendo, desde a casa.

 

A lectura, de feito, é unha viaxe imaxinaria.

 

Esperamos que vos fixese desfrutar a actividade. Cando rematedes podedes e, de feito, invitámosvos, a enviar o resultado a titoria4@gmail.com.

 

Graciñas

 

Ánimo e FELIZ DÍA DO LIBRO

 

EDLG ZALAETA

 

 Colaxe: facemos un maio.

Enviado por Zalaeta o Xov, 21/05/2020 - 08:57

Semana do 22 ao 28 de maio

 

EDLG e Proxecto de innovación en dinamización lingüística

 

Ola

Esperamos que sigades ben. Desde o EDLG enviámosvos moitos saudiños.

 

Esta semana imos realizar unha colaxe dun maio.m. Faremos un maio en colaxe.

 

Actividade:

1) Colle un soporte que teñas e o que prefiras para realizar unha colaxe: cartolina, cartón, folio, a tapa dunha caixa, mesmo podedes decorar unha caixa que teñades (de cartón ou de metal...).

2) Fai recortes de letras de xornais ou revistas de onde poidas recortalas, así como anacos de feltro, se tes, botóns, aquel material que che pareza axeitado para decorar o maio e do que poidas dispor.

3) Agora imos compoñelo, xa temos o soporte e o material, agora realizamos o maio:

Trátase de realizar unha colaxe con versos que creen un maio coas letras escollidas e á vez un maio de flores decorando os versos.

Organiza os teus recortes, e anacos de teas..., que puideches conseguir, e, antes de pegar, coloca as pezas como vaias pegalas e, cando estean como desexas, pégaas. O maio colaxe está rematado.

 

O material que teñas de refugallo pódese aproveitar.

 

E cando estea realizado enviádeo antes do 28 de maio a titoria4@gmail.com.

 

EDLG

IES Zalaeta

  

Os maios

Enviado por Zalaeta o Lun, 04/05/2020 - 09:05

Semana do 4 ao 7 de maio

 

EDLG e PLAN PROXECTA EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

 

Esperamos que sigades ben.

Esta semana realizaremos unha actividade que fía cos maios. Para iso imos lembrar primeiro como se celebran e cando.

 

OS MAIOS

Está a chegar o mes de maio, nalgúns lugares de Galicia, especialmente no sur, o primeiro domingo de maio celébrase a Festa dos Maios, que anuncia a despedida do inverno e dá a benvida á primavera.

E con maio veñen as pezas de maio e os maios de flores que se realizan en moitos lugares de Galicia para esa destividade. Ademais, achegan ledicia e ritmo, as composicións poéticas, e alegría e creatividade, os maios de flores.

Ademais do nome do mes, MAIO fai alusión a:

1) Construción vexetal elaborada con materiais tradicionais: madeira, sacos de esparto, musgo, xestas, flores silvestres...

 

Hai dous tipos: os tradicionais e os artísticos.

 

2) Copla ou cantar na que se utiliza a retranca e a ironía. 

 

Nas festividades dos maios, á vez que se leva polo lugar o maio de flores os nenos e as nenas van cantando o maio, copla.

 

Imos achegar a nosa colaboración e primeiro imos ver as dúas primeiras estrofas do poema que se titula así, O MAIO, de Manuel Curros Enríquez, escritor do Rexurdimento, que podes escoitar mesmo musicada:

 

O MAIO

Aí vén o maio

de flores cuberto...

Puxéronse á porta

cantándome os nenos;

i os puchos furados

para min estendendo, 

pedíronme crocas 

dos meus castiñeiros.

 

Pasai, rapaciños, 

calados e quedos,

que o que é polo de hoxe

que darvos non teño.

Eu sonvos o probe

do pobo gallego:

Pra min non hai maio,

pra min sempre é inverno...!

 

(...)

 

O poema comeza cunha estrofa costumista e dá paso á denuncia da situación dos labregos.

 

Agora nos recreos creativos realizaremos un maio, copla ou cantar.

Actividade:

1) Consiste en buscar un tema.

2) Cando o teñas claro pensa no que queres transmitir no teu maio.

3) Vai elaborando cada verso coa información, buscando a rima da copla.

Se queres escoitar ou ver algún podes en Youtube atopar varios das festividades celebradas outros anos en Galicia, por exemplo Pontevedra ou outros que podes atopar.

3) Cando o teñas realizado envíao ata o xoves 7 de maio a titoria4@gmail.com.

Se queres envialo en vídeo cantando desfrutamos da túa creatividade, podes acompañalo de instrumentos, vestido ou vestida para simular a festividade... E proba a cantalo.

Desde a casa pódese celebrar o maio.

 

Vai preparando o teu maio de flores, será a próxima actividade de Recreos creativos desde a casa..

 

Boa semana 

EDLG

  

Maio Zalaético

Enviado por Zalaeta o Ven, 08/05/2020 - 07:26

Actividade do 8 ao 24 de maio

 

Esperamos que esteades ben.

Seguimos coa celebración dos maios esta semana e agora realizaremos un maio de flores desde a casa.

Co que haxa na casa: un bote de cristal, dous pauíños se madeira cruzados en forma de árbore ou mesmo, calquera figura que queirades.

1) Realízase a estrutura co material escollido: bote, botella, de plástico ou de cristal.

2) Dáselle a forma da figura que queredes construír.

3) Adornádeo con flores, de papel, porque é máis complexo que sexan naturais, neste momento.

Despois poñede outros adornos que se vos ocorran e que poidades utilizar.

 

Mesmo serve despois de decoración na casa, aí temos o noso maio zalaético. Cando rematedes podedes enviar unha foto do maio de flores. Se queredes gravar o maio que realizastes para cantar e acompañalo do maio floral, xenial, para traballo é completo para celebrar os maios. Despois podedes envialo ata o 14 de maio a titoria4@gmail.com.

 

Graciñas

EDLG

Homenaxes a Ricardo Carballo Calero

Enviado por Zalaeta o Dom, 17/05/2020 - 18:13

Semana das Letras Galegas 

(do 15 ao 21 de maio)

Plan proxecta de innovación en dinamización lingüística e EDLG

 

Ola de novo

Estamos na semana da festa das nosas letras, na do Día das Letras Galegas, e, aínda que se realizaron varias actividades, procuraremos homenaxear desde os recreos creativos a Ricardo Carballo Calero.

Esta semana haberá dúas opcións para escoller:

 

- Diario visual literario de Ricardo Carballo Calero. Recóllense 5 obras del, recóllense 5 citas, unha de cada obra elixida, moi breves, e logonengádeselles un debuxo sinxelo que acompañe a obra a cada cita; despois colocámolo todo xunto a xeito de diario, o diario da nosa semana das letras.

 

- A outra opción, como estamos na casa, imos facer unha simulación do autor lendo a obra del que se queira, é dicir, elixirase unha foto del, de novo, de maior, e logo intentarase buscar a roupa que simula esa foto, co que se poida, non é un disfraz, é unha simulación, e tomarase en serio, logo lerase un pouquiño dalgún libro del. Despois grávase en vídeo a simulación e a lectura, ou, se non se pode, faise en foto e envíase.

 

A opción escollida enviarase ata o xoves 21 de maio a titoria4@gmail.com.

 

Aquelas persoas que desexen facer as dúas opcións non hai problema, ao contrario.

Lembrade que esta actividade de Recreos creativos, igual que todas, pretenden axudarvos a seguir aprendendo de xeito lúdico, á vez que descansades da actividade académica, non se quere engadir máis traballo.

 

Graciñas pola vosa participación en todas as tarefas do EDLG e do Proxecto de innovación en dinamización lingüística con tanto interese.

 

**NOTA: aínda que enviamos as actividades con prazo dunha semana, normalmente hai actividades, como a do maio, que podedes continuar a facelas, porque aínda estamos no mes no que se celebran os maios. O importante é que as actividades vos sirvan para facer uns descansiños na casa, como se fosen recreos, e facer as actividades de tipo lúdico nas que se aprende.

 

EDLG

IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL

 

Semana do 28 de maio ao 11 de xuño

Enviado por Zalaeta o Xov, 04/06/2020 - 11:51

Bo día

Esperamos que sigades moi ben.

Estamos en xuño e, nas últimas semanas de curso, imos deixarvos varias tarefas para que, ao igual que faciamos no recreo creativo da semana, o xoves, poidades, neses intres que precisedes recuperar folgos e realizar outras actividades, ter opción, por iso imos deixar dúas semanas.

Como sempre podedes enviar as tarefas que teñades a titoria4@gmail.com. Esperamos que vos resulten prácticas para realizar e descansar dun xeito divertido, lúdico e aprendendo. Aquí van as opcións para estes días:

1) Retomando unha idea que nos achegou un compañeiro voso de 2º da ESO, e que pertence ao equipo, ao EDLG, colle un pano de mesa e realiza unha figura, imos deixar voar a imaxinación, aquilo que vos apeteza e que che guste. Seguro que realizades figuras moi orixinais, podedes inventalas e logo engadídelles nun papel o nome do obxecto en galego.

