PROGRAMA 1

(2020-2021)

FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO

Durante a mañá do luns, 23 de novembro, o alumnado de 6º curso de Primaria participou no Obradoiro de Iniciación á Radio impartido por:

  • Damián Alonso, actor de voz e dobraxe, locutor de publicidade e documentais en radio e tv.

  • Xerardo Feijoo, mestre e integrante da A.C.P. Ponte...nas ondas!

O traballo foi moi ilusionante e quedamos comprometidos para poder realizar programas de RADIO "ao noso xeito". Queda moito traballo por diante:

  • Diseñar que tipo de programas de radio levaremos a cabo.

  • Formar os diferentes equipos de técnicos, presentadores, guionistas, colaboradores...

No seguinte vídeo podemos ver imaxes do Obradoiro e a gravación do PROGRAMA DE PROBA.

Moitas grazas a Xerardo e Damián polas súas ensinanzas e bos consellos!!!