PROGRAMA 3
(2020-2021)
"especial día de rosalía"
ENTRADA NO BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o alumnado de 6º curso preparou un programa especial dedicado á nosa gran escritora galega.
No programa participa o grupo formado por Nicolás F., Bruno, Helena, Alison e Lía.
Traballaron os seguintes contidos:
Breve semblanza da súa vida e obra.
Os poemas que musicamos e cantamos no colexio
Os diferentes traballos que se realizaron nas aulas durante esta semana: murais, vídeo-libros, marcapáxinas, caligramas con distintos poemas da autora e tamén inventaron acrósticos no nome de Rosalía...