Encontro literario coa escritora Eva Mejuto
Encontro literario coa escritora Eva Mejuto
O 17 de xuño tivemos no centro á escritora Eva Mejuto, que impartiu dúas interesantes charlas-coloquio:
Co alumnado de 3º ESO, sobre a súa novela "22 segundos".
Co alumnado de 4º ESO, sobre a súa obra "A ladroa da biblioteca de Meirás"
Ademais compartiu con nós o recreo e asinou exemplares das súas obras na biblioteca.
Grazas a Maite e Yassir por encargarse de presentar á autora.
A directora do centro entrega o diploma a Shiva Alinda Nurhakim, alumna de 1ºBAC Artes.
Parabéns e moitas grazas pola túa colaboración!!!
RETOLETRAS con Luísa Villalta
Nos recreos do mes de maio os equipos inscritos de ESO e BAC resolven na biblioteca as probas do Retoletras, a actividade que preparou o EDLG para coñecer mellor a Luísa Villalta e celebrar as Letras Galegas.
Entregamos os premios aos equipos gañadores do Retroletras. Parabéns a todxs xs participantes!!!
Acompáñannos na entrega de premios María Naviera, directora do centro e Paulo, coordinador do EDLG.
Roteiro literario co escritor Lois Pérez
O escritor Lois Pérez acompañou ao alumnado de 2º ESO e do club de lectura de 1º ESO nun percorrido literario polos espazos da vila de Burela relacionados coa súa novela "A tribo do mar".
Con este roteiro literario, que organizamos en colaboración co EDLG, iniciamos as actividades das Letras Galegas.
Obradoiro de teatro de títeres.
Últimos ensaios das obras de teatro de títeres do noso alumnado de 3º ESO con Ton Arenas, de Mircromina teatro, despois de dous trimestres de traballo nas aulas e na biblioteca, no marco do noso proxecto interdisciplinar "Referentes africanas".
Microrrede de Bibliotecas da Mariña
"Rúa da Microrrede. A Mariña homenaxea a Ibáñez":
Exposición de traballos coordinados polas bibliotecas dos centros que integramos a Microrrede, do 7 ao 10 de maio, no salón multiusos do Concello de Viveiro.
Parabéns a Laura González Freire, gañadora do concurso de carteis da exposición da Microrrede de Bibliotecas da Mariña e a todo o alumnado de 2ºBAC Artes polos traballos que presentaron, coordinados pola súa profesora Ana Cabral!
Grazas á Vicedirectora por compáñarnos na presentación do cartel e dos traballos que aporta o noso centro.
Personaxes de Ibáñez: "Ofelia", reinterpretada por Keith Izquierdo, alumno de 1º BAC Artes.
Encántanos presentar na exposición unha Ofelia mais empoderada e segura de sí mesma.
Parabéns polo traballo, Keith!!
Cómic colaborativo:
Moitas grazas a Shiva Alinda e Yago Rubiños pola aportación á historia de Supermariña e Martiño!!
Obradoiro de teatro de títeres.
O alumnado de 3ºESO adicou a xornada a ensaiar as súas obras protagonizadas por Lucy, Chimamanda, Anita Soina e a raíña Nginga.
Ademais continuaron completando os traxes das marionetas.
Abril, mes do libro. Troca de libros na biblioteca
Dálle unha nova vida a eses libros que tes na casa e non vas volver ler:
Trae un libro ou mais e trócaos na biblioteca por un vale.
O 23 de abril, Día do Libro, vai á exposición da biblioteca e troca os teus vales por libros.
Reutilizamos os libros que non imos volver ler e podemos atopar novas lecturas.
Presentación do cartel gañador do concurso do Día do Libro, coa súa autora, a alumna de 1º BAC Artes Shiva Alinda Nurhakim acompañada da Directora e Vicedirectora do centro.
Presentación do libro "Las jarras del trotamundos"
Encontro co escritor Javier Mariño Chao, no que nos presentou o seu libro "Las jarras del trotamundos" e nos falou do seu soño, xa case logrado, de viaxar dende Ourol a todos o países do mundo.
Grazas a Sheila, alumna do ciclo de CAE pola presentación do autor e a colaboración na organización desta actividade.
"Comparte o teu poema favorito". Marzo, mes da poesía
As/os participantes recibiron un marca páxinas elaborado polo equipo de biblioteca
Alumnado de 4º ESO preparando a lectura de poesía na materia de Lingua Castelá.
