a) Organización política e territorial
As fronteiras medievais da Península Ibérica pouco teñen que ver coas actuais.
Ao longo da Idade Media altérnanse períodos en que Galiza constitúe un reino independente e outros períodos en que se integra na órbita do reino astur-leonés e, máis tarde, na Coroa castelá.
No século XII prodúcese a independencia do condado de Portugal (separación de Galiza e Portugal).
A partir de 1230, con Fernando III, unifícanse as coroas de Galiza, León e Castela. Galiza vai perdendo poder.
b) Economía
A economía medieval era predominantemente agrícola e mariñeira, complementada coa actividade artesanal e comercial que se concentraba nos burgos (→ cidades).
c) Sociedade
A socidade medieval presentaba unha estrutura ríxida e desigualitaria, dividida en estamentos pechados. Os estamentos privilexiados, nobreza e clero, detentaban todo o poder e todos os bens, fronte ao campesiñado e á burguesía. Na cúspide da pirámide social estaba a figura do rei, que foi paulatinamente acumulando poder nas súas mans.
Os séculos XII e XIII abranguen a época de máximo esplendor da Galiza medieval. Ao longo desta etapa, a sociedade galega experimentou importantes melloras:
Logo da etapa de esplendor vivida na Era Compostelá, comeza, a partir do século XIV, a decadencia de Galiza. Algúns factores que tiveron que ver neste declive foron:
Pedro I vs. Henrique de Trastámara (s. XIV)
Coa morte do rei Afonso XI en 1350 iníciase un importante e longo conflito sucesorio entre:
Neste conflito, os nobres galegos apoian a Pedro I. Así, cando Henrique de Trastámara resultou vencedor e se converteu en rei (Henrique II), fixo que entrase en Galiza aristocracia castelá (que o apoiara na contenda), que traía consigo o seu propio idioma.
Dona Xoana vs. Dona Isabel (s. XV)
A sucesión do rei Henrique IV (morto en 1474) foi disputada entre:
A maior parte da nobreza galega apoia, novamente, o bando perdedor, é dicir, a Dona Xoana, rebelándose contra Isabel I. A guera conclúe en 1479, cando se asina o Tratado de Alcáçovas, no que se recoñece a Isabel e Fernando como reis de Castela. Os Reis Católicos someten a nobreza galega e, en moitos casos, quítanlles o seu poder, substituíndoa por nobres de fóra.
a. 1431 - 1ª Guerra Irmandiña - Irmandade Fusquenlla
A chamada I Guerra Irmandiña ten lugar en 1431, cando a Irmandade Fusquenlla, integrada por burgueses e labregos e encabezados por Roi Xordo, se levantan nas terras de Betanzos e Pontedeume contra os abusos dos Andrade.
b. 1467 / 1469 - Grandes revoltas irmandiñas
En 1467 nace a Irmandade Xeral do Reino de Galicia. Os castelos e fortalezas convértense en símbolo da inxustiza señorial e, polo tanto, en obxectivo das iras dos irmandiños, que nos anos seguintes se dedican a derrubalas de forma sistemática. Perante a revolta, os nobres foxen a Castela ou Portugal. Na primavera de 1469, prodúcese o contraataque da nobreza, que acaban poñendo fin á revolta.
A lingua galega é, desde unha perspectiva diacrónica, o resultado da evolución do latín que, alá polo século I a.C., os romanos trouxeran ao noroeste da Península Ibérica, á Gallaecia.
A influencia do substrato e do superestrato así como as evolucións internas que se foron producindo co paso do tempo dan lugar a unha lingua nova, xa diferenciada do latín: o galego. Do mesmo xeito, ao igual ca na Gallaecia, no resto do Imperio Romano ocorreu o mesmo: a fragmentación da unidade lingüística do Imperio Romano deu lugar ás diferentes linguas románicas.
Considérase que o latín e o galego son idiomas diferenciados polo menos desde o século VIII.
Non obstante, aínda que desde esa época o galego xa era a lingua oral de toda a poboación, continúa a escribirse exclusivamente en latín ata o século XII (aínda que moitas veces neses textos latinos xa se incluían palabras galegas).
Os primeiros textos escritos en galego-portugués datan de finais do século XII - comezos do XIII. A partir de aí, o uso do galego na escrita vaise xeralizando e empregando en todo tipo de textos:
Desde o seu nacemento e ata o século XV, o galego foi a lingua de todos e cada un dos diferentes estratos existentes na sociedade galega. Tanto as clases populares (labregos, mariñeiros) como os habitantes das incipientes vilas e cidades (artesáns, tendeiros), como os membros das altas xerarquías nobiliarias, fosen civís ou eclesiásticas, utilizaban para comunicárense oralmente o galego (monolingüismo social oral).
A finais do Medievo, a lingua galega entra nun período de decadencia nos seus usos formais e literarios. Esta minorazión do galego está estreitamente ligada coas circunstancias políticas da época:
É a partir de finais do século XV cando o castelán entra en Galiza para converterse en lingua escrita e, paulatinamente, na lingua habitual das clases altas. No entanto, as clases populares (a inmensa maioría da poboación galega) mantiveron o galego como lingua oral. Entramos nos chamados Séculos Escuros (séculos XVI - XVIII).
As circunstancias políticas fan que Galiza e Portugal sigan camiños históricos diferentes:
Isto ten tamén consecuencias para a lingua. Coa ausencia de unidade política entre Galiza e Portugal, a unidade lingüística inicial vaise rompendo. As diferenzas entre galego e portugués vanse agrandando.
----
[1] Empregamos indistintamente os termos galego ou galego-portugués pois naquela época eran a mesma lingua.