TRABALLO NA CASA

8 de xuño de 2020

Traballo para esta semana

Dous cuestionarios:

1. Repaso da Historia da Lingua e da Literatura Galegas: son preguntas de repaso dos períodos da Historia da Lingua e da Literatura que vimos ao longo do curso. Para realizalo podedes apoiarvos nesta Panorámica xeral que viramos ao comezo do curso.

2. Eduardo Pondal: é un cuestionario para achegarnos a Eduardo Pondal, que foi, xunto con Rosalía e Curros, unha das figuras máis emblemáticas do Rexurdimento galego. Neste documento: Eduardo Pondal - Resumo vida e obra encontraredes os datos máis relevantes deste persoeiro.

Prazo de entrega: tedes ata ás 14:00 horas do próximo luns 15 de xuño para cubrir os dous cuestionarios.

1 de xuño de 2020

Bo día,

Que tal vai? Espero que todo ben. Comeza xuño e vaise achegando o final de curso, así que mándovos moitos ánimos para a recta final :)

Como cada luns, déixovos aquí as actividades para estes días:

Prazo de entrega: tedes ata ás 14:00 horas do próximo luns 8 de xuño para enviarme as actividades ao correo: carolinaprofedelingua@gmail.com


Solución das actividades da semana anterior:


Un saúdo e boa semana!

Carolina

25 de maio de 2020

Bo día,

Que tal vos vai? Espero que sigades todos/as ben.

Como cada luns, cólgovos aquí as tarefas desta semana. É unha continuación das actividades da semana pasada, encamiñadas a corrixir algúns erros bastante frecuentes. Nun dos documentos (o PDF) tedes os apuntamentos precisos para realizar as actividades; no outro, están as actividades.

Prazo de entrega: tedes ata ás 14:00 horas do próximo luns 1 de xuña para enviarme as actividades ao correo: carolinaprofedelingua@gmail.com


Solución das actividades da semana anterior:


Un saúdo e boa semana!

Carolina

18 de maio de 2020

Bo día,

Cólgovos aquí as tarefas para esta semana. Son actividades dirixidas a corrixir algúns erros bastante frecuentes que estou detectando nos vosos traballos. Nun dos documentos (o PDF) tedes os apuntamentos precisos para realizar as actividades; no outro, están as actividades.

Prazo de entrega: tedes ata ás 14:00 horas do próximo luns 25 de maio para enviarme as actividades ao correo: carolinaprofedelingua@gmail.com

Ese mesmo día pola tarde subirei as solucións destas actividades e colgarei tamén o traballo da próxima semana.

Un saúdo e boa semana!

Carolina

11 de maio de 2020

Como sabedes, o vindeiro domingo, 17 de maio, será o Día das Letras Galegas. Por iso, a tarefa desta semana está relacionada con esta celebración e co autor homenaxeado neste ano 2020: Ricardo Carvalho Calero, unha das figuras máis relevantes da cultura galega do século XX.

Tedes que ler a información que se achega sobre a Historia das Letras Galegas e sobre Carvalho Calero na páxina da Real Academia Galega. Podedes lela pinchando aquí ou no PDF que vos deixo. Despois, debedes realizar o formulario e envialo (ao rematar o formulario dádeslle a enviar e xa chega ao meu correo). Se alguén tivese problemas para cubrir o formulario on-line, podo enviarlle unha copia ao correo.

  • Prazo de entrega: o prazo para enviar o formulario é ata o próximo luns 18 de maio, ás 14:00h.



Finalmente, cópiovos aquí o enlace a unha iniciativa do Equipo de Dinamización Lingüística do Instituto, por se vos animades a participar: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesregodetrabe/node/1173

04 de maio de 2020

Ola! Que tal vai todo? Espero que sigades ben!

Déixovos aquí o traballo para esta semana e tamén os acordos tomados polo Departamento de Lingua Galega e Literatura en relación ao desenvolvemento e avaliación deste atípico terceiro trimestre.

Un saúdo e que teñades unha boa semana!

Carolina

TRABALLO PARA ESTA SEMANA

O traballo desta semana é unha lectura dun breve texto cunhas actividades de comprensión, gramática (aspectos que vimos na clase) e produción textual.

Tedes dous documentos:

- No Word tedes o texto e as actividades.

- No PDF, ademais do texto e as actividades, inclúense exemplos, explicacións e consellos para realizar correctamente cada exercicio. Nalgunha destas explicacións refírome á ABAU porque as actividades propostas seguen o modelo do que adoita preguntarse nesta proba (de feito, o texto e as preguntas 1, 2 e 5 están extraídas dun exame do 2010).

Déixovos tamén aquí, por se lle queredes botar un ollo, a estrutura que seguen os exames de Lingua Galega da ABAU (menos o deste ano, que, como xa saberedes, foi adaptado polas circunstancias nas que estamos) e o tipo de actividades que se piden.

