ENTREVISTA A DANIEL FERNÁNDEZ CAXETE

O alumnado de 6º de primaria segue a realizar programas de Radio na Biblio.

Seguen traballando no proxecto documental "COÑECEMOS CELEIRO" e agora presentan unha entrevista a Daniel Fernández Caxete, un home moi involucrado na vida cultural do pobo e que formou parte de varias agrupacións musicais.

Foi fundador do grupo XISTRA e na actualidade é o director de SONS DE CELEIRO.

Esperamos que vos guste a entrevista