 2) Agora que xa se pode saír á rúa ímosvos pedir que vos fixedes nos nomes de rúa que teñen orixe ou o nome en galego, intentaremos memorizar catro ou cinco e, ao chegar á casa, realizaremos unha busca do tesouro; faremos un plano e nel colocaremos as rúas que memorizamos nun folio, cada un dos nomes pegaranse nese folio cun papel máis pequeno e só se pega pola parte de enriba, é dicir, como unha lapela, para poder colocar debaixo o tesouro, logo agocharemos debaixo o nome do tesouro, que será algo que represente a esa rúa, unha escultura que haxa alí, unha praza, etc... Finalmente poderedes xogar con outras persoas, e, a ver se adiviñan que tesouros hai agochados en cada rúa.

 3) Calquera tarefa das semanas anteriores que queirades facer e que non puidestes facer antes, e vos apeteza, podedes entregala aínda nestes días.

Graciñas pola vosa colaboración

EDLG E PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL

Fin de curso

Enviado por Zalaeta o Xov, 18/06/2020 - 07:24

·        Curso 2019-2020

·        Equipo de Dinamización Lingüística

EDLG E PLAN PROXECTA DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Chegamos a fin de curso e desde os recreos creativos do EDLG queremos despedirnos dándovos as grazas pola vosa ilusión e capacidade de traballo que tivestes  desde a casa.

 

Nesta última actividade, no centro duraría 20 minutos, queremos realizar un resumo do que cadaquén queira representar do vivido nestes meses de atrás e o que está a vivir, tendo en conta o positivo do aprendido: coidados das persoas maiores e de todas, o coidado do medio natural, o valor das cousas realmente importantes, etc.

Poderase representar en galego: nunha colaxe, nun poema, nun videopoema, un audio, nun texto literario, nun caligrama, nun debuxo, nun texto en prosa ou en teatro.

A representación terá un lema en galego: un título en galego que resuma estas vivencias.

Podedes escoller calquera das actividades das semanas anteriores: minilibro, caligrama, ..., para realizar esta actividade.

 

Queremos despedirnos desde o EDLG dándovos os parabéns e as graciñas por participar durante todo o curso nas actividades do EDLG e durante estes meses desde a casa.

 

Graciñas e feliz verán.

 

EDLG

IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL

 

5.2. ACTIVIDADES CONVOCADAS FÓRA DO CENTRO

Animamos ao alumnado do centro á participación en concursos literarios, motivación que esixe un labor de cooperación por parte de todo o persoal docente do centro, presentáronse a varios certames, algún deles:

•                 Tíralle da lingua

•                 Correlingua Manifesto 2º ESO C. Este grupo participou concurso do manifesto, todo o grupo.

•                 Lingua de namorar

•                 Houbo moita participación en certames de conxunto e en certames de poesía.

 

5.3 Difusión do labor de promover o uso do galego no centro e fóra do centro  Zalaeta.

A través dos seguintes medios promoveuse o uso do galego principalmente:

Varios taboleiros do instituto. Benvida no taboleiro da entrada e logo por varios do centro para faciliarlle ao alumnado a visualización das distintas actividade.

·       A páxina web do instituto.

·       Redes sociais.

·       Instagram

 

5.4. ENLACES DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NESTE CURSO 2019-2020, ATA XUÑO DE 2020 INCLUÍDO

Benvida

•   https://www.instagram.com/p/B2ou8XhCvw4/?igshid=1p4cv6q8uqmnw

Día Europeo das linguas

•       https://www.instagram.com/p/B24djLKiO_x/?igshid=rvcf87dukgx4

Tíralle da lingua

•   https://www.instagram.com/p/B260h-ZHKuC/?igshid=1b4iqbug36fp4

Reunión informativa

•   https://www.instagram.com/p/B3FMFqaCWdz/?igshid=9k22xyz5gnci

 

Hasthag

•   https://www.instagram.com/p/B3Ut2ipIEUr/?igshid=14uwd28vhvf56

En galego podes

•   https://www.instagram.com/p/B3wxsclorAM/?igshid=4lorym36ofhw

Proceso de deliberación de hasthag

•       https://www.instagram.com/p/B36qOLmo3Yx/?igshid=bcyaq8ss1n4p

Finalistas de hastag

•   https://www.instagram.com/p/B4ArTIjotpl/?igshid=1ogtq8o6n01c1

Premios de zalahasthag

•   https://www.instagram.com/p/B4MfVNlouUv/?igshid=mm8m1osaro7r

Vídeo de En galego, ti que fas?

•       https://www.instagram.com/p/B4NL_kEIuPb/?igshid=73m6x816pwxk

Tíralle da lingua. Finalistas BAH e Ciclos.

•       https://www.instagram.com/p/B4mpHpmITfw/?igshid=4l9lddovdvlu

Magosto

•   https://www.instagram.com/p/B42UxLGoES2/?igshid=1hp9uc9bwa9yg

Finalistas ESO Tíralle da lingua

•       https://www.instagram.com/p/B45LPVAI4Hg/?igshid=kom9u64wx4h0

Debuxando coas palabras

•   https://www.instagram.com/p/B5L2EhhoUoe/?igshid=1dz7uñ

Magosto

•   https://www.instagram.com/p/B5Ue9sZIBdL/?igshid=1b7es9i8g2mg5

Concurso de postais de Nadal

•       https://www.instagram.com/p/B5s-A8Ko6b5/?igshid=16eohqmdmkzw5

Premio concurso de postais de Nadal

•       https://www.instagram.com/p/B6NUsS8oHzY/?igshid=12qx89oyahbny

Escaparate Nadal

·       https://www.instagram.com/p/B6TFdHIoOpf/?igshid=1k3nz1nxx60xe

 

Parabéns Nadal do centro coas postais.

·       https://www.instagram.com/p/B6TIbPao-kg/?igshid=16w9c18ieo1v6

As redes que nos unen e unha lingua de namorar

·       https://www.instagram.com/p/B8ZrNDRowf2/?igshid=1shr65fw6n835

Entroido

·       https://www.instagram.com/tv/B81q9KgJ5hX/?igshid=puzt4a6cmft2

Anuncio convocatoria concurso Universidade EDLG.

·       https://www.instagram.com/p/B9FIlUFIQlR/?igshid=1i1ri5xl7jly1

Anuncio Aulas Galegas

·       https://www.instagram.com/p/B99bDbSpeg0/?igshid=1m4y4hmzrids5

Recreos creativos

·       https://www.instagram.com/p/B-NHUoBJIv9/?igshid=k5671pzg0aft

Participación páxina web, desde a casa

·       https://www.instagram.com/p/B_NYw8WJ2M2/?igshid=73hfyow0v4bw

Recreos creativos desde a casa

·       https://www.instagram.com/p/B_PmgjHJUX5/?igshid=dbz2fz3rruyr

Anuncio Día das Letras Galegas

·       https://www.instagram.com/p/B_2AHH_pRUp/?igshid=bzjsqr2ncewi

Día da Poesía, animación a participar Día das Letras

·       https://www.instagram.com/p/CAChvWTpzb0/?igshid=7rveuu0yia66

Especial Letras

·       https://www.instagram.com/p/CAKr1J5JmG4/?igshid=909wcjtqsjir

Letras Galegas. Vídeo.

·       https://www.instagram.com/tv/CASNf8AIhxa/?igshid=z09n1duabhga

Vídeo do Plan Proxecta

·       https://www.instagram.com/tv/CBDfHTEg810/?igshid=181vwz9y33uvq

Recreos creativos desde a casa, fin de curso

·       https://www.instagram.com/p/CBkszHtpA_y/?igshid=5cs9i05p61ya


 ADDENDA AO PROXECTO DO PLAN PROXECTA

PLAN PROXECTA DE INNOVACIÓN EN DINAMINACIÓN LINGÜÍSTICA

Descrición inicial

No proxecto inicial partiamos da Rosa dos ventos que elaboramos para colocar na entrada do centro como referente para a comunidade educativa durante este curso, tendo en conta que ademais a temática central das actividades foi, en grande medida, o mar e as rotas mariñeiras, aínda que prestando importancia a todo o noso e á contorna. Esta rosa dos ventos de Zalaeta foi un punto de comuñón, mais debido ás circunstancias non se puido colocar na entrada do centro, mais si foi un referente para rematar o curso.

Logo, desde este punto de partida inicial, que o tivemos en conta igualmente, camiñamos por distintas dinámicas e percorridos, mais cun eixe común: a lingua galega e a súa dinamización tendo en conta a cada persoa e á comunidade educativa en xeral, a través de actividades atractivas, didácticas e educativas de xeito interdisciplinar e que esta dinamización poda trasladarse cara ao exterior (cando menos en actividades concretas), isto conseguímolo e puidemos contar coa participación de todo o centro nalgunha das actividades sobre todo, mesmo coa ANPA e outro persoal que colabora co centro.

