O século XVIII, chamado o Século das Luces, supón, a nivel europeo, a aparición do movemento cultural e intelectual que coñecemos como Ilustración.
En Galiza, a Ilustración vai significar a aparición de múltiples intelectuais que estudan e que se preocupan pola situación de marxinación e atraso do país en todos os niveis: cultural, lingüístico, técnico, económico… Así mesmo, os ilustrados galegos propoñen nas súas obras algunhas medidas para rematar con esta situación: a reforma da agricultura, mellora das leis, introdución de novas técnicas, reforma dos métodos educativos, defensa da igualdade entre xéneros,…
No tocante á lingua, algunhas destas figuras ilustradas van defender o galego, denunciando a marxinación que sofre perante o castelán e defendendo a súa valía e capacidade coma calquera outro idioma. Nesta preocupación polo idioma galego cómpre destacar tres persoeiros (os tres monxes beneditinos): o Padre Feixoo, o Padre Sarmiento e o Padre Sobreira.
Escribiu unha serie de ensaios baixo o título de Teatro Crítico Universal. Neles abordou materias moi diversas: a medicina, a filosofía, as matemáticas, a agricultura, a xeografía, a historia, a filoloxía…
- Crítica social: xa naquela defendeu a idea da igualdade entre o home e a muller e denunciou a rapina española na conquista de América.
- Defensa do galego: no seu Teatro Crítico Universal demostra que a lingua galega non é un dialecto do castelán (unha idea bastante asentada naquela época), senón unha lingua románica que, ademais, formaba unidade co portugués. Adoita sinalarse como inicio dos Séculos Escuros a vitoria de Isabel a Católica na loita dinástica contra dona Xoana (mal chamada “A Beltranexa”).
Frei Martiño Sarmiento está considerado como un dos pais da Filoloxía románica e galega. Escribiu numerosos traballos centrados no estudo da lingua (léxico, etimoloxías, fraseoloxía…). Por outra parte, foi un dos primeiros autores que reflexionaron sobre a situación sociolingüística de Galiza e sobre o proceso histórico que conduciu á marxinación da lingua galega. Así mesmo, Sarmiento propuxo medidas para introducir o idioma en ámbitos sociais elevados coma a escola e a igrexa.
O Padre Sobreira traballou durante moito tempo para crear un dicionario de galego, pois consideraba vergoñento que a nosa lingua non tivese diccionario cando todos os outros idiomas da Península o tiñan. Esta obra, ao seu ver, sería útil para conservar por escrito a lingua galega e tamén para quen quixese aprendela.
Os ilustrados galegos redactaron a maior parte da súa obra en español. Con todo, nalgúns casos lanzáronse ao cultivo lírico da lingua galega, abrindo o camiño que conduciría ao Rexurdimento.
Os principais autores e obras en galego durante esta etapa foron:
Ademais da literatura dos ilustrados, ao longo do século XVIII escríbense diversos textos en galego relacionados coas circunstancias políticas da época (invasión francesa, loita entre absolutistas e liberais…). De entre eles podemos destacar: