Recibe o nome de Séculos Escuros o período histórico que vai dos séculos XVI ao XVIII. Caracterízase polo estado de marxinación social do idioma galego e pola ausencia case total de literatura culta escrita na nosa lingua. Ambos os fenómenos insírense nun proceso de marcada marxinación política e do progresivo empobrecemento económico do noutrora próspero e poderoso Reino de Galiza.
Adoita sinalarse como inicio dos Séculos Escuros a vitoria de Isabel a Católica na loita dinástica contra dona Xoana (mal chamada “A Beltranexa”).
A sucesión do rei Henrique IV (morto en 1474) foi disputada entre:
A maior parte da nobreza galega apoia o bando perdedor, é dicir, a Dona Xoana, rebelándose contra Isabel I e contra a súa política centralista. A guera conclúe en 1479, cando se asina o Tratado de Alcáçovas, no que se recoñecen a Isabel e Fernando como reis de Castela.
Xa no poder, os Reis Católicos toman medidas contra a nobreza rebelde de Galiza someténdoa, quitándolles o seu poder e, en moitos casos, substituíndoa por nobres de fóra. Isto foi algo constante ao longo dos Séculos Escuros: as clases dirixentes de Galiza eran maioritariamente de orixe castelá. Obviamente, isto ten consecuencias para a situación sociolingüística: agora as clases altas non falan galego, senón castelán.
O principal motor da economía continúa a ser a agricultura. O campesiñado constitúe máis do 75% da poboación. Galiza tiña un sistema rendista ou foral: os campesiños traballaban as terras dos señores e pagábanlles o foro (un imposto que supoñía entre o 25% e o 50% do que colleitaban). Deste xeito, os señores (alto clero, nobreza, fidalguía) vivían comodamente a conta das rendas que lles pagaban os labregos fronte ao campesiñado, que sobrevivía na pobreza, vítimas do analfabetismo e sen poder acceder á propiedade da terra.
Por outra parte, a poboación medra enormemente ao longo destes séculos. Como dato, entre 1500 e 1750, a poboación galega pasou de 350.000 a 1.300.000 habitantes.
O crecemento demográfico e a miseria do campesiñado explican o nacemento dun dos fenómenos máis importantes da nosa historia: a emigración. Desde o século XVI prodúcense emigracións de galegos cara a Andalucía, Portugal e Castela, para o desempeño dos peores oficios. A partir do XVIII, os galegos comezan a emigrar a Arxentina.
Como consecuencia da situación sociopolítica que describimos, durante os Séculos Escuros rompeuse a homoxeneidade lingüística que existira na sociedade galega durante a época medieval. O castelán vai impoñéndose paulatinamente en Galiza e orixínase unha situación diglósica caracterizada do seguinte xeito:
A marxinación do galego dos ámbitos sociais elevados e da escrita ten consecuencias directas para a nosa lingua coma:
Como consecuencia da marxinación política e da pobreza en que vivía a maior parte da poboación galega, ao longo desta época nace unha imaxe do galego como un pobo mísero, atrasado, inculto e carente de calquera virtude, así como unha visión de Galiza como unha terra inhóspita e fea. Esta consideración despectiva de Galiza e do pobo galego reflítese no refraneiro e na literatura española renacentista e barroca.
Esta imaxe de Galiza e do pobo galego amplíase tamén á lingua, nacendo fortes prexuízos lingüísticos que mesmo perduran até os nosos días: o galego como lingua bruta, fea, de pailáns, inútil... Todas estas ideas negativas teñen orixe nesta etapa.
Por último, esta imaxe que se proxecta sobre Galiza, sobre os seus habitantes e sobre a súa lingua remata afectando á propia poboación galega, que asume esa imaxe e eses prexuízos. Así, nace nesta altura un complexo de inferioridade e un sentimento de autodesprezo ou autoodio por ser e falar galego.
Tal e como xa vimos, durante os Séculos Escuros a lingua galega foi apartada da escrita. Así pois, a literatura que houbo durante esta etapa foi case exclusivamente de carácter popular, oral e anónima.
Definimos a literatura popular como a «literatura do pobo», un conxunto moi variado de xéneros (lendas, contos, cantigas, adiviñas...) creados, gozados, difundidos e conservados polo pobo.
A literatura popular presenta os seguintes trazos:
Apenas existen mostras literarias cultas escritas en galego ao longo dos Séculos Escuros. De entre as escasas manifestacións literarias cultas en galego desta época destacamos as seguintes:
a. O pranto da Frouseira: o coñecido como Pranto da Frouseira está constituído por dous poemas anónimos do século XV: o Cantar do Mariscal e o Romance do Mariscal. Recréase o tema da morte do mariscal Pardo de Cela. A Fortaleza da Frouseira (onde o mariscal resistiu durante máis de tres anos fronte aos Reis Católicos) laméntase da traición sufrida por Pardo de Cela.
b. Sonetos renacentistas pola raíña Margarida de Austria: Consérvase un pequeno feixe de sonetos de corte renacentista escritos en galego. De entre eles, podemos destacar dous escritos con motivo da morte da raíña Margarida de Austria: “Soneto con falda”, de Xoán Gómez Tonel e “Respice finem”, de Pedro Vázquez de Neira.
c. Coplas no saqueo de Cangas polos turcos: Descríbense nestas coplas a angustia e o pánico dos habitantes de Cangas (Pontevedra), cando a vila foi atacada por unha escuadra de piratas turcos no 1617.
d. Décimas ao Apóstolo Santiago: As seis “Décimas ao Apóstolo Santiago” foron escritas polo crego Martín Torrado, para criticar con humor o intento de nomear a Teresa de Ávila co-patroa de España, ao mesmo nivel que o Apóstolo Santiago.
e. Vilancicos de Nadal: Os vilancicos de Nadal en galego son interpretados tanto en Galiza coma no resto da Península. Presentan unha galeguización da escena do Nadal, identificándose a pobreza en que nacera Xesús coa pobreza en que vivían os labregos galegos.
f. Entremés famoso sobre a pesca no río Miño: Consérvase unha breve peza teatral coñecida como Entremés famoso sobre a pesca do río Miño, da autoría de Gabriel Feixó de Araúxo. A obra aborda os conflitos entre os pescadores galegos e os portugueses no río Miño.