Houbo un eixe de unión e conexión entre todas as actividades realizadas, cun sentido de actividade común, os Recreos creativos englobaron actividades diversas das celebracións concretas anuais, como pode ser o Día da violencia de xénero ou o Día da Paz e o proxecto as Redes que nos unen, que pretendeu comunicar todas as actividades realizadas, desde a Rosa dos ventos e o sentido léxico do seu mundo, o do mar, ata os mercados, que o alumnado traballou con visitas aos próximos ao centro e procurou axudar na promoción do noso produto, o galego, e en galego. Todas as actividades realizadas, como diciamos, conectaron entre eles e tiveron un fío común, desde Zalaeta, para o centro, a zona e o mundo, promocionar a nosa lingua e o noso (produtos, costumes, celebracións concretas, como o Maio,...) cara ao mundo.

Con isto ten que ver a actividade que se comezou a realizar para conectarmos con distintas casas de Galicia no mundo e traballarmos os mercados no mundo intentando contar con todos os niveis de ensino do centro, dun xeito ou doutro. Este traballo foi como o barco que nos guiou desde a Rosa dos ventos cara a outros lugares onde desde a lingua galega en traballos innovadores e educativos o alumnado puido aprender, divertirse e, sobre todo, ser consciente da importancia da lingua galega e do seu uso, así como dos produtos galegos e a súa promoción en galego, sobre todo.

Por iso ese título AS REDES QUE NOS UNEN, co que quixemos unir todo o traballo do equipo deste Plan Proxecta de innovación en dinamización lingüística, porque cada actividade foi unha parte desa rede e que enlazadas fan a rede que nos une coa nosa lingua. Ademais establecemos lazos de unión e soubemos compartir profesorado, alumnado, familias, todo o centro e a xente á que nos diriximos.

OBXECTIVOS

Os obxectivos expostos no proxecto conseguíronse, tanto os que se propuxeron a curto prazo como os que se propuxeron para longo prazo e pretendemos continuar esta dinámica.

A CURTO PRAZO:

- Mellorar o galego oral entre o profesorado e o alumnado.

- Ir introducindo ao alumnado nunha dinámica de traballo gradual en que a lingua galega sexa o medio de comunicación, asemade, axudando a evitara prexuízos lingüísticos. Pola súa vez serviu de motivo de reflexión ante a lingua galega.

- Un maior e mellor uso por parte dos axentes. Ademais notamos maior preocupación.

- Ofrecer recursos e mecanismos que axuden no uso da lingua galega, desde o estado de alarma, intentamos introducir na páxina web e nas redes sociais, páxinas de consulta de axuda coa lingua galega.

- Ir creando unha dinámica de uso do galego do centro no que non sexa algo inusual usar o galego.

A LONGO PRAZO

- Dinamizar e promover o uso da lingua galega máis alá das nosas fronteiras.

- Promover o noso e a nosa lingua, engadimos, ademais, na nosa lingua.

- Visualizar como está o mundo do mercado en galego e reflexionar para actuar en positivo.

- Traballar de xeito transversal, interdisciplinar e en igualdade, estivo presente sempre nas actividades realizadas, malia que non puidemos realizar un traballo con ASPRONAGA E ASPANAES.

- Favorecer o traballo colaborativo.

- Cooperar en difundir a nosa lingua desde as novas tecnoloxías sen deixar de lado outros eidos.

- Desbotar os prexuízos que poidan existir no centro para que se eviten á vez na sociedade.

- Colaborar a querer máis a nosa lingua, o galego, con proxectos innovadores.

- Ter presente a interdisciplinariedade no traballo co galego nas tecnoloxías da información e da comunicación, no ámbito dixital e promocional, durante o estado de alarma, e na actualidade, seguimos a telo presente na información ofrecida desde as actividades e na páxina do centro, así como nas redes do centro (Instagram, ...)-

- Establecer un traballo unificado e á vez aberto, que nos dirixa a unha dinámica de traballo constante na lingua galega.

A ORGANIZACIÓN, O DESENVOLVEMENTOE A METODOLOXÍA

En realidade as actividades realizadas foron complementándose unhas a outras e cremos que isto foi moi enriquecedor para o proxecto e para fornecerlle ese sentido de conxunto cun fío común e relacionalas entre si, onde a lingua galega era a protagonista. 

A organización

Realizouse a través de xuntanzas e reunións cada venres ás 11:20 horas. Nesta reunión semanal poñiamos en común a organización das actividades e acordabamos o seu desenvolvemento e metodoloxía, ademais de repartir o traballo de organización co alumnado. Comezabamos polo curto prazo e despois falabamos da organización das de longo prazo. Este xeito de organizarnos foi produtivo para poder levar un seguimento das actividades tanto semanal como mensual ou total, así como para ir valorando o realizado e o que faltaba por realizar.

O DESENVOLVEMENTO

Unha vez organizadas as actividades o desenvolvemento era o seguinte na maior parte das actividades:

- anuncio ao persoal e alumnado implicado;

- promoción no centro, a través do profesorado, de carteis anunciadores no centro, e a coordinadora do proxecto pasaba polas aulas de todo o centro avisando de cada actividades, ademais o profesorado que participa no Plan Proxecta, sobre todo, e o demais profesorado, así como o persoal de Conserxaría, colaborando permitindo a colocación de caixas de correo para determinadas actividades na propia Conserxaría, co permiso da Dirección do centro, así como na colocación de carteis anunciadores;

- preparación do material necesario;

- traballo nas aulas ou nos recreos creativos das actividade correspondentes, ou das saídas fóra do centro, como son as do mercado, por exemplo;

- realización da actividade;

- proxección cara ao centro e cara ao exterior, sobre todo a través da súa difusión nas redes sociais.

AS ACTIVIDADES

ROSA DOS VENTOS

Pechamos o curso coa rosa dos ventos, a que tivemos como punto de partida desde o comezo e que estabamos a piques de levar a cabo nun material que puidese ficar no chan da entrada do centro, mais, co estado de alarma non foi posible imprimila e colocala. A rosa ten complementos de debuxos de hábitos de vida saudábeis que se levan a cabo desde o centro, sobre todo nas aulas de Educación física.

De todos os xeitos témola en conta para o remate do curso, será a que dea a despedida a este curso que finalizou sen estarmos nas aulas todos e todas, mais que servirá de remate de curso para o proxecto de innovación en dinamización lingüística. Acompaña o peche visual desde o Instagram, as redes sociais do centro e todos os lugares onde se visualiza a despedida do curso desde o Plan de innovación en dinamización da lingua galega.

Materias implicadas: Educación física e Plástica. Realizou o proxecto da Rosa dos ventos Concepción García Rivero, profesora de Educación física no centro. Ramón Pasandín Regueira estaba implicado na elaboración do proxecto da rosa e da súa colocación na entrada do centro, en colaboración con Inditex.

Cursos: estaba previsto que participase 1º da ESO nos debuxos que tivesen que ver co centro.

O ROTEIRO DA MULLER NA CIDADE DA CORUÑA

CURSOS: 2º ESO, 3º ESO e 1º de Bacharelato

Profesorado implicado:

Ramón Otero Moreira.

Andrés Vázquez Figueiras

María Josefa Castro López

O alumnado buscou no rueiro nomes de muller de rúas, edificios emblemáticos e doutra índole, esculturas, lugares, …, na cidade da Coruña. Foi un traballo no que se involucraron e do que aprenderon e desfrutaron.

1)     O traballo comezou en grupo, primeiro, en grupos de 4-5 persoas buscaron os nomes e aproveitaron a coñecer que había poucos casos con nomes de muller no rueiro e, ademais, coñeceron mellor a cidade. A procura realizoun a 3º da ESO.

Despois 2º de ESO, coa selección de 3º pescudou sobre esas mulleres e recolleron a información, que se pretendía visualizar, mais co estado de alarma, non foi posible.

2)     1º de Bacharelato e algún 3º de ESO, ían estar encargados de visualizalo e representalo dalgún xeito. Esta parte non deu tempo a levala a cabo ao termos o estado de alarma.

3)     Durante o estado de alarma seguimos traballando desde a casa neste roteiro. O alumnado de 3º da ESO e de 2º da ESO realizou roteiros sobre a muller e esta actividade enlazou cos Recreos creativos, o alumnado realizou un roteiro da zona onde vive tendo en conta os nomes de rúas, edificios, etc., de muller, e grazas a esta actividade alguna persoa descubriu que aquel nome da rúa que leva vendo toda a vida ten que ver con alguén, de quen non sabía nada ata ese intre.

 VISITA AOS MERCADOS DA CIDADE

CURSO: Ciclos formativos.

Profesorado:

María Elena López Blanco.

Nuria Pérez Castelo.

Acompañou María Josefa Castro López nalgunha saída.

