PROGRAMA
(2018-2019)
ESPECIAL ROSALÍA DE CASTRO
O alumnado de Valores de 6º curso, Tábata, Julia, Carmen e Bryan, realizaron un programa especial adicado a Rosalía de Castro coas seguintes propostas:
Semblanza da poeta
Entrevista ás mestras Angélica, Patricia e Marta
Entrevista ao alumnado
Entrevista ás familias e veciños do Chao
O PROGRAMA 3 foi gravado o martes, 26 de febreiro do 2019.
No vídeo podemos ver como se foi realizando o programa de radio. Seguimos á espera do material técnico especial para poder traballar con máis recursos, pero non quixeron perder a oportunidade de dedicarlle este pequeno traballo a ROSALÍA DE CASTRO.