Vídeo-relatos participantes no concurso.
PREMIOS:
O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E A BIBLIOTECA ANÍMANTE A PARTICIPAR NESTE CONCURSO
Compartimos o vídeo realizado polo profesorado e alumnado de 4º de ESO do IES Monte Castelo. Para ver o vídeo preme aquí.
A nosa biblioteca forma parte da Microrrede A Mariña, proxecto colaborativo das Bibliotecas Escolares da Mariña.
O lema do proxecto da Microrrede para este curso é "Cidadá(n)s da Mariña, cidadá(n)s do mundo". Todos os anos polo Día do Libro expóñense os proxectos elaborados en cada centro e no mes de Maio organízase unha exposición conxunta de todos os traballos en Viveiro. A exposición deste curso tivo que ser aprazada para o próximo ano,
No noso centro, unha parte do traballo do noso proxecto "A cara ocultada da lúa" xa se expuxo con motivo da celebración do 8 de Marzo. Agora, no Día do Libro compartimos o vídeo conxunto de todas as bibliotecas, co que aproveitamos para saudar e recordar as oito edicións anteriores".
Agora que temos que quedar na casa disporemos de máis tempo para ler. Dende a bibloteca recordámosvos algúns enlaces a páxinas que permiten descargar libros, ler ou escoitar:
Biblioteca Virtual Galega: Atoparás unha selección de libros na nosa lingua.
Na Biblioteca virtual Cervantes atoparedes miles de clásicos en lingua castelá.
A biblioteca da Unesco ofrece libros e documentos de diferentes épocas e culturas.
Casa del Libro durante o tempo da corentena cede de forma gratuíta un amplo abano de libros.
Cómics da editorial Astiberri para descargar gratuitamente durante a corentena.
A biblioteca propuxo aos diferentes seminarios a visibilización das aportacións das mulleres en diferentes campos ao longo da historia. Co lema "A cara ocultada da lúa"
o Espazo Maker MOON UNHA HISTORIA ALUNIZANTE e a biblioteca do IES Monte Castelo convidou ó profesorado, para o día do entroido, á representar a unha das astronautas que viaxou o espazo para reivindicar e visibilizar o papel das mulleres neste campo. A actividade publicouse na prensa comarcal.
María José Masanet, doutora en comunicación social, analizou a pervivencia dos mitos románticos nas series de televisión dirixidas a adolescentes.
A charla estivo dirixida ó alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato.
A biblioteca organizou está actividade en colaboración coa Microrrede de A Mariña.
O alumnado de Bacharelato de Artes organizou unha actividade de escritura para o 14 de febreiro. A comunidade educativa podía escribir unha carta de amor a outra persoa á que se lle entregaba o día de San Valentín.
A biblioteca colaborou na divulgación de libros e materias que tratan o amor dunha forma igualitaria.
O tema deste curso é o poder do mito.
O alumnado de bacharelato en Santiago na primeira sesión da olimpiada.
Tamén se fixo na biblioteca unha exposición dos carteis contra a violencia de xénero e unha mostra dos fondos sobre este tema.
ENCONTRO CON ANTÓNIO FIRMINO. Outubro de 2019.
O encontro do alumnado de 2º da ESO co profesor e pintor caboverdiano António Firmino, previsto na biblioteca, celebrouse no exterior para desfrutar do bo tempo deste mes de outubro.
CONCURSO DE RELATOS. OUTUBRO DE 2019
PREMIOS por CATEGORÍA
1º E 2º da ESO3º e 4º da ESOBACHARELATO e CICLOSAquí podedes ler algún dos relatos presentados no concurso de historias de terror.
Pósteres creados polo alumnado de 1º da ESO para celebrar o samaín e a escritura de terror.
Na materia de lingua castelá de 2º da ESO investigamos sobre mulleres escritoras de terror
PRESENTACIÓN DO LIBRO MUJERES NEGRAS EN LA CIENCIA. SETEMBRO DE 2019.
As ilustracións que acompañan os textos son de Nina Sefcik.
Zhintia Palomino recolle no seu libro as biografías de doce mulleres negras e a súa contribución á ciencia e á tecnoloxía.