Descrición realista ou obxectiva. Dáse unha visión do seu se describe tal como é.
Descrición non realista ou subxectiva. Dáse unha visión persoal do que se describe, seleccionando aqueles elementos ou aspectos que son importantes para o emisor.
b. Segundo o tema ou obxecto da descrición:
Prosopografía: descrición dos trazos físicos dunha persoa.
Etopea: descrición dos trazos psicolóxicos e calidades morais dunha persoa.
Retrato: descrición dos trazos físicos e psicolóxicos dunha persoa.
Iconografía: descrición de imaxes, como poden ser: retratos, estatuas, cadros…
Zoografía: descrición dun animal
Topografía: trazos físicos dun lugar, as súas partes e peculiaridades.
Cronografía: descrición dun tempo ou época determinada.
2. Ámbito de uso dos textos descritivos
Ámbito académico-científico: libros especializados, dicionarios, enciclopedias…
Ámbito xornalístico: crónicas, descricións en noticias, reportaxes…
Ámbito publicitario: anuncios, guías, textos publicitarios en diferentes medios…