Durante séculos, numerosas mulleres desenvolveron carreiras artísticas relevantes, pero moitas delas foron desaparecendo progresivamente dos relatos máis coñecidos da Historia da Arte. A exposición Maestras, organizada polo Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, reuniu preto dun cento de obras de creadoras desde finais do século XVI ata as primeiras décadas do XX e revisou o seu papel na historia da arte desde unha perspectiva feminista.
Neste proxecto imos partir das súas obras para facer algo diferente: non copialas, senón observalas, investigalas e poñelas en movemento.
Cada persoa ou pequeno equipo escollerá unha artista e unha obra. Antes de animar terá que descubrir quen foi a súa autora, cando e en que contexto traballou, que está acontecendo na imaxe e, sobre todo, que movemento podería ter sentido dentro desa obra.
O obxectivo non é facer que todo se mova. Un xesto, unha mirada, unha sombra, unha folla que cae, un animal que esperta ou unha forma que cambia pode transformar completamente unha imaxe.
As animacións formarán posteriormente parte dun museo virtual 360º de mulleres artistas.
Ficha moi curta BUSCAR A MIÑA ARTISTA
Artista escollida: nome, lugar e datas.
Tres obras que che interesen: imaxes + título + data.
Obra que vas animar: título, ano e museo/colección onde se conserva.
Mira durante dous minutos: que persoas, animais, obxectos, formas, luces ou espazos aparecen? Que está pasando?
Que podería ocorrer? Escribe tres posibilidades de movemento.
Proposta final: pequeno bosquexo/storyboard explicando que partes permanecerán quietas e que partes se animarán.
¿por que quero mover isto?
A páxina oficial de Maestras explica as oito seccións e o sentido da exposición. Exposición MAESTRAS · Museo Thyssen
O Thyssen conserva a visita virtual á exposición. Podedes percorrer as salas e descubrir obras antes de escoller. Visita virtual MAESTRAS
Tamén hai unha selección de obras con imaxes e fichas. Selección de obras de MAESTRAS
Artista Referencia
Posibilidade de animación (no repetir artista)
Artemisia Gentileschi
Luz que se despraza, tecidos, miradas, entrada ou saída dunha personaxe
Lavinia Fontana
National Museum of Women in the Arts
Xoias, animais, roupa, pequenos xestos
Elisabetta Sirani
National Museum of Women in the Arts
Mans, obxectos, miradas, aparición gradual de elementos
Clara Peeters
National Museum of Women in the Arts
Reflexos, líquidos, froita, insectos, flores
Maria Sibylla Merian
National Museum of Women in the Arts
Ideal: eirugas, crisálidas, bolboretas, plantas que medran
Rachel Ruysch
National Museum of Women in the Arts
Flores que abren, insectos, follas, pequenas criaturas
Angelica Kauffmann
National Museum of Women in the Arts
Movemento teatral de personaxes, teas e obxectos
Rosa Bonheur
National Museum of Women in the Arts
Animais, vento, herba, nubes
Mary Cassatt
National Museum of Women in the Arts
Xestos pequenos, relación entre figuras, auga, roupa
Berthe Morisot
National Museum of Women in the Arts
Auga, árbores, vestidos, parasoles, pinceladas que cobran vida
Suzanne Valadon
National Museum of Women in the Arts
Relación entre personaxes, espello, roupa, obxectos
Paula Modersohn-Becker
Xestos mínimos, flores, fondo que se transforma
María Blanchard
Fantástica para facer que os planos cubistas se separen e recompoñan
Maruja Mallo
Verbenas, máscaras, elementos xiratorios, figuras, ritmos
Frida Kahlo
Plantas, animais, fondos, símbolos. Mellor evitar o simple “pestanexo”
Sonia Delaunay
Excelente para movemento de cor, rotación, ritmo e transformación xeométrica
Natalia Goncharova
Figuras que camiñan, formas que vibran, raios de cor
Hilma af Klint
Espirais, círculos, crecementos orgánicos, símbolos que se conectan
Remedios Varo
Máquinas imposibles, personaxes que se desprazan, fume, transformacións
Leonora Carrington
Criaturas, portas, metamorfoses, espazos fantásticos
Georgia O'Keeffe
Museo Georgia O'Keeffe · recurso en español
Flores que se abren, respiración da forma, luz da paisaxe
Tarsila do Amaral
Sol, plantas, figuras e arquitecturas que cambian de escala
Paula Rego
Pequenas accións narrativas, personaxes que rompen unha escena aparentemente fixa
Faith Ringgold
Converter a pintura ou o tecido nunha secuencia narrativa
Día / sesión
Traballo
Día 1
Ficha de investigación. Escolla da artista e da obra. Busca de información básica, análise da imaxe e primeiras ideas de transformación.
Día 2
Storyboard. Decidir que se vai mover, que permanece fixo, como comeza e remata a acción e que relación ten coa obra escollida.
Día 3
Pencil2D · Sesión 1. Preparación do arquivo, importación das referencias e primeiros fotogramas.
Día 4
Pencil2D · Sesión 2. Construción da animación.
Día 5
Pencil2D · Sesión 3. Continuación da animación e axustes do movemento.
Día 6
Pencil2D · Sesión 4. Limpeza, ritmo e coherencia visual.
Día 7
Pencil2D · Sesión 5. Acabados, cor se procede e revisión xeral.
Día 8
Pencil2D · Sesión 6. Exportación final e entrega.
Duración total: 8 sesións.
Unha reinterpretación animada, breve e persoal, creada a partir dunha obra dunha artista previamente investigada.
Entrega prevista: principios de novembro de 2026.
A continuación comezará a Parte 3: creación do museo virtual / espazo 360º.