Rematamos a actividade compartindo un bolo de Pascua que nos preparou a profesora Sara Martín,
Nadia e Khadija, alumnas de 4ºESO, recitaron poemas en crioulo e árabe.
Ao londo do mes de marzo tamén fixemos lectura compartida de poesía nos clubs de lectura e nas materias de linguas.
Obradoiro de creación e manipulación de títeres.
Convertemos a biblioteca nun teatro durante toda a mañá, coa 3ª sesión do obradoiro de títeres dirixido por Ton Arenas, de Mircromina Teatro. O alumnado de 3º ESO, traballando en equipos, crearon e representaron as súas primeiras pezas.
Cineforum: "La sociedad de la nieve"
Co alumnado do club de lectura de filosofía e o alumnado da materia de Filosofía de 1º BAC.
Plan Proxecta Parlamento Xove
Centro de documentación para a búsqueda de información.
Espazo para a preparación dos debates.
Aporta recursos e xogos educativos para práctica do debate.
8M. "As mulleres africanas teñen a palabra"
No 8M queremos visibilizar e darlle voz aos movementos feministas e ás aportacións das mulleres deste continente:
Cartel e chapas"As mulleres africanas teñen a palabra", elaborados pola alumna de 1º BAC Artes e voluntaria da biblioteca Shiva Alinda Nurhakim.
Exposición de cartaces informativos sobre aportacións de mulleres africanas en diferentes campos. Un traballo colaborativo que se propuxo dende a biblioteca e participou profesorado e alumnado de todo o centro.
Xincana sobre a exposición de cartaces informativos para as titorías.
Vídeo "Feminismos africanos"
Mural artístico "Referentes africanas"
Exposición na biblioteca de literatura africana e libros informativos sobre este continente.
8M. Vídeo "Feminismos africanos"
Vídeo elaborado pola profesora do equipo de biblioteca Elena Samartino, sobre a loita e os movementos feministas no continente africano.
E ti, como imaxinas ás mulleres africanas?
O vídeo proxéctase na entrada do instituto e no Centro de saúde de Burela durante o mes de marzo.
8M. Mural artístico: "Referentes africanas"
O alumnado de profesorado do Bacharelato de Artes elaboraron este fermosísimo mural artístico para a biblioteca: mapa de África realizado con materiais téxtiles e retratos de mulleres africanas referentes en diferentes campos.
Parabéns polo traballo!!!
Obradoiro de construción e manipulación de títeres
Aprendemos a manexar diferentes tipos de marionetas de guante e empezamos a crear os nosos propios bonecos.
Día de Rosalía. Lectura compartida
Maratón de lectura de poesía co alumnado de 3º ESO organizado en colaboración co Concello de Burela e o EDLG para a conmemoración do Día de Rosalía.
Viaxe cultural a Lugo cos clubs de lectura
Pola mañá realizamos visitas guiadas a diferentes lugares de interés do casco histórico. Pola tarde, o club de lectura de 1º,2º ESO participou nun roteiro literario no Museo Provincial e o Club de lectura de BAC fixo unha visita guiada ao Vello Cárcere.
Tamén houbo tempo para o lecer e a convivencia.
Concurso de entroido 2024
Haberá agasallos para os grupos mellor caractericados en cada categoría. Animádevos a participar!!
Torneo de crebacabezas
Xa temos 10 equipos inscritos nas diferentes categorías.
Recreos, na biblioteca.
Obradoiro de banda deseñada e presentación do libro "Cinza"
Estivo dirixido por Manel Craneo e acompañado por Xavier Alcalá.
Proxecto colaborativo de teatro de títeres: "referentes africanas"
Asistimos á representación dunha obra, coñecemos diferentes tipos de marionetas, os elementos e a montaxe dun escenario e deunos consellos prácticos para crear un espectáculo.
Nas materias de Bioloxía, Linguas, Música e Educación en valores xa buscamos información sobre 4 referentes africanas en diferentes campos: Chimamanda Ngozi (escritora e feminista), Lucy (avoa da humanidade), raíña Ginga e Anita Soina (activista medioambiental). Agora, nas materias de Linguas, empezarán a escribir os textos, en Tecnoloxía, a construción do escenario, en Plástica, as marionetas, en Música seleccionarán as cancións e en Educación Física prepararán exercicios para a manipulación dos bonecos.
