ENTREVISTA A MARÍA PRIETO

O alumnado de 6º de primaria participou na gravación dun novo programa de RADIO NA BIBLIO, cunha entrevista a María Prieto, (avoa de Nerea Pigueiras, alumna de 6º) traballadora na fábrica de conservas ALBO de Celeiro.

Esta entrevista está enmarcada dentro do proxecto "Coñecemos Celeiro". Nesta ocasión mergullámonos no mundo das conserveiras e en especial no traballo que en elas se realiza.