Nestas coordenadas históricas xorde a finais do século XII a lírica trobadoresca galego-portuguesa
2.1. A Provenza: o berce da lírica trobadoresca. A lírica trobadoresca ten a súa orixe no sur de Francia (no territorio da lingua provenzal) e, máis concretamente, en Poitiers. Na corte de Poitiers (petencente ao ducado de Aquitania) xorde e desenvólvese, co apoio da nobreza, unha importantísima escola literaria: a primeira escola trobadoresca. As técnicas e os temas desenvoltos polos trobadores da Aquitania axiña se poñen de moda e se espallan, primeiro polo territorio occitano e logo por toda Europa.
2.2. Expansión da moda trobadoresca por toda Europa. A moda trobadoresca xerada en Occitania esténdese por diferentes puntos de Europa, creándose múltiples escolas trobadorescas que siguen as técnicas provenzais e adaptan os seus temas aos gustos locais: a escola catalá, a escola aragonesa, a escola francesa, a escola italiana, a escola siciliana e a escola galego-portuguesa. Así pois, a lírica trobadoresca galego-portuguesa intégrase nun movemento literario maior de ámbito europeo.
2.3. Chegada da lírica trobadoresca a Galicia. A poesía trobadoresca penetra no ámbito lingüístico galego portugués a través de varias vías:
A lírica trobadoresca galego-portuguesa desenvólvese plenamente durante o século XIII e a primeira metade do XIV (150 anos):
*Período pre-trobadoresco (século XII): É probable que a lírica trobadoresca chegase antes do 1196 (ano da cantiga máis antiga que conservamos)
*Etapa de decadencia: A partir de mediados do século XIV, a lírica trobadoresca galego-portuguesa vai perdendo vitalidade.
5.1. Autores e intérpretes
A lírica trobadoresca combina poesía e música. As cantigas non eran poemas para ser lidos / recitados (coma os de hoxe en día), senón para seren cantados, interpretados con diversos instrumentos e a miúdo tamén con baile. Formaban parte dun espectáculo integral pensado para entreter os membros da corte.
No espectáculo trobadoresco distinguimos dous axentes principais: o trobador e o xograr:
Con todo, a pesar desta diferenza teórica entre xograr e trobador, moitas veces os xograres atrevéronse a saltar as normas e compoñer as súas propias cantigas. Isto provocou censuras e burlas por parte dos trobadores, que percibían o atrevemento dos xograres coma un intento de subir chanzos na escala social.
Ademais dos trobadores e xograres, formaban tamén parte do espectáculo trobadoresco as soldadeiras, bailarinas ou cantareiras mulleres que acompañaban aos xograres na súa interpretación. As soldadeiras teñen unha singular importancia na lírica galego-portuguesa xa que conservamos múltiples cantigas nas que se resalta as súa vida amorosa e sexual por riba dos seus méritos artísticos.
5.2. Mecenas
A lírica trobadoresca concibíase como unha diversión para os señores dentro das cortes e desenvolveuse co apoio e baixo o mecenado da nobreza e da realeza. Nesta liña cómpre destacar dous reis - trobadores: Afonso X, o Sabio e Don Dinís de Portugal. O seu gusto polas letras levounos a impulsar nas súas cortes rexias a lírica galego-portuguesa e tamén a compoñer eles mesmos as súas propias cantigas.
As cantigas medievais chegaron aos nosos días en diferentes cancioneiros e pergamiños:
a. O Cancioneiro da Ajuda
b. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Vaticana
c. O Pergamiño Vindel
d. O Pergamiño Sharrer
As cantigas de amigo son breves composicións nas que unha voz poética feminina -unha doncela namorada- expresa o amor que sinte polo seu seu amigo (= namorado). A rapaza conta na cantiga as alegrías ou os tormentos que lle produce ese amor. A palabra clave é amigo, que case sempre aparece nestas cantigas, xeralmente nos primeiros versos.
Os recursos formais máis habituais nas cantigas de amigo son: o refrán, o paralelismo e o leixaprén:
O tema central das cantigas de amigo é o amor que a doncela sinte polo seu amigo. A relación de amor pode ser feliz ou, ao contrario, infeliz.
