Biblioteca, territorio das artes.

Rematamos o curso coa realización dun mural filosófico dirixido pola profesora María Martín e o alumnado de Artes de 1º BAC.

Trátase dun traballo colaborativo entre as materias de artes e filosofía. Inciouse coa proposta: "preguntas filosóficas para o mundo actual", actividade desenvolvida na conmemoración do Día Internacional da filosofía. Despois plantexaron diferentes bocetos para ilustralas. A partir do proxecto do alumno Izan Fra Fernández, as aportacións de todos/as os/as compañeiros/as, e a coordinación da profesora María Martín chegamos a este momento da execución do mural na biblioteca.

Rematando o curso...

A pesar do atípico deste curso escolar, marcado polas restricións sociosanitarias, poidemos facer uso da biblioteca, tanto nos recreos coma nos periodos lectivos, respectando o protocolo que fixamos ao inicio. Grazas a tod@s pola colaboración!!

VIII OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA: "Liberdade ou seguridade?"

Exposición de traballos en fotografía e banda deseñada, que participaron na Olimpíada. Elaborados polo alumnado de Filosofía de 4º ESO e 1º BAC utilizando os recursos da biblioteca.

"Lectura Fácil". Lecturas para tod@s!

Nova sección da biblioteca:

Tratando de lograr unha biblioteca inclusiva, neste curso adquirimos libros e materiais adaptados segundo as directrices da modalidade de Lectura Fácil.

Xeografías lectoras: "Unha viaxe a través da escritura"

"Unha viaxe a través da escritura"

Compartimos o vídeo elaborado polo Departamento de Latín co alumnado de Humanidades de 1º BAC facendo un percorrido pola historia do libro e a escritura.

Encontro coa ilustradora Bea Lema

A ilustradora Bea Lema dirixiu unha charla-obradoiro para o alumnado de Artes do centro. Ao remate visitou a biblioteca e asinou exemplares da súa obra "O corpo de Cristo".

Día do libro 2021. Xeografías lectoras:

lecturas compartidas, vídeo colaborativo, exposición temática...

"Xeografías lectoras"

O alumnado de Historia e Literatura universal de 1º BAC elaborou un mural consistente nun mapamundi no que se foron colocando obras e autores/as de referencia de diferentes países.

"A viaxe"

O Día do Libro o Departamento de Lingua Castelá organizou unha actividade de lectura compartida no patio exterior da biblioteca, na que participou todo o alumnado do centro.

Vídeo colaborativo:

A profesora Carmen Castelao organizou a creación dun vídeo colaborativo no que participaron todos os departamentos e o persoal non docente, recomendando libros das diferentes áreas de coñecemento.

Exposición temática de libros:

Na biblioteca expuxéronse as obras recomendadas no vídeo colaborativo.

8 Marzo, Día Internacional da Muller: "8 retos pendentes"


En colaboración co Departamento de Artes organizamos un concurso de carteis. A partir do traballo de investigación nas materias de Filosofía, seleccionamos 8 retos sobre os que seguir traballando e concienciando da necesidade de acadar a igualdade entre homes e mulleres.

"Rosaliando"


Compartimos o vídeo colaborativo no que se recitan poemas de Rosalía de Castro nas diferentes linguas que fala o noso alumnado.  Traballo organizado polo DNL e o Departamento de Lingua Galega, utilizando os recursos e espazos da biblioteca.

11 de Febreiro: Día da muller e a nena na ciencia

"Eu son de ciencias"

As carreiras STEM tamén interesan ás mulleres.

En colaboración co Departamento de Tecnoloxía, gravamos un vídeo colaborativo no que alumnas de diferentes cursos mostraron o seu interese polas ciencias. Tamén o atopades nas redes sociais do centro e no Espazo Maker.

Exposición temática de recursos da biblioteca para divulgar a aportación das mulleres ao campo das ciencias.

CINE: "Picture a scientist"

O equipo de biblioteca organizou o visionado desta película, promovida pola FECYT, nas aulas de 1º Bac o día 11 de Febreiro; así como a participación no coloquio posterior. Denuncia a situación de acoso ou discriminación que sofren moitas investigadoras.

Boas vacacións de Nadal a tod@s!!!


Felicitación conxunta da Microrrede de bibliotecas da Mariña.


Leo invítanos a escoller na biblioteca boas lecturas para as vacacións de Nadal.



