PROGRAMA

(2018-2019)

DÍA MUNDIAL DA RADIO

"DIÁLOGO, TOLERANCIA E PAZ"

No ano 2013 a ONU aprobou a proclamación da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación de Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a coperación internacional entre os organismos de radiodifusión."

Este ano celébrase co lema: "Diálogo, tolerancia e paz" e o poder da radio para promover o entendemento e as cominidades poderosas.

Dende a Asesoría das Bibliotecas Escolares anímannos a que participen os 50 centros que forman parte do programa de Radio na biblio e todos aqueles que contan cunha emisora de radio. É un bo momento para difundir as experiencias que promoven o traballo colaborativo en ambientes de tolerancia, respecto e integración.

O noso programa foi gravado o 7 de febreiro de 2019 e conta cos seguintes apartados:

  • Comentario da libro WANGARI MAATHAI

  • Canción O PROGRESO

  • Recitado de poesías sobre a PAZ

  • Reflexións sobre o DIÁLOGO, TOLERANCIA E PAZ

  • Interpretación da decoración dos corredores do colexio

  • Conto O ESQUÍO PREGUICEIRO

  • MÚSICAS cantadas ou tocadas polo alumnado do colexio.

        • EQUIPO DE TRABALLO : Candela, María, Julia, Martina, Antía, Pablo A. e Alejandro.