PROGRAMA

SEMANA SANTA EN VIVEIRO

(2018-2019)

A SEMANA SANTA DE VIVEIRO é unha das celebracións relixiosas máis antigas de Galicia, que se realiza desde o século XIII.​ Nesta conmemórase a paixón, morte e resurrección de Jesús de Nazaret a través dos diferentes actos, celebracións e procesións que realizan as confrarías. Ademais do seu carácter relixioso, a Semana Santa vivariense é tamén considerada como un acontecemento cultural, popular e de atracción turística.

Por iso o alumnado de 6º curso de Primaria quixo realizar un Programa de Radio Especial dedicado a esta importante festividade.

Como sempre podemos ver o vídeo de "como o fixemos" e tamén escoitar o audio.