A música e o ambiente de romaxe encherán de novo o espazo da Bóla, ao pé da ponte románica da Ferraría, nunha nova edición do Festival do Río Castro.
Unha cita que volve cargada de actividade para case toda a xornada, empezando xa a media mañá coa chegada das merendas que se xuntan para pasar o día á beira do río.
O programa especial destas 30 edicións inclúe sesión vermú a iso das 14:00h con Sérralhe aí!, xogos tradicionais despois do xantar e a actuación ás 18:00h. de Peter Punk Pallaso, previa ao competitivo campionato de deportes rurais.
Para os concertos da noite convidamos a Vai rañala meu!, a Ailá e, para pechar, á Banda Xangai.
No apartado de Grupos tes máis información sobre quen nos acompañará este ano.