A biblioteca colabora co Departamento de Filosofía no desenvolvemento do Plan Proxecta Parlamento Xove, como centro de documentación e recursos e como espazo para a a práctica do debate.
Durante o primeiro trimestre presentamos o programa na biblioteca e nas aulas e empezamos a poñer en práctica as dinámicas para preparar os debates: investigar, elaborar argumentarios a favor e en contra dos temas plantexados, refutar, mostrar evidencias, etc.
O equipo de 4ESO integrado por Alexandra Cayo, Luna Carmona, Jimena García e Imane Oubella vai participar esta fin de semana no concurso de debate que se desenvolverá na Residencia do Tempo Libre do Carballiño.
Participan 24 equipos de centros educativos de Galicia. Na fase clasificatoria o tema que se debate é: "A dixitalización mellora realmente a calidade da aprendizaxe?".
Levan varias semanas investigando, preparando os argumentarios e practicando as técnicas do debate. Moita sorte!! 👏💜
Concurso de debate Parlamento Xove.💬🗣️
Esta fin de semana foi o turno do equipo de BAC, integrado por Björk García, Camilo Leal, Aaron Villarino e Yago Vivero, coordinado pola profesora de filosofía Amalia Soto.
Equipos de 24 centros educativos debateron sobre o tema:"A dixitalización mellora realmente a calidade da aprendizaxe?"
Parabéns ao noso equipo pola actitude e o traballo realizado.👏👏