MERCADO DE SANTO AGUSTÍN e MERCADO DA PRAZA DE LUGO. A CORUÑA

Saída ao mercado de Santo Agustín na cidade da Coruña e ao da Praza de Lugo para analizar a situación dos mercados na cidade e contrastar co resto de Galicia e do mundo. Unha das saídas realizouse o 23 de febreiro ao de Santo Agustín, no que o alumnado realizou unha primeira toma de contacto, falou coas persoas responsables dos postos de venda (froiterías, peixarías, chacinerías, embutidos e varios…) e persoas consumidoras. Foi unha descuberta para algunas persoas o interese polo comercio local das persoas consumidoras. Conecta coa actividade seguinte no sentido de que o alumnado de ciclos ía realizar as etiquetas e os dípticos promocionais dos nosos produtos galegos para ofrecelos no mercado de abastos e no Concello da Coruña, favorecendo a que a ciudadanía coñeza os nomes dos productos que compra no mercado en galego.

AS ESPECIES MARIÑAS E OS SEUS NOMES EN GALEGO

Esta actividade non puido realizarse por mor do estado de alarma, si comezaran a investigar no tema. Pretendíase realizar unha conexión desde o centro cunha persoa especializada para que o alumnado puidese analizar este eido: os nomes das especies mariñas en galego, conecta, pola súa vez, coa actividade dos mercados, que realizou o alumnado máis maior do centro, e coa información que obtiveron nas visitas aos mercados da cidade. Esta actividade pretendía a relación interxeracional, así como o traballo colaborativo entre o alumnado, de xeito que 1º da ESO buscasen a información para que o alumnado de Ciclos puidese realizar os dípticos de promoción dos nosos productos alimenticios galegos e as etiquetas dos productos alimenticios que na actividade dos MERCADOS DA CIDADE se pretendían realizar para facilitalas no mercado de abastos e, asemade, facilitarlla ao Concello da Coruña, para que a ciudadanía se puidese beneficiar.

Curso: 1º ESO

Profesorado implicado:

Andrés Vázquez Figueiras

Maria Josefa Castro López

RECREOS CREATIVOS

Realizouse ata o xoves 12 de maio na aula A-B no segundo recreo. Todos os xoves tiñan lugar os RECREOS CREATIVOS para realizar actividades realizadas co galego, en galego, e con actividades de diferente tipo: celebracións anuais, realización de instrumentos…, e conectamos estes Recreos creativos co resto de actividades deste Plan Proxecta, na medida do posible, como no caso da realización dos roteiros.

En realidade o alumnado estaba aproveitando ese momento de lecer para poder realizar otras actividades lúdicas. Desde o estado de alarma seguimos realizando ata final de curso, a semana do 19 de xuño, as actividades dos RECREOS CREATIVOS, aos que lles chamamos, desde o estado de alarma: RECREOS CREATIVOS DESDE A CASA.

Destinado: a todo o alumnado.

Profesorado implicado:

Nuria Pérez Castelo encargouse de incluílo na páxina web e nas redes sociais; María Josefa Castro López encargouse da elaboración e organización semanal das actividades.

 

AS REDES QUE NOS UNEN E A LINGUA DE NAMORAR

Comezamos a colocar as redes na Biblioteca na semana do 13 de marzo, mais co estado de alarma non puido continuarse coa colocación das redes no centro.

Si que realmente, a idea era unir esta actividade coa realizada para o Día dos namorados, da procura de buscar palabras fermosas e que se traballaron nos RECREOS CREATIVOS.

O vídeo coas palabras fermosas da actividade anterior non puido levarse a cabo polo estado de alarma.

Profesorado implicado:

Nuria Pérez Castelo

María Vilariño Suárez

María Josefa Castro López

CARTAS ÁS CASAS DE GALICIA

Esta actividade comezouse, mais non pudieron enviarse debido ao estado de alarma.

O alumnado realizou con moito entusiasmo a actividade, escribiron cartas a varias casas de Galicia do mundo, mais non se pudieron enviar.

Nivel: 2º ESO. Profesorado implicado: María Vilariño Suárez e María Josefa Castro López

FIANDO FRONTEIRAS

Esta actividade non puido realizarse por mor do estado de alarma.

A actividade consistía en que o alumnado de 4º da ESO e de Ciclos formativos intercambiase cartas con alumnado de Portugal, en Almada, a idea era que conectase o alumnado tendo en conta a lingua e a posibilidade de comunicarse coas dúas linguas: galego e portugués.

Curso: 4º ESO e Ciclos formativos. Profesorado implicado:  Nuria Pérez Castelo e María Vilariño Suárez

O TRANSPORTE EN GALEGO POLO MUNDO

Esta actividade non estaba incluída na planificación inicial. Realizouse desde o centro e seguiuse traballando desde a casa. Tendo en conta o noso título pretendía que o alumnado conectase o ámbito galego co resto do mundo e que puidese analizar a situación de mercado e transporte sobre todo, desde o punto de vista alimenticio; ademais conecta en certa medida coa actividade das cartas ás casas de Galicia e a de Fiando fronteiras, xa que no intercambio de información e de conexión, aproveitábase a realizar unha aprendizaxe e unha posta en situación co ánimo de poder axudar ao noso mercado local e á nosa comunidade máis próxima, sempre abrindo fronteiras.

CURSO: Ciclos formativos. Profesorado implicado: Elena Rosario Maseda Ferreiro

FESTA FINAL: Abrindo mares e montes

Realización dun mercado

Non puido realizarse debido á situación sanitaria.

Profesorado implicado

Listaxe de profesorado participante e tarefas realizadas por cadaquén [2000 caracteres como máximo por docente, incluídos os espazos e o código html]:


Castro López, María Josefa

Coordinación


Otero Moreira, Ramón

Docente



Freire Campo, María Paz

Docente


García Rivero, Concepción

Docente


Pérez Castelo, Nuria

Docente


Vilariño Suárez, María Dolores

Docente


López Blanco, María Elena

Docente


Maseda Ferreiro, Elena Rosario

Docente



32784034H

Pasandín Regueira, Ramón

Docente


Vázquez Figueiras, Andrés

Docente



RECURSOS:

Na páxina web ofrecemos desde o EDLG enlaces con recursos e concursos.

 

Nos recreos creativos traballáronse: 

Pintando coas palabras: realización de acrósticos e caligramas para o Día da violencia de xénero.

Obradoiro de instrumentos de percusión realizados con material de refugallo.

Composición de cantigas de maio e realización de maios de flores.

Os roteiros desde a casa, os minilibros para o Día do libro.

Día da Paz: o lema foi no noso centro "A paz está nas nosas mans", cada alumno/a pintaba o bordo da súa man e dentro debuxaba o que quixese representativo do día, ademais dun breve lema.

Realización de colaxes.

Non deu tempo a traballar os currunchos temáticos no centro.

A continuación engadimos algunhas actividades, o que se ofreceu desde a web para que o alumnado puidese no estado de alarma realizar actividades desde a casa, relacionadas con este proxecto.

ACTIVIDADES: 

1. Recreos creativos desde a casa

·        Roteiro da muller

 

2. Actividades curso 2019/2020

·        Vídeo resumo


Recreos creativos desde a casa - 27 de marzo.pdf

514.34 KB

Enviamos unha actividade dos Recreos creativos desde a casa:

"Recreos creativos, desde a casa" Actividade da semana do 23 de marzo.

EDLG

Primeiramente desde o EDLG queremos dicirvos que esperamos que esteades ben. Son días diferentes, mais desde a casa podemos seguir coas actividades. Actividade: A semana pasada tivemos festivo, aínda que desde a casa, e esta semana retomamos os recreos creativos do EDLG e do Proxecto de innovación en dinamización lingüística.

O xoves día 12 de marzo deixamos a creación de instrumentos para facer unha parada no camiño e comezar a preparar as palabras fermosas en galego escollidas por todo o centro na semana do 14 de febreiro de 2020.

A actividade desta semana consiste en seguir a da última sesión:

1) Escolle unha palabra das que hoxe ofrecemos: forza, peixe, aperta, quérente, familia, irmandade, fervenza, castiñeiro.

2) Prepara un folio, un lapis e unha goma, ademais dos lapis de cores, acuarelas, rotuladores e todo o material de cores que teñas.

3) Escribe a palabra como máis che guste, podes facer un debuxo con letras dobres e queda moi ben se lle engades un debuxo ou debúxas coas letras unha figura que teña que ver co tema.

4) Garda o teu traballo e envíao antes do venres 27 ás 18h ao seguinte enderezo: titoria4@gmail.com.

 

VÍDEOS E EXPOSICIÓNS

Recreos creativos

Vídeo resumo

https://www.instagram.com/tv/CASNf8AIhxa/?igshid=8f354up5inbx

 

Este traballo aproveitarémolo para o Proxecto As REDES QUE NOS UNEN E A LINGUA DE NAMORAR.

