RADIO NA BIBLIO

CEIP DE CELEIRO

VIVEIRO (LUGO)

BLOG DA BIBLIOSOÑOS


No mes de outubro de 2018 solicitamos este proxecto para levalo a cabo dende a nosa Biblioteca, o 4 de decembro saiu a resolución e fumos seleccionados, xunto con outros 29 centros de toda Galicia (entre eles o CEIP Plurilingüe de Covas).

O Programa Radio na Biblio semella un mosaico ben colorista de fermosas iniciativas onde o alumnado cobra un protagonismo especial, as nenas e os nenos modelan a súa competencia comunicativa en contextos multimedia ao tempo que enriquecen os seus proxectos de investigación con formatos audiovisuais.

Obxectivos Xerais da Radio Na Biblio

• Confeccionar unha emisora que emita con certa periodicidade na internet, a través de arquivos de audio

gravado (podcast).

• Utilizar o taller de radio como recurso pedagóxico ao servizo das áreas curriculares e de Tempo libre.

• Desenvolver unha nova maneira de educar: activa, aberta á vida, crítica e solidaria.

Obxectivos Específicos da Radio Na Biblio

• Integrar, a través da radio, as diferentes áreas do currículo escolar, de tal forma que as palabras sirvan para desenvolver as competencias básicas.

• Favorecer o traballo cooperativo e integrador dos membros participantes, tanto entre alumnos, como destes cos seus titores. Directamente relacionado virá expresarse con liberdade, defendendo os seus propios criterios e respectando ao outro e as súas diferenzas.

• Crear vías de expresión, de comunicación no noso alumnado que lles axuden a defender os seus criterios, vencer a timidez...

• Servir de ligazón entre a Escola e a súa Comunidade.

• Mellorar a produción oral e escrita do alumnado, como proceso básico de comunicación.

• Producir correctamente mensaxes orais, expresar a súa espontaneidade comunicativa e ser protagonistas nesta acción cultural.

• Integrar as Tecnoloxías da Información e a comunicación, TIC, na realidade educativa, como obxecto e suxeito de estudo, como recurso educativo e como vehículo de futuro.

• Fomentar o traballo en equipo, a responsabilidade e o gusto pola lectura e a correcta expresión oral e

escrita.

• Desenvolver a creatividade no proceso de xeración dos programas radiofónicos.

• Solicitar información con independencia e audacia, desenvolvendo o espírito investigador.

• Aumentar as competencias lingüísticas.

• Interpretar correctamente os signos de puntuación, logrando un bo equilibrio entre estes e a entoación.