ENTREVISTA A VICENTE MÍGUEZ SALGUEIRO

Na mañá do luns, 13 de decembro, o exprofesor do noso colexio, Vicente Míguez Salgueiro, fíxonos unha visita pois o alumnado de 6º curso de Primaria realizoulle unha entrevista na Radio "Rufosoños". Este é o primeiro programa que realizan despois de recibir a formación necesaria para realizar programas de radio.

Esta actividade está enmarcarda dentro do proxecto "Coñecemos Celeiro".

Vicente, ademais de mestre, é un gran coñecedor do noso pobo pois participou é particia na vida social e cultural de Celeiro formando parte de diversas asociacións locais. Tamén é escritor:

  • Coñece Celeiro, porto punteiro, Conto. Coautor con Xoán Neira.

  • De azul olvido (1998), Novela.

  • A lúa deitada en Porto Norte (2011), Novela.

Ámbalas dúas obras vencelladas á pesca nos portos do norte lugués.

  • Un alpendre de sombra e luar. A escola literaria da Diocese de Mondoñedo-Ferrol. Participa en esta obra colectiva coordinada por Félix Villares Mouteira.

  • Corredactor de Galicia, un país de paisaxes. (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia).

  • Coautor con Andrés Díaz Ferro.

  • Conserveiras de Celeiro, Vicedo, Bares e Barqueiro (a xénese industrial). Obra de investigación sobre as fábricas da conserva ao longo do século XX nas rías de Viveiro e do Barqueiro, 2018. Coautor con Carlos Nuevos Cal.

Dende 1994, director e autor de once obras de teatro escolar.

O alumnado de 6º curso fíxolle a unha entrevista que queda recollida no seguinte vídeo