 

Ademais achegamos o vídeo realizado para varias actividades do Plan Proxecta:

https://www.instagram.com/tv/CBDfHTEg810/?igshid=1rvsqiegkaywe


 6. Recursos:

Como indicabamos para o Plan Proxecta de innovación en dinamización lingüística, utilizamos recursos funxibles que nos facilitou o centro en todo momento: folios brancos, de cores, cartolinas, bolígrafos e rotuladores de cores... Ademais fixemos uso dos libros de Biblioteca, por exemplo, para a busca de información en casos coma os do Tíralle da lingua.

Ademais precisamos mercar moito material para a elaboración dos instrumentos, e dos traballos dos Recreos creativos, e mercamos as Redes para a exposición da actividade: AS REDES QUE NOS UNEN E A LINGUA DE NAMORAR.

Debemos facer constar que, co ánimo de concienciar ao alumnado no coidado do medio ambiente, procuramos utilizar en ocasións material de refugallo, que estivese limpo, antes do estado de alarma.

Na páxina web ofrecemos desde o EDLG enlaces con recursos e concursos.

Nos recreos creativos traballáronse: 

Pintando coas palabras: realización de acrósticos e caligramas para o Día da violencia de xénero.

Obradoiro de instrumentos de percusión realizados con material de refugallo.

Composición de cantigas de maio e realización de maios de flores.

Os roteiros desde a casa, os minilibros para o Día do libro.

Día da Paz: o lema foi no noso centro "A paz está nas nosas mans", cada alumno/a pintaba o bordo da súa man e dentro debuxaba o que quixese representativo do día, ademais dun breve lema.

Realización de colaxes.

Non deu tempo a traballar os currunchos temáticos no centro.

A continuación engadimos algunhas actividades, o que se ofreceu desde a web para que o alumnado puidese no estado de alarma realizar actividades desde a casa, relacionadas con este proxecto.

 

7. Bibliografía

Intentamos que o material e todas actividades realizadas fosen de creación propia. 

Engadimos os recursos que especificamos e ofrecemos desde a páxina web:

RECURSOS:

·                  Real Academia Galega

·                  Dicionario da Real Academia Galega

·                  Portal das Palabras

·                  Día do Libro (videocreacións, booktrailers...)

·                  Cultura de Galicia

·                  Obra de Ricardo Carvalho Calero

Ademais engadimos as páxinas que ofrecemos dos traballos realizados e algunhas dos recreos creativos:

https://www.instagram.com/p/CBkszHtpA_y/?igshid=16g12bf4vpyi6

 

Achegamos o enlace do vídeo realizado con algúns dos traballos presentados desde este proxecto:

https://www.instagram.com/tv/CBDfHTEg810/?igshid=1rvsqiegkaywe

 

A Coruña, 15 de xullo de 2020

  A  directora                                                 A coordinadora do EDLG

 

Estrella Pérez Freire                        María Josefa Castro López

PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO 2020-2021


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA 

IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL

CURSO 2020-2021

      

Índice

1. Introdución e características xerais do Proxecto de fomento do uso do galego do IES Ramón Menéndez Pidal

2. Compoñentes do EDLG do IES Menéndez Pidal: Integrantes do EDLG

2.1.   Persoal docente e non docente

2.2.   Alumnado

3.   Obxectivos do proxecto de fomento de uso do galego

3.1.   Obxectivos de dinamización lingüística

 3.1.1.   Obxectivos Xerais

3.1.2.   Obxectivos específicos

4.Medidas tendentes á consecución dos obxectivos previstos 

5.  Estudo sociolingüístico

5.1.  Introdución do contorno sociolingüístico do centro

5.1.1.  Contorna sociolingüística

5.1.1.2.  Contorna sociolingüística do centro

5.1.1.3.  Situación lingüística do centro

5.2.  Situación do profesorado

5.3.  Situación do alumnado

6.  Actividades que se desenvolverán este curso

6.1.  Introdución ás Actividades deste curso 2020-2021

6.2.  Cadro de actividades 

7.  Conclusión     


PROXECTO

PROPOSTA ANUAL CURSO 2020-2021

IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL  “Zalaeta”

1. Introdución. Características xerais do Proxecto de fomento do uso do galego do IES Ramón Menéndez Pidal

Fomentar o galego debe significar valorar o noso e a nosa lingua, como indicabamos o curso pasado, esta é a premisa fundamental para poder realizar un uso de prestixio da lingua galega. Pretendemos promocionala dentro dun contexto real que sexa favorable. Aproveitaremos, asemade, para que os prexuízos, os que haxa ou poida haber, se desboten e que se crea na lingua como fonte de vida: comunica, identifica; en resumo, o alumnado crerá nela e saberá que é posible usala en calquera rexistro e situación. Ademais todo o persoal do centro que fale galego será apoiado, así como o que non é galegofalante e que precise asesoramento, axuda, ou calquera tipo de colaboración desde o punto de vista lingüístico.

O presente proxecto lingüístico do IES Ramón Menéndez Pidal pretende ser unha planificación flexible das iniciativas que dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro (en diante EDLG) se intentarán realizar; algunhas xa se están a levar a cabo, neste curso 2020-2021. Falamos de planificación flexible porque consideramos importante deixar certas marxes de actuación neste proxecto para poder engadir aquelas actividades que vaian xurdindo puntualmente ao longo do curso ou para poder eliminar aqueloutras que, polos motivos que sexan, consideremos que non resultan produtivas no ámbito de aplicación no que se van desenvolver ou non poidan finalmente desenvolverse; malia todo isto pretendemos conseguir realizar todas e cada unha das que propomos no cadro de actividades deste proxecto, tendo sempre presente a nova situación sanitaria e os protocolos COVID-19.

A maiores da flexibilidade, consideramos importante facer fincapé na creatividade. O noso propósito é o de organizar actividades que vaian máis alá do folclórico e de que a lingua galega non se asocie só co tradicional e rural, e si co mundo actual xeral, isto é, que alumnado, profesorado, persoal non laboral, persoal afín e colaborador co centro, ANPA, familias, e todos aqueles axentes cos que colaboremos desde este proxecto, queiran e valoren a lingua galega como medio de comunicación válido para utilizar en calquera ámbito e situación, ademais de que se conciencien da importancia de usar a nosa lingua. Para iso procuraremos realizar actividades que relacionen o galego, ademais de coa capacitación completa lingüística, co fomento das catro destrezas lingüísticas, insistindo moito na oralidade, no uso da lingua nas novas tecnoloxías, na informática e nos medios de comunicación. Pretendemos que sexa unha continuidade do traballo de promoción da lingua galega do curso pasado, mais non pretendemos só a promoción, senón que se converta en uso da lingua galega e en valoración positiva da nosa lingua de quen xa a usa ou de quen, simplemente, a escoita.

Adaptamos este proxecto á situación actual sanitaria, como diciamos, e realizaranse actividades que desde a individualidade poidamos levar a cabo, asemade, en conxunto, en que o alumnado poida compartir a ledicia de realizar a actividade en galego, e de aprender na nosa lingua, para iso fomentaremos o uso do galego a través das novas tecnoloxías (TIC), e de todos aqueles medios de transmisión posibles, como redes sociais ou doutros que desde o centro ou fóra do centro axuden a fomentar o uso do galego dentro e fóra do centro, así como na nosa contorna.

O amor á lingua non para no centro, podemos difundilo a todas aquelas persoas que se acheguen a nós ou coas que teñamos relación desde o centro ou fóra del, en conexión con actividades, ou mesmo desde a posta en marcha destas, a lingua está viva desde que a xente a fala, non só a escribe, desde que a xente pode usala en todos os eidos, ten unha vida mellor.

Cómpre destacar que o persoal non docente é, en gran parte, galegofalante.

