Actividades Radio na biblio. Curso 2025-26
Actividades Radio na biblio. Curso 2025-26
Programa Radio na biblio: xa temos espazo de radio!!
Este curso empezamos co programa Radio na biblio e xa se deron uns cantos pasos: acondicionar o espazo, preparar os materiais (en colaboración con Polos Creativos), crear un equipo de alumnado e de profesorado colaborador e organizar a formación.
Moitas grazas a todo o profesorado e alumnado que apoiou e, moi especialmente, á profesora Loli Rivero (coordinadora de Polos Creativos) e ao profesor Raúl Vallina, pola implicación especial neste proxecto.
Pronto estarán dispoñibles para escoitar as nosas producións!!
Acondicionar o espazo
Mobiliario
Materiais e recursos
Equipo de voluntariado
Gravación para o concurso Parque Vibras
Espazo "Zona cine", creado polo alumnado de Antropoloxía
Formación programa Radio na biblio
Iniciamos o segundo trimestre facendo a formación de radio. Constou de 2 obradoiros, un para alumnado de ESO e outro para BAC e Ciclos, que se desenvolveron no espazo de Polos creativos ao longo de toda a mañá (6 horas cada un deles). Estivo dirixida pola empresa Paz Movie. En cada un dos obradoiros o alumnado voluntario puido aprender o proceso de elaboración dun podcast ou dun programa de radio, de principio a fin: aprender sobre locución e traballo en equipo, elaborar un guión e unha escaleta, manexar a mesa de mesturas, gravar e editar.
Participaron na formación un total de 32 alumnos/as de todos os niveis educativos do centro e 5 profesores/as.
Xa temos equipo de radio!!
As alumnas do club de filosofía son as creadoras deste novo espazo de radio dedicado á reflexión e o debate sobre temas que dan moito que pensar. A fonte de inspiración para a creación dos contidos, ademais do seu traballo de investigación, é o libro de Eduardo Infante: "Filosofía en la calle".
Dende o PDI "Viaxe á creatividade", buscamos fomentar a creatividade tamén no traballo coa información, desenvolver as competencias ALFIN/AMI e a presentación de traballos usando as novas ferramentas tecnolóxicas.
No club de filosofía prepararon o podcast: "Volveredes brindar por min"; a súa pequena homenaxe a Begoña Caamaño. Inspirándose na carta de despedida que a autora lle escribe á súa amiga Uxía Senlle, aproveitaron para tratar o tema da morte no seu espazo de radio de filosofía: "Penso, logo podcast". E ti, como imaxinas o teu final?
Prepararon o guión na biblioteca
Gravaron o podcast no espazo de radio
Radio na biblio: podcasts poéticos
No mes da poesía, os poemas tamén chegaron ao espazo de radio. O alumnado do club de poesía, coa súa coordinadora Mónica Lourido, preparou e gravou podcasts poéticos, que poidemos gozar todo o centro no Día da poesía.
8M "Entrevistamos ás nosas mulleres referentes"
Unha das actividades que se desenvolveu no proxecto interdisciplinar 8M: "8 logros, 8 retos", foron as entrevistas a mulleres da nosa comarca que desempeñan profesións tradicionalmente masculinizadas e que son un referente para as novas xeracións. Os 32 alumnos/as voluntarios/as da radio dos diferentes cursos foron os encargados de facer as 7 entrevistas no espazo de radio e editar os correspondentes podcasts.
O equipo de alumnado voluntario da radio levou a cabo a edición das entrevistas 8M na aula de TIC. Unha xornada de formación dirixida pola profesora do equipo de radio e coordinadora de Polos Creativos, Loli Rivero.
Discursos que fixeron historia:
durante o 3º trimestre, o alumnado da materia de Oratoria (3º ESO) levou a cabo a preparación, gravación e edición de discursos famosos:
Radio na biblio: alimentación saudable
A partir da lectura e o obradoiro, o alumnado do club de Benestar e hábitos saudables elaborou unha serie de podcasts sobre alimentación e microbiota, guiados pola profesora coordinadora, Sara Martín. Estamos desexando escoitalos!!
No marco do PDI da biblioteca "Viaxe á creatividade", fomentouse desenvolver a creatividade no traballo coa información, as competencias ALFIN/AMI e o uso de ferramentas tecnolóxicas para a presentación dos traballos.
PDI "Viaxe á creatividade": a través da poesía, das ferrementas tecnolóxicas e do traballo cooperativo podemos desenvolver a sensibilidade, facer unha reflexión crítica da nosa sociedade e transmitir valores novos.
O alumnado das materias de TIC e Antropoloxía desenvolveu unha actividade coa poesía, que se iniciou coa reflexión sobre os estereotipos de xénero a a necesidade de crear novos modelos de masculinidade.
Na biblioteca fíxose unha selección de poemarios que tratan estes aspectos: "Masculino singular", de Carlos Negro; "Feliz Idade", de Olga Novo ou "Tempo Fósil", de Pilar Pallarés. O alumnado seleccionou poemas, gravou o recitado no espazo de radio e finalmente editaron os video poemas incorporando fotos de cubertas de libros da biblioteca.
Parabéns polo traballos!!