Pásate pola biblioteca e escolle lecturas para as vacacións!!!
Xincana "Canto de Nadal"
Desenvolveuse o día previo ás vacacións de Nadal, ao longo da mañá e participou todo o alumnado do centro. Ao remate, repartimos agasallos para todos os grupos participantes.
Obradoiro de galletas navideñas
O obradoiro de decoración de galletas navideñas estivo organizado pola profesora Sara Martín co alumnado do ciclo de CAE e desenvolveuse o último día lectivo previo ás vacacións de Nadal no exterior da biblioteca.
Ademais de bonitas, as galletas estaban boísimas!!!
Recreos educativos
Durante os recreos, na biblioteca propoñemos actividades e xogos de mesa para fomentar a convivencia e o uso saudable do tempo de lecer.
25N: Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Traballos de investigación sobre o problema da violencia contra as mulleres e os datos das asasinadas neste ano.
Elaboración de lemas de denuncia e rexeitamento da violencia de xénero.
Presentación dos lemas en diferentes tipos de globos ("Unha biblioteca en viñetas").
Photocall cos lemas, coa posibilidade de divulgar as fotos en redes sociais.
Intervencións artísticas, manifesto, exposición de recursos da biblioteca, etc
Este traballo colaborativo desenvolveuse nas titorías e en diversos cursos e materias: Linguas, Educación en Valores, Proxecto competencial, Plástica, BAC Artes, Ciclo CAE, etc.
Lemas pola eliminación da violencia de xénero. Elaborados polo alumnado de 3º ESO, nas materias de Linguas, Educación en Valores e Plástica.
Photocall cos lemas contra a violencia de xénero. Fotografías realizadas polo profesor César Losada.
Exposición de recursos da biblioteca relacionados co feminismo e a violencia contra as mulleres.
Intervención artística cos nomes das mulleres asasinadas neste ano sobre ataude de cartón. Traballo realizado pola profesora Sonia Prado co alumnado de BAC Artes.
Os clubs de manga visitaron a ExpOtaku da Coruña
"Contes africains", con Samuel Mountoumnjou
No marco do noso proxecto interdisciplinar de traballo para este curso, "Referentes africanas", desenvolveuse esta actividade de conta contos da tradición oral de diversos países africanos, organizada pola profesora de francés Paula Ballesteros.
16 de novembro, Día Internacional da Filosofía: "Filosofía en viñetas"
Exposición na biblioteca dos traballos en viñetas desenvolvidos polo alumnado de 3º ESO, na materia de Educación en Valores Éticos e Cívicos, que nos invitan a reflexionar sobre o trato que damos aos animais.
Traballo inspirado no proxecto "Wonder Ponder", de Filosofía Visual.
A partir do traballo de investigación utilizando os recursos da biblioteca sobre o pensamento de Platón, o alumnado da materia de Filosofía de 1ºBAC realizou a súa interpretación en viñetas da alegoría da Caverna adaptada ao mundo actual.
Xincana científica. Novembro, mes da ciencia en galego
Concurso de microrrelatos, ilustracións e curtas de terror.
Ilustracións premiadas: Uxía Fernández López (1ESO), Shiva Eliska Alinda Nurhakim (1 BAC Artes), Camino Balseiro Rañón (2º BAC Artes)
Entrega de premios aos mellores relatos de terror de 1 ESO: Aldara Expósito e Paula Rico
Relatos de terror premiados de 2 ESO: Jimena García, Ainara Álvarez e Aldara España.
Exposición das mellores ilustracións na biblioteca.
Presentación da revista "A costeira"
Todos os xoves teremos o novo número dispoñible na biblioteca.
Presentación do libro: "Comienza a sumar"
O noso compañeiro Benxa Soto Cotón, profesor de Educación Física, presentou o seu libro no centro cunha charla-coloquio dirixida a toda a comunidade educativa e ás familias.
Moi pronto teremos exemplares dispoñibles na biblioteca.
Día das escritoras
Na biblioteca preparamos unha exposición con obras de escritoras galegas.
Elixe a cuberta ou fragmento da obra que mais che guste.
Temos todo preparado para que fagas a túa chapa.
Tamén podes levar o libro para a casa e coñecer mellor esa autora.
Obradoiro de títeres