2º Trimestre
ACTIVIDADES
Aquí podedes descargar o documento coas actividades que realizaremos este trimestre.
CONTIDOS:
- O texto descritivo
- Pronomes persoais
1. A lingua e a literatura galega nos Séculos Escuros
2. A lingua e a literatura galega no Século das Luces
3. O verbo (I)
4. O Rexurdimento
5. Rosalía de Castro
6. O verbo (II)
7. Maiúsculas e minúsculas
8. Variación interna da lingua galega
AVALIACIÓN:
- Traballo diario: 10%
- Libro de lectura: 10%
- Exames e outras probas de avaliación: 80%
1. O traballo diario - 10%
No traballo diario valorarase a actitude na aula, a atención e participación positiva e a realización de exercicios e traballos (orais e escritos) así como a súa entrega nos prazos acordados; se algún destes exercicios e traballos se realiza en grupo, valorarase o sentido de traballo en equipo, a planificación, o respecto polos/as compañeiros/as e as iniciativas propias. Terase tamén en conta o emprego e a corrección do galego falado na aula polos alumnos.
2. Libro de lectura - 10%
En cada trimestre, o alumnado deberá ler unha das obras propostas polas profesoras e demostrar a súa lectura e comprensión a través dunha proba. Neste 1º trimestre, os libros propostos son os seguintes:
Beleza vermella
Arantza Portabales
Pepa a Loba
Carlos G Reigosa
3. Exames e outras probas de avaliación - 80%
A media dos resultados dos exames e outras probas de avaliación sobre as diferentes unidades do currículo suporán o 80% da nota da avaliación. Nestes exames e probas (ao igual ca na proba de lectura), espérase que o alumnado responda dun modo razoado, conciso, claro e correcto ás cuestións que se lle formulen, tendo en conta que non só se valorarán os contidos senón tamén o xeito de expresalos, a presentación, a corrección ortográfica... Con respecto a este último aspecto, cómpre sinalar que as incorreccións (ortográficas, gramaticais...) descontarán (ata un máximo de 2 puntos) o establecido nos criterios das probas ABAU.
Se o alumno copiase nalgunha das probas obxecto de avaliación, obtería un 0 na devandita proba.
Profesora:
Carolina Pérez Capelo
carolinaprofedelingua@gmail.com