Plan Proxecta de innovación en dinamización da lingua galega 

Desde Zalaeta para o mundo: abrindo mares e montes

Plan Proxecta de innovación en dinamización da lingua galega.

Título do noso proxecto:

Desde Zalaeta para o mundo: abrindo mares e montes.

Pretendemos que sexa unha fiestra aberta cara ao mundo desde a nosa lingua e literatura, así como desde os nosos costumes...

 

MEMORIA

DO

PLAN PROXECTA DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

DESDE ZALAETA PARA O MUNDO

 

 IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL

CURSO 2019-2020

Descrición inicial

No proxecto inicial partiamos da Rosa dos ventos que elaboramos para colocar na entrada do centro como referente para a comunidade educativa durante este curso, tendo en conta que ademais a temática central das actividades foi, en grande medida, o mar e as rotas mariñeiras, aínda que prestando importancia a todo o noso e á contorna. Esta rosa dos ventos de Zalaeta foi un punto de comuñón, mais debido ás circunstancias non se puido colocar na entrada do centro, mais si foi un referente para rematar o curso.

Logo, desde este punto de partida inicial, que o tivemos en conta igualmente, camiñamos por distintas dinámicas e percorridos, mais cun eixe común: a lingua galega e a súa dinamización tendo en conta a cada persoa e á comunidade educativa en xeral, a través de actividades atractivas, didácticas e educativas de xeito interdisciplinar e que esta dinamización poda trasladarse cara ao exterior (cando menos en actividades concretas), isto conseguímolo e puidemos contar coa participación de todo o centro nalgunha das actividades sobre todo, mesmo coa ANPA e outro persoal que colabora co centro.

Houbo un eixe de unión e conexión entre todas as actividades realizadas, cun sentido de actividade común, os Recreos creativos englobaron actividades diversas das celebracións concretas anuais, como pode ser o Día da violencia de xénero ou o Día da Paz e o proxecto as Redes que nos unen, que pretendeu comunicar todas as actividades realizadas, desde a Rosa dos ventos e o sentido léxico do seu mundo, o do mar, ata os mercados, que o alumnado traballou con visitas aos próximos ao centro e procurou axudar na promoción do noso produto, o galego, e en galego. Todas as actividades realizadas, como diciamos, conectaron entre eles e tiveron un fío común, desde Zalaeta, para o centro, a zona e o mundo, promocionar a nosa lingua e o noso (produtos, costumes, celebracións concretas, como o Maio,...) cara ao mundo.

Con isto ten que ver a actividade que se comezou a realizar para conectarmos con distintas casas de Galicia no mundo e traballarmos os mercados no mundo intentando contar con todos os niveis de ensino do centro, dun xeito ou doutro. Este traballo foi como o barco que nos guiou desde a Rosa dos ventos cara a outros lugares onde desde a lingua galega en traballos innovadores e educativos o alumnado puido aprender, divertirse e, sobre todo, ser consciente da importancia da lingua galega e do seu uso, así como dos produtos galegos e a súa promoción en galego, sobre todo. Por iso ese título da actividade conectora: AS REDES QUE NOS UNEN.

OBXECTIVOS: Os obxectivos expostos no proxecto conseguíronse, tanto os que se propuxeron nas actividades que se puideron levar a cabo a curto prazo como os que se propuxeron para longo prazo, e pretendemos continuar esta dinámica, se ben é certo que desde o 13 de marzo, co estado de alarma, seguimos traballando desde a casa, sen deixar de lado este proxecto. Os obxectivos son os que se establecían no proxecto inicial.

A ORGANIZACIÓN, O DESENVOLVEMENTO E A METODOLOXÍA: En realidade as actividades realizadas foron complementándose unhas a outras e cremos que isto foi moi enriquecedor para o proxecto e para fornecerlle ese sentido de conxunto cun fío común e relacionalas entre si, onde a lingua galega era a protagonista.

 A organización realizouse a través de xuntanzas e reunións cada venres ás 11:20 horas. Nesta reunión semanal poñiamos en común a organización das actividades e acordabamos o seu desenvolvemento e metodoloxía, ademais de repartir o traballo de organización co alumnado. Comezabamos polo curto prazo e despois falabamos da organización das de longo prazo. Este xeito de organizarnos foi produtivo para poder levar un seguimento das actividades tanto semanal como mensual ou total, así como para ir valorando o realizado e o que faltaba por realizar. 

O DESENVOLVEMENTOUnha vez organizadas as actividades o desenvolvemento era o seguinte na maior parte das actividades: anuncio ao s e alumnado implicado; promoción no centro, a través do profesorado, de carteis anunciadores no centro, e a coordinadora do proxecto pasaba polas aulas de todo o centro avisando de cada actividades, ademais o profesorado que participa no Plan Proxecta, sobre todo, e o demais profesorado, así como o persoal de Conserxaría, colaborando permitindo a colocación de caixas de correo para determinadas actividades na propia Conserxaría, co permiso da Dirección do centro, así como na colocación de carteis anunciadores; preparación do material necesario; traballo nas aulas ou nos recreos creativos das actividade correspondentes, ou das saídas fóra do centro, como son as do mercado, por exemplo; realización da actividade; proxección cara ao centro e cara ao exterior, sobre todo a través da súa difusión nas redes sociais. 

A metodoloxía: AS ACTIVIDADES. Realizáronse todas as actividades, salvo a Festa final e algunhas que se comezaron, mais non puideron rematarse.

Profesorado implicado: 

 

Castro López, María Josefa

Coordinadora


Otero Moreira, Ramón

Docente


Freire Campo, María Paz

Docente


García Rivero, Concepción

Docente


Pérez Castelo, Nuria

Docente


Vilariño Suárez, María Dolores

Docente


López Blanco, María Elena

Docente


Maseda Ferreiro, Elena Rosario

Docente


Pasandín Regueira, Ramón

Docente


Vázquez Figueiras, Andrés

Docente


AVALIACIÓN

A avaliación foi moi positiva en todos os aspectos: promoción da lingua no centro en actividades atractivas e participación tanto do alumnado como do profesorado e demais persoal (conserxaría, mantemento, ANPA...). Soamente faltou realizar unha avaliación final por parte de todos os axentes para poder valorar nunha visión de conxunto todo o proxecto e o seu seguimento.

 

 Observacións complementarias:

Hai un vídeo resumo dalgunhas das actividades realizadas no arquivo da memoria.

https://www.instagram.com/tv/CBDfHTEg810/?gshid=1rvsqiegkaywe


Bibliografía

Todo o traballo elaborado nas actividades foi de creación propia e tendo en conta a lingua galega. Os recursos que utilizamos e que ofrecemos son, fundamentalmente os mesmos. Na páxina web aparecen reflectidos, no EDLG. Contamos coa visualización constante das tarefas e traballos presentados desde a páxina web e desde as redes sociais.

 

  Día das letras galegas: 



 A Coruña, 24 de xuño de 2020

 

                     Directora Coordinadora do Proxecto

        

Asdo. Estrella Pérez Freire María Josefa Castro López