PROGRAMA de presentación

dos novos materiais da

RUFO SOÑOS

"SESIÓN DE FORMACIÓN"

EN 6º CURSO

Presentamos os novos materiais para o RADIO NA BIBLIO, a RUFO SOÑOS.

  • Amplificador, mesa de mezclas, ordenador, micrófonos, cascos...

Para aprender a manexar todos estes novos aparellos volvimos ter unha sesión de formación o martes, 9 de abril de 2019.

Os encargados de impartir esta sesión foron Xerardo e Damián da Asociación PONTE NAS ONDAS.

Recordamos cousas aprendidas na 1ª sesión e aprendimos outras novas que nos servirán para seguir realizando programas de radio nos que iremos contando o que sucede no noso colexio e tamén outras de carácter máis lúdico e divertidas.

Deixamos o vídeo onde recollemos o "como o fixemos" e tamén o audio.