OBRADOIRO DE FORMACIÓN

O luns, 8 de novembro de 2021, o alumnado de 6º curso, xunto coa súa titora Susana López e a coordinadora da Radio na Biblio, Marta Pérez, participaron no Obradoiro de Formación de RADIO NA BIBLIO impartido por Damián Alonso:

  • Actor de voz e dobraxe e de teatro.

  • Locutor en publicidade e documentais en radio e televisión.

  • Membro a Asociación Cultural e Pedagóxica PONTE...NAS ONDAS!

Foi unha mañá moi produtiva pois realizaron prácticas de locución, dicción, articulación e transmisión da voz.

Iniciación ao manexo do programa AUDACITY

Elaboración dunha escaleta e realización do guión

As músicas e todo o necesario para elaborar un podcast.

Aprenderon moito e pasaron unha mañá aprendendo de xeito diferente!

No seguinte vídeo podemos ver o resultado.