Neste curso temos 116 persoas inscritas e  11 clubs:

Lecturas nos clubs

Club lectura 1º,2º ESO

Club lectura de filosofia

Club de lectura 3º,4º ESO

Club de lectura BAC

Club de benestar e hábitos saudables

Lecturas de poesía nos clubs de ESO e BAC

Club de lectura dinámico

Coleccións dos clubs de manga

Neste curso contamos con 2 clubs de manga: ESO e BAC/ciclos, coordinados pola profesora Raquel Sánchez. As reunións de ambos grupos celebráronse na biblioteca, durante os recreos.

Visita á ExpOtaku da Coruña

Os clubs de manga visitaron a ExpOtaku da Coruña acompañados pola profesora coordinadora, Raquel Sánchez e o profesor César Losada.

Club de lectura de persoas adultas. Literatura africana

O club de lectura de persoas adultas, coordinado pola profesora Elena Samartino, está integrado por profesorado, persoal non docente e familias. No marco do proxecto de traballo interdisciplinar proposto dende a biblioteca para este curso "Referentes africanas", neste club lemos obras de autoras africanas: Chimamanda Ngozi Adichie , Safia El Aaddam  e Marguerite Abouete.

Este é o cuarto curso no que contamos con club de lectura de persoas adultas. Este ano reunímonos os mércores, de 14:00 a 16:00 horas, compartindo comida e charla sobre os libros na biblioteca.

Club de literatura caboverdiana

Neste club de lectura seleccionáronse obras referentes da literatura caboverdiana en portugués. Contou coa participación de profesorado, persoal no docente, alumnado e persoas da comunidade. Estivo coordinado pola profesora Elena Samartino e as reunións celebráronse os martes, de 17:00 a 19:00 horas, na biblioteca.

Charla-coloquio de introdución á literatura caboverdiana

Iniciamos a actividade deste club de literatura caboverdiana cunha charla-coloquio impartida por  Edilson Sánches Tavares, exalumno do noso centro e actualmente estudante de Linguas Modernas na Universidade de Santiago.

Moi agradecidos a todas as persoas da comunidade que participaron na actividade e moi especialmente a Edilson, que compartiu con nós o seu coñecemento da literatura caboverdiana e nos leu as primeiras páxinas da obra "Chiquinho", de Baltasar Lopes.

Club de lectura dinámico: "Comienza a sumar"

Este ano puxemos en marcha esta nova modalidade de club de lectura dinámico grazas á iniciativa do seu coordinador, o profesor Benxa Soto. As sesións centráronse na temática do seu libro "Comienza a sumar": saúde, nutrición, descanso, exercicio físico, creación de hábitos, etc. Estivo aberto á participación de profesorado, persoal no docente, alumnado e persoas de toda a comunidade.

As reunións tiveron lugar os mércores, de 16:30 a 18:30, na aula de usos múltiples (a charla-coloquio) e no pavillón polideportivo ou no patio exterior do centro (a parte mais práctica).

Club de filosofía

Integrado por 13 alumnos/as  de 4º ESO, neste club de lectura seleccionáronse obras que fomenten a reflexión, o pensamento crítico e o debate. Estivo coordinado pola profesora Amalia Soto e as reunións celebráronse na biblioteca ou na zona de lectura exterior.

Roteiro literario "A tribo do mar", con Lois Pérez

O alumnado do club de lectura de 1º,2º ESO participou nun roteiro literario, no que o escritor Lois Pérez nos foi guiando polos espazos da vila de Burela relacionados coa novela "A tribo do mar".

Lectura compartida de poesía

No club de lectura de filosofía fixemos 2 sesións de lectura compartida da obra "Penúltimas tendencias", de Carlos Negro, durante o mes de marzo, mes da poesía.

Obradoiro de alimentación saudable

Na última reunión do club de lectura de Benestar e hábitos saudables, coordinado pola profesora Sara Martín, compartimos almorzo saudable cos platos elaborados a partir das receitas do libro "Dime qué comes y te diré qué bacterias tienes".

Viaxe cultural e de convivencia a Lugo

O 28 de xaneirorealizamos unha viaxe cultural a Lugo cos clubs de lectura de ESO e BAC. Fixemos visitas culturais no casco histórico, roteiros literarios no Museo Provincial e o Vello Cárcere e tamén tivemos tempo para o lecer e a convivencia.

Roteiro literario no Museo Provincial de Lugo

Durante a xornada de visita cultural a Lugo, o día 28 de xaneiro, o alumnado do club de lectura de 1º,2º ESO participou nun roteiro literario no Museo Provincial. A partir da lectura que fixemos previamente dos relatos "Contos de fantasmas no Museo", en grupos, tiveron que resolver diferentes probas percorrendo as salas do Museo.

Cineforum no club de filosofía

Sesións de cineforum na biblioteca sobre a película "La sociedad de la nieve"

Sesións de cineforum sobre a película "Agora" 

Obradoiro: "mapa meteorolóxico das emocións"

Obradoiro de identificación de emocións no club de Benestar e hábitos saudables, coordinado pola profesora Sara Martín, a partir da lectura da obra "Una mente con mucho cuerpo".

Lectura compartida "A revolución vertical"

No club de lectura de filosofía fixemos lectura compartida do relato "A revolución vertical", de Ngugi wa Thiong'o. Fábula adaptada da tradición oral de Kenia que explica por que os humanos camiñamos ergueitos.

Obradoiro de hábitos saudables

No club de lectura dinámico, despois da reunión sobre a 2º parte do libro "Comienza a sumar", fixemos unha sesión práctica sobre diferentes tipos de exercicio físico e alimentación saudable. 

A sesión estivo dirixida por Benxa Soto, profesor coordinador do club e contou coa colaboración do alumnado do ciclo de CSEAS. Prepararon un circuito de exercicios e batidos saudables variados para repoñer forzas.

Bodegón literario "Dúas moedas"

No club de lectura de 1º,2º ESO elaboramos un bodegón literario a partir dos obxectos que nos foi suxerindo a lectura da novela gráfica "Dúas moedas", de Nuria Tamarit. Quedou exposto na biblioteca durante toda a semana.

Imaxes clubs lectura curso 23-24