O substantivo é unha clase de palabra que designa entidades do mundo extralingüístico, sexan estas seres vivos (sapoconcho, amigas…), cousas inanimadas (libro, paraugas…) ou conceptos abstractos (amizade, intolerancia…).
Morfoloxicamente, están constituídos por unha raíz e por morfemas de xénero e número (amig-a-s). Opcionalmente, tamén poden presentar morfemas derivativos (prefixos e sufixos) (in-toler-ancia) ou dúas raíces (para-augas).
O xénero é a categoría gramatical que permite clasificar os substantivos en dúas clases: masculinos e femininos.
A oposición de xénero nos substantivos implica certas diferenzas de significado. Así, a oposición de xénero pode indicarnos unha diferenza de sexo, unha diferenza de forma ou unha oposición individual / colectivo.
A. DIFERENZA DE SEXO
* Linguaxe inclusiva. Cando os substantivos se refiren a seres humanos, convén utilizar o nome colectivo ou ambos os xéneros. Exemplos: *Os nenos de 1º ESO → Os nenos e as nenas de 1º ESO / *Os alumnos de 1º de Bach → O alumnado de 1º de Bach / *Os profesores → O profesorado
B. DIFERENZA DE FORMA: nalgúns substantivos, a oposición de xénero implica unha diferenza de forma, de tamaño ou de función. Exemplos: o bolso / a bolsa, o porto / a porta...
C. OPOSICIÓN INDIVIDUAL / COLECTIVO: nalgúns substantivos, a oposición de xénero implica unha oposición individual / colectivo. Exemplos: o gran / a gra, o madeiro / a madeira
No tocante á variación de xénero, podemos clasificar os substantivos nos seguintes grupos morfolóxicos:
A. SUBSTANTIVOS DUN SÓ XÉNERO
Son substantivos invariables, nos que non se produce oposición de xénero. Pertencen exclusivamente ou ben ao masculino (o caderno, o amor) ou ben ao feminino (a amizade, a chave).
Son femininos…
Son masculinos...
B. SUBSTANTIVOS DE DOUS XÉNEROS SEN FLEXIÓN
Nestes casos, o xénero vai indicado polo determinante que o acompaña. Exemplos: a trapecista - o trapecista, a xornalista - o xornalista, a trompetista - o trompetista, a axente - o axente, a cantante - o cantante, a atleta - o atleta, a estudante - o estudante...
C. SUBSTANTIVOS DE DOUS XÉNEROS CON FLEXIÓN
Son os substantivos que presentan formas diferentes para o masculino e o feminino. Exemplos: o neno - a nena, o camareiro - a camareira, o presidente - a presidenta, o mestre - a mestra, o avó - a avoa, o rapaz - a rapaza...
Masculino e feminino dos nomes rematados en -N
O número é a categoría gramatical que indica a oposición singular, que designa un individuo, e plural, que expresa máis de un.
O adxectivo é unha clase de palabra que expresa características atribuídas a elementos designados polos substantivos aos que acompañan. O adxectivo ten que concordar en xénero é número co substantivo ao que acompaña e realiza a función de modificador da frase nominal. Ex. material explosivo, ratiña presumida, cisne inmaculado, príncipe encantado...
En canto ao número, o adxectivo segue as mesmas regras de formación do plural que o substantivo:
No tocante ao xénero, podemos distinguir dous tipos de adxectivos:
A formación do xénero dos adxectivos segue as mesmas pautas que o substantivo.
O adxectivo en grao positivo expresa unha calidade sen comparala con ningún outro elemento e sen intensificala. Ex: Xulián sempre foi mentireiro / Debedes usar papel reciclado
A. COMPARATIVO DE IGUALDADE
Noa é tan alegre coma ti
Non é tan traballadora como aparenta
O galego é tan útil coma / como calquera outra lingua.
Ten tanto de simpático coma min.
Ten tanto de traballador como din.
Ten tanto de simpático coma / como de traballador.
B. COMPARATIVO DE INFERIORIDADE
Menos + ADXECTIVO + CA / DO QUE / QUE
O meu xefe é bastante menos traballador ca min.
Esa empresa é menos produtiva do que din.
Parece menos faladora ca María / que María.
C. COMPARATIVO DE SUPERIORIDADE
Máis + ADXECTIVO + CA / DO QUE / QUE
O meu xefe é bastante máis traballador ca min.
Esa empresa é máis produtiva do que din.
Parece máis faladora ca María / que María.
N.B.: COMO ou COMA?
N.B.: CA, DO QUE ou QUE?
N.B.: Conxunción comparativa CA - Contraccións co artigo determinado
* Na escrita non é obrigatorio realizar a contracción.
A. SUPERLATIVO ABSOLUTO
Para crear o superlativo absoluto existen dúas formas diferentes:
Formación do superlativo absoluto sintético
B. SUPERLATIVO RELATIVO
O superlativo relativo atribúe a un substantivo o grao máximo dunha calidade en relación cos demais con quen se pode comparar. Constrúese seguindo estes esquemas:
Atendendo ás calidades que expresan con respecto ao substantivo distinguimos:
---
Os substantivos e os adxectivos caracterízanse por posuír os seguintes compoñentes:
Atendendo aos compoñentes que presenten o substantivo e o adxectivo, podemos clasificalos en: