PROGRAMA 10

"ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2020"

PROGRAMA NÚMERO 10

"ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2020"

GRAVACIÓN SEMANA DO 11 AO 16 DE MAIO

REALIZADO DESDE AS VOSAS CASAS

(NO TEMPO DO COVID-19)

A radio da Biblioteca do CEIP de Celeiro, “RUFOSOÑOS”, quere facervos unha proposta:

Realizar un programa de “radio virtual”, con motivo da pronta celebración do Día das Letras Galegas que este ano están dedicadas a Ricardo Carvalho Calero.

Este será o voso último programa de RADIO NA BIBLIO (RADIO NA CASA) dadas as circunstancias que estamos a vivir por mor do CORONAVIRUS.

Dentro do guión do programa faremos dúas partes diferenciadas:

Biografía e obra do autor homenaxeado…

Cada un/unha lerá a súa parte correspondente

Tamén cada un e unha de vós redactará unha entrada sobre o que queirades expresar: como vos atopades, o que votades de menos, o que faredes cando todo volva á normalidade, que é o que estades a facer, os libros que estades a ler ou tarefas que estades a realizar, o que votades en falta… é dicir todo aquelo que se vos ocorra.

  • Primeiramente xa sabedes que tedes que escribir o texto

  • Practicar a súa lectura para unha correcta expresión

  • Por último gravádeo nun pequeno vídeo (teléfono en horizontal) que non debe exceder dun minuto e que terá que levar unha introdución cun saúdo e dicindo o voso nome.

Os vosos profesores: Paco e Marta, encargaranse de editar e publicar o programa de radio “especial” realizado por todos vós.