 2. Compoñentes do EDLG do IES Menéndez Pidal: Integrantes do EDLG

Neste curso, 2020-2021, formamos parte do equipo 9 persoas do persoal docente e non docente e a isto hai que engadirlle ademais o alumnado que o integra. Procurouse que estivesen representados todos os grupos que compoñen a comunidade educativa (profesorado, alumnado e persoal non docente). O actual EDLG está integrado, deste xeito, por:

 2.1. PERSOAL DOCENTE E NON DOCENTE

 Andrés Vázquez Figueiras (profesor de Bioloxía e Física e Química)

Helena Rosario Maseda Ferreiro (profesora de Ciclos formativos)

Henrique Rabuñal Corgo (profesor do Departamento de Lingua Galega e Literatura)

Isabel Tomé Freire (profesora do Departamento de Lingua galega e literatura)

María Dolores Vilariño Suárez (profesora de Lingua Galega e Literatura)

María Elena López Blanco (profesora de Ciclos formativos)

María Josefa Castro López (coordinadora do Equipo de dinamización lingüística e profesora de Lingua Galega e Literatura)

Nuria Pérez Castelo (profesora de Ciclos formativos)

Roberto Gayoso Nieto (Persoal non docente)

2.2. ALUMNADO

Os nomes das persoas do alumnado que forman parte do equipo son:

Brian Blanco Gómez (2º ESO)

Nicolás Sánchez Pazos (2º ESO)

Xiana Souto Regueiro (2º ESO)

Juan Darío Castro Mateo (3º ESO)

Pablo Mallo Ferrer (3º ESO)

Lucía Oreiro Vázquez (3º ESO)

Noa Villaverde García (3º ESO)

Carla Varela Coto (4º ESO)

3. Obxectivos do proxecto de fomento de uso do galego. Obxectivos de dinamización lingüística

3.1.  Obxectivos de dinamización lingüística:

3.1.1. Obxectivos Xerais

A lingua galega é o sistema de signos utilizado como código lingüístico nas relacións entre o persoal do centro na maior parte das ocasións (profesorado, alumnado e as familias cando se dirixen ao centro tamén o fan, na grande maioría, nesta lingua), se ben, hai excepcións. No IES Ramón Menéndez Pidal partimos de que a lingua de identidade eminentemente maioritaria non é o galego e que o alumnado, na súa maioría, non é galegofalante, é certo que está en proceso de revisión o PLC (Proxecto Lingüístico de Centro), e este documento fará que se poida establecer unha comparativa cos anteriores e observar desde os resultados a situación da lingua, co cal, tendo en conta que a observación que realizou o Equipo de Dinamización da Lingua este curso é a que comentamos, semellante á do curso pasado, expoñemos os nosos obxectivos neste curso, conectados coas actividades que, pola súa vez, propoñemos.

Os nosos obxectivos xerais son, pois:

1. Incrementar o nivel de uso oral do galego entre o alumnado e o profesorado e intentar que quen fale e use o galego o siga facendo, que siga crendo na súa lingua e en que é unha lingua de comunicación válida para o uso en todos os ámbitos, sempre desbotando prexuízos.

 

2. Intentar que o alumnado que é galego falante desbote os prexuízos que poida ter de cara ao galego e aprenda que é unha lingua que serve de comunicación como calquera outra e en calquera ámbito facendo posible que use a lingua galega dentro dos usos comúns e cultos da lingua.

 

3. Conseguir que se valore de maneira positiva a nosa lingua como idioma configurador de identidade persoal e colectiva.

 

4. Conseguir que o alumnado e o profesorado consideren o galego como lingua de cultura.

 

5. Intentar acabar coa diglosia que identifica o uso da lingua galega só en determinados ámbitos e contextos sociais (normalmente os menos valorados socialmente).

 

6. Facer sentir á comunidade escolar que a lingua propia de Galicia permanece viva só se é vehículo de comunicación “normal” na comunidade.

 

7. Elevar a autoestima lingüística do alumnado a través de actividades que dignifiquen e potencien a valoración social e cultural do seu propio idioma.

 

8. Promocionar a lingua galega como elemento cultural e de crecemento e como medio que nos identifica e nos caracteriza e diferenza sempre dentro do respecto.

 

9. Desde o EDLG queremos ser o fío condutor para facer chegar a nosa promoción e fomento do uso da lingua galega a: alumnado; profesorado; persoal non docente; persoal afín e de mantemento do centro; persoal que colabore co centro; ANPA; asociacións (ASPRONAGA, ASPANAES están nas previsións de que se contacte con elas e que se traballe en conxunto) coas que se realicen actividades; outros centros de ensino, galegos e de fóra de Galicia; e todas aquelas entidades coas que imos contactar durante o curso, mesmo con carácter plurianual, para a realización de actividades dirixidas ao fomento na nosa contorna do uso da nosa lingua.

3.1.2. Obxectivos específicos

Os obxectivos específicos serían aqueles que se concretan en actividades; temos por obxectivos:

10. Colaborar para que o galego siga sendo a lingua de uso da administración no centro.

11. Motivar e axudar ao profesorado no uso da lingua galega.

12. Promocionar a lingua galega como lingua de comunicación, de prestixio e como propia.

13. Crear hábitos de lectura e de escritura, así como de oralidade en galego que axuden a superar as lagoas do alumnado nestas dúas áreas.

14. Conseguir que o alumnado se sinta seguro falando en galego en todos os ámbitos e contextos sociais.

15. Evitar o desequilibrio existente na actualidade entre o nivel de uso oral e de uso escrito entre alumnos e alumnas establecendo uns parámetros de igualdade a través da promoción coa axuda do departamento de lingua galega.

16. Conseguir un mellor dominio da norma estándar da lingua galega, tanto polo persoal docente como polo alumnado.

17. Procurar unha maior proximidade entre a realidade cultural do alumnado e a do profesorado.

18. Mellorar a autoestima cara á nosa lingua.

19. Evitar que o alumnado deixe de valorar a lingua como lingua de incultura e como lingua propia desprestixiada e a faga de uso habitual, se non o é, e non relegada a ámbitos concretos e máis cotiáns.

20. Conseguir que o alumnado coñeza mellor a súa lingua en distintos niveis e rexistros de lingua apoiándose nas distintas actividades e situacións.

21. Facer chegar ao alumnado toda a información precisa relacionada coa lingua galega: concursos en lingua galega, lexislación, información.

22. Distinguir os niveis lingüísticos do galego e saber escoller o rexistro adecuado para cada contexto.

23. Facilitarlle ao alumnado toda a información precisa para poder estar ao día da actualidade da lingua galega e do contexto lingüístico xeral.

24. Ofrecerlle ao profesorado toda a información precisa para manterse actualizado con respecto ao material que precisa ou demanda no tocante á lingua galega: lexislación, documentación, manuais, información ..., mesmo creando arquivos e carpetas nos ordenadores da sala de profesorado para que sexan accesibles para cada profesor/a.

25. Relacionarse co contorno a través do idioma galego, actualmente o vínculo máis directo e eficaz nesta comunidade.

4. Medidas tendentes á consecución dos obxectivos previstos

a.   Implicación e participación do profesorado en xeral na organización, seguimento e consecución do plano de actividades de dinamización lingüística presentadas neste proxecto. 

b.   Organización flexible do alumnado colaborador para a posta en práctica das iniciativas propostas, facéndolle o acceso á colaboración doado e intentando que sexa promotor das actividades que poida (dar avisos, ...).

 

c.   Solicitude á ANPA e outros axentes sociais de colaboracións puntuais. Difusión dos logros obtidos por todos e de todas a través de cantas vías se nos presenten: pantallas do centro, especialmente a da entrada do centro onde se visualiza por todo o alumnado, profesorado e persoal non docente, xa que é vía de paso común ou próxima ao paso do alumnado cara ás aulas, nos recreos...) postos e identificados coa súa autoría correspondente, gañadores/as de concursos...); publicacións; comunicacións á contorna social, sobre todo por vía telemática este curso debido ás circunstancias sanitarias (ás familias, Concello...); pequenos actos ou cerimonias de carácter interno (entregas de premios, festivais, recitais...); e a todos os axentes e entidades ou persoas coas que teñamos contacto para a realización das actividades.

 

d.   Este curso coa situación sanitaria actual non se poderán realizar actividades presenciais colectivas na medida en que se puido facer o curso pasado, co cal as a realización de actividades será, na súa maioría, virtual, fomentando o galego no uso das tecnoloxías.

 

e.   Apoio da dirección e do profesorado á materialización do proxecto que o centro elaborou para o presente curso académico.

5.  Estudo sociolingüístico

5.1. Introdución do contorno sociolingüístico do centro

A lexislación lingüística e a educativa actual recoñecen o valor do ensino no proceso normalizador da lingua galega. Non só como a principal figura de ensino e espallamento da lingua propia, senón tamén como actores directos no proceso normalizador do galego. Ese recoñecemento fixo que na nosa lexislación apareza o sistema educativo como un dos elementos centrais da normalización da lingua,.

No momento actual, no que os estudos sociolingüísticos nos achegan datos desesperanzadores no tocante ao proceso de transmisión entre distintas xeracións da nosa lingua, son os centros de ensino os que debemos coller o testemuño que deixa a familia no seu proceso normalizador.

Os institutos, a escola, ..., os centros de ensino, deben fornecerse de recursos e de programas que favorezan a nosa lingua, que acheguen ao estudantado a súa riqueza, que recoñezan a lingua galega como propia, como símbolo de identidade do noso pobo, que a valoren e coiden, ...

Cómpre crear espazos de uso no mundo global no que nos movemos. O sistema educativo non só ten o obxectivo de que as persoas aprendan a lingua, senón tamén de que a valoren e a usen na súa vida habitual. E para iso é preciso artellar un plan ben deseñado. Nun centro coma o noso, case completamente castelanizado, sendo un centro urbano, é necesario que nos baseemos nisto para crear o proxecto lingüístico de centro (PLC) para os anos 2020-2021 (en vías de cambio). Deste plan agroma este proxecto de fomento de uso do galego.

