A imaxe que mellor nos define

O mellor festival do mundo mundial!

Trala fantástica volta do festival en 2022, para este ano temos o que seguramente sexa o programa máis ambicioso dos últimos anos, na compaña das Escolas Municipais do Concello de San Sadurniño, o Home Orquestra Cé Orquestra Pantasma, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Carapaus e, como peche, a Mekánika Rolling Band. ¿Alguén dá máis?.

Seguimos mantendo a filosofía que nos viu nacer: reivindicar a cultura e o respecto polo ambiente por medio dunha xornada de festa que, en certa maneira, tenta recuperar o espírito das romarías campestres de antano, hoxe alagadas na lucería, os escenarios móbiles e os ritmos monocordes de alén do Atlántico.

A través deste site queremos informarvos de todo o que vai ocorrer o 1 DE XULLO no lugar da Bóla. Ademais, tamén podedes seguir o noso labor a través do perfil da Asociación veciñal O Castelo de Naraío en Facebook.

Xa sabedes, o primeiro sábado de xullo todo o mundo a Naraío para desfrutar do que, para moitas e moitos, é o mellor festival do mundo mundial.

Colaboran...

Síguenos en...