Ademais dos namorados (a amiga e o amigo), nas cantigas de amigo poden aparecer outras personaxes femininas:
A cantiga de amor é un xénero da lírica medieval no que un home se dirixe a unha dama (senhor), expresando o seu amor cara a ela. Na cantiga de amor, invértense totalmente os papeis da cantiga de amigo: a voz poética é un home que se laia dos tormentos que lle produce o amor. A palabra clave é senhor, denominación que recibe a dama obxecto dos requirimentos amorosos (aínda que non sempre aparece).
Nas cantigas de amor reflíctese unha concepción medieval do sentimento amoroso que se coñece co nome de amor cortés. O amor é concibido como un sentimento sublime, fonte de perfección, que está regulado por unha serie de normas e convencionalismos propios das relacións de vasalaxe da sociedade feudal.
Así, seguindo os códigos do amor cortés, o cabaleiro servirá e rendiralle homenaxe á súa dama (a súa senhor) do mesmo que un vasalo lle debe respecto e servizo ao seu señor feudal. Os códigos das relacións de vasalaxe trasládanse ás relacións amorosas.Na sociedade feudal, os vasalos serven ao seu señor: débenlle obediencia e lealdade… No amor cortés das cantigas de amor, o cabaleiro / trobador serve á dama (á que chama senhor): débelle obediencia, lealdade, submisión…
O tema central das cantigas de amor é, obviamente, o amor. Trátase sempre dun amor platónico que nunca chega a materializarse porque o cabaleiro / trobador NUNCA é correspondido pola dama / senhor. Dentro desta temática global podemos diferenciar varios subtemas: o eloxio da dama, declaración de amor, negativa da dama e, por último, a coita de amor.
As cantigas de escarnio e maldicir, constitúen, xunto coas de amor e as de amigo un dos grandes xéneros da lírica galego-portuguesa medieval. Trátase de composicións de carácter burlesco nas que os trobadores galego-portugueses medievais facían mofa da sociedade da súa época e dos seus vicios e costumes, coa finalidade primordial de facer rir o seu público.
Os trobadores medievais distinguían dous tipos de cantigas de burlas: as cantigas de escarnio e as cantigas de maldicir. No entanto, desde a perspectiva actual non resulta doado diferencialas, por iso preferimos tratalas como un único xénero.
a. Autoría: As Cantigas de Santa María (CSM) son unha colección de 427 composicións en honor á Virxe María. Achegarnos a estas cantigas implica, necesariamente, achegarnos tamén á figura de Afonso X, alcumado O Sabio pola importante actividade cultural que desenvolveu durante o seu reinado na segunda metade do século XIII. Afonso X impulsou a creación de importantes obras, entre elas as Cantigas de Santa María que agora nos ocupan. Nun principio, atribuíuselle ao rei Sabio a autoría de todas as composicións, pero hoxe en día está comprobado que a redacción das CSM foi un traballo colectivo. Afonso X dirixiu o traballo cooperativo do equipo de trobadores, compositores e debuxantes que elaboraron a obra.
b. Códices: As Cantigas de Santa María chegaron aos nosos días a través de catro códices que presentan, alén do seu valor literario, un enorme interese pictórico e musical, debido ás miniaturas policromadas que os adornan e á presenza nos máis deles de notación musical. Os catro códices son: o Códice Toledano (gardado na Biblioteca Nacional de Madrid), os Códices T e E da Biblioteca do Escorial e o Códice F da Biblioteca Nacional de Florencia.
c. Clasificacion: Atendendo ao seu carácter xeral, podemos dividir as composicións marianas en dous grandes grupos: as cantigas narrativas e as cantigas de loor.
As cantigas narrativas relatan un milagre atribuído á Virxe María, cunha clara intención didáctico-relixiosa. Xeralmente, o contido narrativo destes milagres aparece anunciado xa desde o inicio da composición e resumido na rúbrica que funcionaba como introdución e presentación. Atendendo á súa temática, podemos clasificar as cantigas narrativas en catro grandes grupos:
As cantigas de loor supoñen unha translación do modelo do amor cortés ao divino. Así, as calidades da Virxe son loadas dun xeito moi semellante a como os trobadores gababan as súas damas nas cantigas de amor profanas. María é a máis perfecta de todas as damas, Senhora das senhoras, e o rei declárase o seu entendedor (E porén seu entendedor serei / en quant’eu viva, et a loarei).