5.1.1. Contorna sociolingüística

5.1.1.2. Contorna sociolingüística do centro

O centro pertence ao distrito 2 do Concello da Coruña. Abrangue unha zona moi ampla, na que se combinan barrio e zona centro. Neste barrio predomina o sector comercial. Ano a ano vemos incrementarse a presenza de alumnado de diferentes partes do mundo, cos consecuentes problemas de integración. Queremos coidar deste alumnado que chega e axudalo a integrarse desde o ámbito lingüístico. Observamos que nestes últimos anos o alumnado que chega de fóra de Galicia, de distintos lugares do mundo, mesmo de diferentes continentes, ten unha moi boa actitude cara á aprendizaxe da nosa lingua e amosa moito interese por coñecela e saber utilizala; estas persoas son un exemplo para o resto de alumnado e queremos que esa boa actitude cara á nosa lingua das persoas estranxeiras repercuta de maneira positiva no resto do alumnado.

No aspecto oral queremos centrar moito a nosa atención porque se observa unha eiva no centro de alumnado que fale en galego e coidar o que xa é galegofalante.

En xeral a transmisión xeracional da lingua viuse interrompida nos últimos anos, chegando a ser considerada residual ou anecdótica. Por iso o curso pasado insistiamos en realizar algunha actividade coas xeracións de avós e avoas e, de ser posible; este curso intentarase que dalgún xeito as xeracións anteriores participen nalgunha actividade do EDLG coa finalidade de que sirvan de exemplo ás xeracións posteriores.  Aínda así, temos que recoñecer que non existe unha actitude hostil fronte á lingua, en xeral, no centro, entre o alumnado.

5.1.1.3. Situación lingüística do centro

A lingua que predomina no centro é o castelán, tanto no ámbito académico como coloquial. O persoal non docente do centro é, nunha grande parte, galegofalante, se ben emprega na súa maioría a lingua castelá como lingua de comunicación, aínda que é certo que mudan de lingua cando a persoa interlocutora fala galego.

Con respecto ao equipo directivo temos que agradecer que apoia sempre as propostas normalizadoras e actividades do EDLG. A ANPA colabora no concurso de Nadal, de Xurado, é quen escolle as postais de Nadal, e pretendemos introducila nas nosas propostas e actividades, en todo o que sexa posible, e ofreceuse a colaborar connosco. Do mesmo xeito acontece coa Secretaría do centro, coa Conserxaría, Biblioteca e todos cantos axentes precisen da nosa colaboración, así como os distintos departamentos do centro e, por suposto, alumnado e profesorado.

Emprégase o galego nas tarefas administrativas e na correspondencia oficial.

Estas conclusións fundaméntanse na análise dos datos de:

-  Mapa Sociolingüístico de Galicia: lingua oficial e competencia lingüística en Galicia, actitudes lingüísticas en Galicia.

-  Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

-  Datos do PEC.

-  Enquisas anteriores. Durante este curso realizaranse as enquisas sobre o uso da lingua ao profesorado, alumnado e persoal non docente do centro para establecer no Proxecto lingüístico de centro e revisar os datos para analizar a situación actual do galego no centro, todo isto traballarase desde o EDLG ao longo do curso, xa que estaba en previsión, mais non puido levarse a cabo.

5.2. Situación do profesorado

Existe unha clara diferenza entre as comunicacións orais e escritas e as formais e as informais. A lingua maioritaria en todas elas é o castelán, agás nas comunicacións escritas e formais, é dicir, nas tarefas burocráticas.

Con respecto aos procesos comunicativos orais informais, se se trata de comunicacións entre o alumnado e o profesorado estas son maioritariamente en castelán. En actos comunicativos entre distintos membros do profesorado depende moito da persoa interlocutora. Moito do profesorado do centro ten unha actitude de falante pasivo, é dicir, falan galego con aquelas persoas coas que falan que lles falen en galego. Polo tanto, podemos dicir que o castelán segue a ser a lingua habitual de comunicación oral, tanto nas relacións formais como informais. De todas formas hai unha moi boa actitude cara a lingua e se a persoa interlocutora fala en galego, adóitase responder en galego.

Na comunicación formal entre profesorado e alumnado, dependerá da lexislación. Emprégase a lingua galega naquelas materias que así o recolle a lei. Polo que por imperativo legal hai unha presenza maior do galego que no resto dos actos comunicativos.

5.3. Situación do alumnado:

Alumnado

Hai que establecer diferenza en canto ao uso da lingua entre o alumnado de ESO e de Bacharelato e o alumnado de Ciclos formativos.

ESO, Bacharelato

Maioritariamente procede do distrito 2, ao que pertence o centro. A maior parte do alumnado emprega case en exclusiva a lingua castelá para as súas comunicacións formais e informais, sexa cal for o interlocutor. É dicir, son monolingües en castelán. Nas relacións co profesorado, tanto formais coma informais, atopámonos con que moito alumnado non emprega o galego nas materias que se imparten nesta lingua, mesmo hai que facer un esforzo nas aulas de galego para que o empreguen. De todas formas estes últimos cursos contamos con persoas do alumnado que son galegofalantes xa en primeiro da ESO.

A competencia en Lingua Galega é máis ben escasa, en vista dos resultados que observamos, malia teren estudos previos da materia.

A maior parte das familias non transmitiron o galego aos seus fillos e ás súas fillas, perdéndose a transmisión xeracional; polo tanto, o contacto co galego fóra do horario escolar é moi escaso ou mesmo nulo.

Percibimos unha boa actitude, como diciamos, do alumnado estranxeiro cara á nosa lingua, co cal pretendemos involucralo nas actividades e que sirvan de exemplo, ademais de axudarlles na integración, así como na aprendizaxe da nosa lingua e no seu uso. Hai un alumno portugués que pode axudar a facer máis visible a irmandade coa nosa lingua.

Aquel alumnado que ten como primeira lingua a lingua galega sofre un proceso de substitución lingüística a favor do castelán, ao asimilar a súa lingua de uso á lingua da maioría.

Ciclos formativos

Hai algún alumnado que utiliza o galego no centro e que provén de lugares dos arredores da cidade da Coruña, fundamentalmente. A procedencia do alumnado dos ciclos formativos é diferente e variada: a propia cidade, a área metropolitana e, en boa parte, doutras zonas da provincia da Coruña. Hai que salientar que xa desde o curso pasado amosa moito interese en participar das actividades do EDLG e estamos a motivalo, ademais cómpre que o resto do alumnado valore a estas persoas e se relacionen con elas en actividades concretas de fomento do galego. É moi importante desbotar prexuízos no alumnado de Ciclos formativos, porque están amosando algúns, ademais as persoas galegofalantes; se ben é certo que cando o profesorado lles fala en galego contestan en galego.

En xeral

Nesta comunidade educativa observamos un maior uso do galego como lingua de uso oral entre o alumnado de ciclos formativos, como dixemos no curso anterior e este de igual xeito, hai algún alumnado, como comentamos anteriormente,  galegofalante de 1º da ESO. En resumo, observamos que a lingua que ten unha maior presenza no centro é o castelán. Tamén se observa que as poucas persoas galegofalantes son absorbidas pola gran maioría que fala castelán. Por esta razón, para ficar un intre na reflexión, comezamos o curso coa PRESENTACIÓN DO EDLG co fin que todo o centro coñeza o equipo e as súas propostas e funcións no centro, contando para a organización das aulas coa Dirección e Orientación do centro, 

É certo que, en xeral, non se amosan fortes prexuízos e hai unha actitude favorable cara ao galego, mais observamos algúns mesmo das persoas que falan galego. Isto queremos axudar a desbotalo desde o EDLG e durante este curso será un punto moi importante para ter en conta e traballar co alumnado. Desexamos que se relacione o alumnado que fala galego co que non o fai, como exemplo, para desbotar prexuízos.

6. ACTIVIDADES. Actividades que se van desenvolver de dinamización lingüística durante o curso.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Lingua e literatura galega realizarán actividades do Departamento en colaboración, co cal o EDLG participará nas establecidas no Departamento de Lingua Galega, así como cos outros departamentos do centro en actividades concretas.

Cómpre facer constar que contamos con todos os departamentos do centro para a realización das distintas actividades, así como Club de Ciencia, Biblioteca, Club de lectura, Club de Letras, organizacións externas como Arquitectos sen fronteiras, etc. Por outra banda hai que dicir que ás actividades propostas poderemos engadir ou modificar outras segundo se poida na marcha do curso. Non queremos esquecer a ningún departamento, co cal queremos dicir que contamos con todos aínda que algunhas actividades coincidan por materia máis con uns ou con outros. A participación inicial é estupenda e contamos xa no inicio do curso cun importante número de persoas que queren formar parte do equipo ou participar en actividades concretas e colaborar tanto de profesorado como de alumnado e persoal non docente. O importante é que todas as actividades que se fagan sirvan para mellorar e coidar o uso da nosa lingua no centro e na nosa contorna.