Visita a exposición coas recomendacións lectoras da Bibliocastelo para o Nadal!!

25 de Novembro: o equipo de biblioteca e o Departamento de Artes organizamos unha serie de actividades para lembrar que o 25 de Novembro aínda segue sendo necesario

"Ausencias": vídeo de denuncia da violencia de xénero.

O alumnado de 2º BAC Artes elaborou un vídeo de denuncia da violencia de xénero. O día 25 levouse a cabo o seu visionado nas aulas, acompañado dun coloquio, na hora previa ao recreo.

Ao sair ao recreo atopamos unha instalación artística que reproduce o escenario que acabamos de ver no vídeo "Ausencias", coa que se quere recordar a cada unha das mulleres asasinadas durante o ano 2020 cunha cadeira baleira, da que colga un cartel que recolle os datos básicos da súa biografía e circunstancias do asasinato.

Chapas contra a violencia de xénero

Rematamos a xornada do 25 de Novembro co reparto de chapas elaboradas polo alumnado de Artes.


25 de Novembro: Concurso de carteis

A proposta do concurso de carteis de denuncia da violencia de xénero estivo dirixida ao alumnado de Bacharelato. Os carteis presentados foron o resultado do traballo dirixido pola profesora María Martín, profesora de Artes e membro do equipo da biblioteca, co apoio do traballo de investigación realizado nas materias de Filosofía e Ética e Filosofía do Dereito, utilizando os recursos da biblioteca.

25 Novembro: "Sigue o fío..." . Concurso de microclips contra a violencia de xénero:

Seguindo o modelo da comunicación en Twitter, o profesorado das diferentes materias vai proporcionar unha reflexión curta sobre a violencia de xénero, para que o alumnado vaia aportando as súas reflexións. Posteriormente vanse gravar os microclips para subilos ás redes sociais do centro na semana do 25 de Novembro.

As bases completas do concurso atópalas nos carteis da entrada do centro e da biblioteca. ANÍMATE A PARTICIPAR!!!

Hora de ler: "mochilas viaxeiras". Tempo de lectura en familia.

Fixemos a primeira quenda de reparto de mochilas viaxeiras co alumnado de 1º ESO.

A biblioteca conta con 7 mochilas viaxeiras que conteñen materiais diversos e un caderno de viaxe para que as familias deixen pegada da súa experiencia lectora.

Chega o Samaín!!!

Para conmemorar o Samaín, organizamos un Concurso de microrrelatos de terror para todo o alumnado do centro.

Tamén tivemos exposición temática dos mellores libros de terror e proxeccións de curtas terroríficas...

Os relatos sonoros de terror elaborados polo alumnado de francés de 3º ESO, podes escoitalos no Espazo Maker:

Os/as autores/as dos mellores microrrelatos de terror recibiron os seus "agasallos terroríficos".

Equipo de alumnado voluntario:

Este curso, por mor das restricións sociosanitarias será un equipo reducido, de dúas alumnas do mesmo nivel educativo: Cecilia Anello Fernández e Paula Fraga Pollán. Colaboran en labores de xestión e actividades de dinamización da biblioteca.

O 24 de Outubro "Día das bibliotecas" entregamos os premios do concurso de videorelatos: "Relata" (crear historias a partir de títulos de libros). A actividade organizouse durante o periodo de confinamento, polo que a entrega de premios tivo que ser posposta ata este curso. Os/as autores/as dos tres mellores videorelatos son: Ester Riveira Alonso, Sergio Romero González e Nerea Gómez Lestegás. Parabéns!!!

"A cara ocultada da lúa"

Continuamos desenvolvendo este proxecto de traballo iniciado no curso pasado, co que tratamos de visibilizar as aportacións das mulleres nos diferentes ámbitos ao longo da historia, que habitualmente ten pouca presencia nos currículos das materias.

Preparados para empezar!!!

Inicamos o curso adaptando a biblioteca ás restricións que nos impón a situación sociosanitaria provocada pola COVID 19. 

Cun aforo reducido, e mantendo todas as medidas recomendadas, a biblioteca poderase usar como espazo de traballo durante os periodos lectivos e  asignouse un recreo á semana para cada nivel educativo.


Colocáronse mamparas de separación nas mesas de traballo, zona de ordenadores e mesa de xestión.

Dúas caixas herméticas servirán para deixar os libros en corentena durante 24 horas despois da devolución.