PRAZO DE ENTREGA: Tedes ata ás 14:00 horas do próximo luns 11 de maio para enviarme as actividades ao correo: carolinaprofedelingua@gmail.com

Ese mesmo día pola tarde subirei as solucións destas actividades e colgarei tamén o traballo da próxima semana.

Solucións das tarefas da semana pasada:

ACORDOS TOMADOS POLO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA

No seguinte enlace podedes acceder a un documento no que se recollen os principais acordos tomados polo Departamento de Lingua Galega en relación ao que nos queda de curso:

Resúmense deseguido os aspectos máis relevantes relacionados coa avaliación final:

  • A nota final partirá da media* da primeira e da segunda avaliación.
  • As actividades que fagades e presentedes neste terceiro trimestre van ser avaliadas e servirán para mellorar, na medida das posibilidades de cadaquén, a nota media dos dous trimestres anteriores. Polo tanto, a nota final do curso nunca será inferior á media que tiñades.
  • No caso do alumnado con avaliacións suspensas, é particularmente importante que se realicen estas actividades xa que se terán en conta como traballo de recuperación e serviranvos para subir a nota.

*Para facer a media teño en conta a vosa nota sen redondear (por exemplo, se no boletín levastes un 6, pero tiñades un 5’7, a nota que terei en conta será o 5’7).

27 de abril de 2020

TRABALLO PARA ESTA SEMANA

Bo día,

Que tal? Espero que sigades todos/as ben.

Déixovos o traballo para esta semana. Son unhas actividades para traballar a argumentación e os textos argumentativos. Creo que é importante achegarnos a este tipo de textos, entre outros motivos, porque na proba das ABAU é unha pregunta clave: a realización do texto argumentativo sobre un tema determinado conta tres puntos. Entón, penso que é bo ir practicando :)

Son dous documentos, un coa explicación e con exemplos (o pdf) e outro coas actividades (o word):

Prazo de entrega: Tedes ata ás 14:00 horas do próximo luns 4 de maio para enviarme as actividades ao correo: carolinaprofedelingua@gmail.com

Ese mesmo día pola tarde subirei as solucións destas actividades e colgarei tamén o traballo da próxima semana.


SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES ANTERIORES

Cólgovos aquí as solucións das actividades que entregastes anteriormente:

Un saúdo e boa semana!

Carolina

20 de abril de 2020

TRABALLO PARA ESTA SEMANA

Bo día,

Que tal estades? Espero que todo ben!

Cólgovos aquí o traballo de Lingua Galega para esta semana. Son unhas actividades sobre a figura do poeta Manuel Curros Enríquez, para ampliar o tema do Rexurdimento que vimos o trimestre pasado. Nun documento están as actividades e o outro é para que completedes coas vosas respostas (preferiblemente a ordenador ou, se non vos é posible, enviando foto do caderno). Déixovos tamén aquí o enlace a tres vídeos que son necesarios para facer algunha das actividades:

Prazo de entrega: Tedes ata ás 14:00 horas do próximo luns 27 de abril para enviarme as tarefas ao correo: carolinaprofedelingua@gmail.com

Ese mesmo día pola tarde subirei as solucións destas actividades e colgarei tamén o traballo da próxima semana.

*** Excepcionalmente, amplíase tamén o prazo para entregar as tarefas da semana pasada (as da reportaxe sobre o "Resistiré") ata o 27 de abril, tamén ás 14:00.


FALTAS

Seguindo as últimas instrucións de Dirección, cada semana debemos poñer falta a quen non enviase o traballo desa semana. Entón, a partir da próxima semana, marcarei a falta no Xade a quen non envíe ningunha das actividades no prazo establecido.

Sempre procuro confirmarvos a todos/as que recibín correctamente o voso traballo; se vedes que, despois dun tempo prudencial, non vos escribo para confirmar o recibo, volvede enviarmo.


AVALIACIÓN

Seguimos aínda á espera de instrucións concretas da Consellería. Con todo, estas actividades que estades realizando van ser avaliadas e teranse en conta na nota final do curso. Así pois, anímovos aos/ás que estades traballando e entregando todo en prazo a que sigades así, xa que o voso esforzo non vai caer en saco roto.

Por outra parte, para os/as que tedes algunha avaliación suspensa, estas actividades servirán tamén para recuperar a parte da materia que tedes pendente. Noutras palabras, un dos requisitos para aprobar as avaliación suspensas é ir realizando estas actividades, ademais dun boletín de actividades específicas que vos enviarei no seu debido momento.


LIBROS DE LECTURA

Neste terceiro trimestre non vai haber lecturas obrigatorias. Con todo, os libros que estaban previstos quedan como títulos de lectura optativa, para subir nota. Se alguén ten pensado facer unha destas lecturas, que me escriba ao longo desta semana para acordar como faremos a proba.

  • Infamia, de Ledicia Costas
  • O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz
  • Beleza vermella, de Arantza Portabales (Deixo tamén esta novela como optativa porque algún de vós falara comigo de que a estaba lendo cando nos cancelaron as clases).


