Cartel deste ano, deseño do artista gráfico Juanlu Fernández

Edición 2019

En 2019 volvemos ter unha pequena sesión vermú a iso das 14.00h. cos Feroces da Galgueira e un entretido obradoiro de baile tradicional para aprendermos os puntos básicos.

A partir das 15’30, Odaiko Crea fíxonos pasar unha tarde ben entretida con xogos e actividades pensadas para grandes e pequenos. Cara ás 17'30 tivemos a actuación dos Trotaventos, un proxecto musical que nos trouxo ritmos que nin son para rapazada nin para papás e mamás, senón para soñadores e soñadoras, teñan a idade que teñan.

Ao remate do espectáculo, a iso das 18'30 comezou un dos apartados máis exitosos do noso festival, o campionato de xogos populares, que pón a proba a forza e a pericia de quen queira sentar cátedra co tronzador, tirando á corda ou petando na chave.

Ás 22'30 empezamos cos concertos nocturnos. Nesta edición, tal e como se pode ver no cartel, acompañáronnos Lenda Ártabra, Os Melidaos, Tiruleque e Mekanika Rolling Band.