Traballarase na medida do que se poida naquelas actividades de centro en colaboración con Actividades extraescolares, Biblioteca, Club de Lectura, Club de Ciencia e Orientación, así como con todos os membros do centro.

Cómpre dicir que iniciamos este curso con páxina web do propio EDLG e coa creación do enderezo electrónico propio do EDLG, que estaba proxectado desde o curso pasado:

-PÁXINA WEB: #ZALALINGUA. Agarimando a lingua en Zalaeta.

Enlace:https://sites.google.com/zalaeta.gal/zalalingua/inicio?authuser=1

-ENDEREZO ELECTRÓNICO: edlg@zalaeta.gal

Preténdese crear un blog propio do EDLG este curso.

6.1. INTRODUCIÓN

Actividades deste curso 2020-2021

Algunhas actividades son de carácter plurianual como se indica no cadro de actividades, outras son novas, e algunhas que xa existían adaptámolas á nova situación Covid-19, como son as dos Recreos creativos.

a) Ademais das actividades propostas no calendario de conmemoracións deste curso escolar teranse en conta dúas vías, sobre todo contando sempre coa situación sanitaria:

 

 

 

b) Actividades realizadas no curso anterior, seguimento daquelas que se poidan levar a cabo, como a de concursos de lemas, #zalacancelo, e de postais..., non se poderán realizar as que supoñan xuntanzas.

 

c) Conmemoracións anuais. 

 

Ademais a do Día Europeo das Linguas, como este curso non podemos realizar xincanas, pola situación sanitaria, desde o EDLG envióuselle a todo o Claustro a información do enlace que ofrece a Consellería de Educación para poder utilizalo nas aulas.

Engadimos o cadro de actividades complementarias previstas para este curso 2020-2021:

 6.2. e 6.3 ACTIVIDADES E DESENVOLVEMENTO

 Realizaremos unha exposición do desenvolvemento de cada actividade, para isto teremos en conta que na memoria de final de curso especificaremos aquelas cuestións que se vaian engadindo ou modificando tendo en conta as circunstancias actuais.

1.Concurso #Zalacancelo 

Este concurso creouse o curso pasado e sempre comezamos o curso coa convocatoria para poder contar desde o comezo co #zalacancelo que acompañará todas as informacións do centro e do EDLG desde as redes sociais e durante todo o curso.

Este curso tivo que ver cos coidados, o optimismo, debido á situación sanitaria.

2.  Tíralle da lingua

Todos os anos representa o noso centro algunha persoa do alumnado participando no concurso. Neste caso foron dúas alumnas de 4º da ESO.

3.  Concurso de postais de Nadal

É a segunda convocatoria a deste curso, comezamos o curso pasado a convocalo desde o EDLG e nesta ocasión realizouse algunha modificación con respecto á anterior convocatoria, involucrouse a todo o centro e ademais as postais ían dirixidas a persoas concretas, familiares, amigos/as, compañeiros/as, residencias da terceira idade, ..., e sobre todo coa intención de animar a aquelas persoas que o estaban a pasar mal nestes intres de pandemia, o lema era: Estamos contigo.

4.  Día de Rosalía

Involucrarase a todo o centro e ás familias, ANPA e Arquitectos sen fronteiras.

O alumnado desde a aula e/ou desde a casa realizará recitados de poesía, versións de “rap” ou rock de cantigas de Rosalía ou ou outro texto da autora; en colaboración coa Biblioteca do centro facilitarase información desde as páxinas web, redes sociais, ..., sobre a obra de Rosalía de Castro. En canto á vestimenta e complementos, procurarase vestir de negro e vermello ese día, 24 de febreiro, en homenaxe á autora, e tendo en conta as cores do noso traxe rexional galego, fundamentalmente.

Participaremos na proposta establecida pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega este curso.

O resultado exporase nas redes sociais do centro e desde O son das ondas de Zalaeta.

5.  Día da Poesía

Para o 22 de marzo realizarase un monográfico de poesía en O son das ondas de Zalaeta, un programa sobre poesía moderna, podcast, sobre todo de poesía moderna.

6.  Día do libro

Integrarase a todo o centro. Realizarase un libro colectivo dixital, partindo de que cada persoa engadirá a súa achega e entre todos e todas crearemos un libro “zalaético” colectivo, en colaboración cos Departamentos de Linguas, titorías e Orientación.

7.  Día das Letras

Dedicado este ano a Xela Arias a proposta deste curso é que cada se grave ou a graven realizando un debuxo acompañado dun texto da autora e ao que se engadirá o audio, ademais das redes sociais os traballos sairán en O son das ondas.

Virá ao centro algún grupo de música galega para que pase durante o recreo polos distintos espazos onde o alumnado estea coa finalidade de celebrar este día gardando as distancias e facilitando a achega musical a todo o alumnado. No caso de primeiro e segundo de Bacharelato achegarase ata as aulas.

8.  O nome das árbores

Partirase de textos literarios en que aparezan nomes de árbores froiteiras, cantigas, etc., e musicaremos os textos, despois engadiranse os resultados a códigos QR e conectaranse con O son das ondas. Realizarase un vídeo co resultado. É unha actividade en colaboración cun Proxecto que se está a levar a cabo no centro.

9.  Roteiro da muller na cidade da Coruña

Comezouse o curso pasado esta actividade, mais non puido rematarse por mor da situación sanitaria. Este curso buscarase máis información sobre nomes de mulleres en rúas, monumentos, ..., da nosa cidade e realizarase un roteiro, debuxado en acuarela, en papel de acuarela, en A5, co que se comporá un quebracabezas, a peza de cada persoa do alumnado uniranse formando o quebracabezas, enmarcarase para expor no centro. Escanearase o roteiro engadiranse códigos QR coa información de cada punto en que haxa unha rúa, monumento, ..., con nome de muller, ademais de audios, e imprimiranse en 3D. Temos en conta nesta impresión 3D a ASPRONAGA e a ADAFAG, cos que se traballa desde hai tempo no centro, sobre todo, en actividades do Club de Ciencia, con quen o EDLG vén colaborando en diversas actividades e á inversa. 

Ademais, unha vez finalizado o traballo realizaranse carteis para expor e facilitar ao alumnado dalgún xeito a mostra do roteiro (pins, o roteiro en papel, pegatinas, ...) e, sobre todo, realizaranse quebracabezas do roteiro, para que se poidan realizar e grazas á súa divulgación permita coñecer a representación da muller no noso rueiro, en nomes de edificios destacados da cidade, etc., ademais de coñecer a nosa cidade. 

Por outra banda, pretendemos elaborar unha pegatina grande para pegala no patio do instituto e que o alumnado poida realizar diferentes xogos enriba da pegatina do roteiro.

Nesta actividade, que se realizará partindo do 8 de marzo, data sinalada en canto á muller se refire, seguirase elaborando ata final de curso, o proceso supón unha elaboración minuciosa, elaboración do texto, do debuxo, dos códigos QR, dos audios; é un traballo completo, que implica a moitos departamentos e a un grupo grande de alumnado nun traballo colectivo que este curso temos que elaborar de xeito individual para achegar entre todos e todas a obra colectiva.

10.  Táboa periódica

En colaboración do Departamento de Física e Química, que está, desde o curso pasado, a traducir ao galego a táboa periódica, participaremos dese traballo de corrección, difusión e posta en marcha, impresión, ...

11.  Recreos creativos

Este curso adaptámolos á nova situación sanitaria. É unha actividade que arrancou o curso pasado coa intención de promocionar a lingua galega nos recreos axudando a que o alumnado se divirta, sobre todo intentando que ninguén fique no recreo sen actividade de lecer.

Este curso realizaranse xogos adaptados á nova situación para os trimestres 2º e 3º: Pomba branca, pomba negra; xogos de números; adiviña quén é; actividades de movemento gardando a distancia, con música galega actual, sobre todo, ...

12.  Concursos e conmemoracións

Vai haber participación de alumnado a diferentes concursos externos ao centro: Coca-Cola, RAG, ...

Ademais para as distintas conmemoracións das que non especificamos anteriormente actividades, facilitarase información en galego.

13.  Videoconferencia con varios centros de ensino

Valdoviño, Agra de Raíces e un centro portugués serán a nosa conexión para que o alumnado fale na súa lingua con outro alumnado doutros centros, ademais con centros nos que o alumnado é galegofalante ou de fala portuguesa, é unha maneira de promocionar a lingua e de poder valorala.

               

14.  Colaboración con Ciclos formativos e co Departamento de Inglés

A coordinadora nas clases de Ciclos formativos traballará co alumnado os distintos tipos de textos administrativos.

15. Día da muller e a nena na ciencia

Corrección dos textos sobre a muller e a nena na ciencia.

 

7. Conclusión

Pretendemos axudar na promoción da lingua galega en todo momento e que este traballo sexa constante e continuo no centro.

A Coruña, 11 de febreiro de 2021

Asdo.:

 

A coordinadora do EDLG             A directora

María Josefa Castro López  María Estrella Pérez Freire