Isto é todo!

Un saúdo e boa semana!

Carolina

14 de abril de 2020

Bo día,

Que tal estades? Espero que, dentro do posible, pasásedes unhas boas vacacións.

Cólgovos aquí o traballo para esta semana. É unha lectura dunha breve reportaxe cunhas actividades de comprensión, ortografía e gramática. As cuestións de gramática son todas de repaso do visto ao longo do curso, os apuntamentos seguen colgados na web, pero se tedes calquera dúbida, escribídesme.

Podedes facer as actividades en Word e despois enviarmas ao correo carolinaprofedelingua@gmail.com. Facendo clic nos seguintes botóns accededes ao texto e ás actividades. O prazo para envialas é ata o próximo martes 21 de abril.

Por agora, o profesorado aínda non temos instrucións concretas sobre como se vai desenvolver o terceiro trimestre: se imos avanzar materia, como se vai avaliar, se nos volveremos ver... non se sabe aínda. Espérase que ao longo desta semana se tomen decisións. Cando saiba algo, escribireivos de novo.

Agradecería que as/os que leades isto, avisedes ás compañeiras e aos compañeiros que poidades.

Un saudiño e bo inicio de 3º trimestre!

Carolina

30 de marzo de 2020

Boas!

Déixovos o traballo para esta semana. Son dous cuestionarios en liña para revisar o tema de Rosalía de Castro e o último tema de Variación lingüística. Facendo clic neles accededes aos cuestionarios, cubrídelos (lembrádevos do nome) e ao rematar dádeslle a enviar:

INFORMACIÓN SOBRE A SEGUNDA AVALIACIÓN

Como imaxino que xa saberedes, seguindo os acordos tomados a pasada semana pola Consellería de Educación, nos próximos días debemos realizar a avaliación correspondente ao segundo trimestre.

No caso da materia de Lingua galega, tiñamos feito o primeiro exame (40%), a proba de lectura (10%) e tamén teño notas do traballo diario de clase (10%). Quedáranos pendente de facer o segundo exame (40%). Así pois, a nota que poña será o resultado de ponderar o 60% das cualificacións que teño (primeiro exame, lectura e traballo de clase).

Son consciente de que se trata dunha medida discutible e de que quizais algún/ha de vós se sinta prexudicado/a con esta avaliación parcial. Por isto, gustaríame recalcar de que se trata dunha nota provisional e recordar que esta avaliación é meramente informativa, a decisiva será a final.

Un saúdo,

Carolina

carolinaprofedelingua@gmail.com

16 de marzo de 2020

Boas!

Déixovos aquí o traballo de Lingua galega para que vaiades realizando nestes 15 días de confinamento na casa. Neste trimestre quedábannos por ver o punto 6: O verbo (II) e o punto 8: Variación interna da lingua galega:

- Punto 6: O verbo (II). Colgueivos na páxina os apuntamentos sobre o infinitivo conxugado e sobre as perífrases verbais. Botádelle un ollo e realizade as actividades das páxinas 26, 27 e 28 do caderno co que traballamos na clase.

- Punto 8: Variación interna da lingua galega. Na páxina tamén están subidas as presentacións sobre as diferentes variedades lingüísticas e sobre as variación dialectal da lingua galega. Botádelle un ollo e realizade as actividades das páxinas 31, 32 e 33. Na páxina tamén están os vídeos para realizar algunha desas actividades.

Recapitulando, debedes realizar as actividades das páxinas 26, 27, 28 e 31, 32 e 33. Recollereinas cando volvamos ás clases.

Por outra parte, á volta teremos que marcar o 2º parcial da 2ª avaliación. Recoméndovos xa que logo que vaiades estudando para ese exame (para que despois non se vos acumule todo o traballo). Lémbrovos que nese exame entrarán os puntos 3, 4, 5, 6 e 8: O verbo (I), O Rexurdimento, Rosalía, O verbo (II) e Variación interna da lingua galega.

Se tedes calquera dúbida, estarei á vosa disposición no correo electrónico: carolinaprofedelingua@gmail.com

Saúdos e ánimos, que desta saímos! Bótasevos de menos! :)

#euquedonacasa

Carolina

P.D.: Libros de lectura

Déixovos os libros do 3º Trimestre por se alguén quere ir adiantando a lectura neste tempo (están ambos os dous na Plataforma GaliciaLe):

- Opción 1: Infamia, de Ledicia Costas (Editorial Xerais)

- Opción 2: O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz (Editorial Xerais)

Por outra parte, había algunhas alumnas e alumnos que estaban pendentes de facer a lectura do 2º trimestre para subir nota. Aínda non sabemos como será a avaliación deste trimestre e, polo tanto, non sei con certeza se poderei ter en conta esa lectura optativa na avaliación (porque quizais non poidamos facer a proba antes de poñer a nota). Con todo, se non podo térvolo agora en conta, tereino para a terceira avaliación.